Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925

Pedro Murias Rodríguez (biografado/a)
00/00/1925
A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
Para o acto de colocación da primeira pedra desta segunda fase organízase un acto público ao que asisten autoridades e persoeiros vinculados coa emigración en Cuba. Entre eles destaca a presenza de Francisco Pego Pita, indiano natural de Ortigueira, presidente do Centro Galego da Habana e que como tal presidía a xunta de patróns da fundación, como deixara escrito Pedro Murias.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1925
Localizacións
orixe: Vilaframil (parroquia), Ribadeo (concello), Lugo (provincia)
Localización física
Arquivo do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Cesión do CFEA Pedro Murias