Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 | Imaxe. Fotografía de escultura | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía de escultura

Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930

Pedro Murias Rodríguez (biografado/a)
00/00/2006
En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
O seu desexo de figurar na memoria colectiva dos seus paisanos converteuse nunha realidade e o seu labor benéfico era enxalzado non só na comarca de Ribadeo, senón en toda Galicia. A prensa do momento destaca esta magnífica obra educativa e loa a figura do filántropo Pedro Murias xunto cos legados dos irmáns García Naveira en Betanzos, o ceense Fernando Blanco de Lema ou o verinés García Barbón, entre outros indianos acaso menos coñecidos, que tanto ben fixeron polo progreso da nosa terra.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía de escultura
Data
00/00/2006
Localizacións
orixe: Vilaframil (parroquia), Ribadeo (concello), Lugo (provincia)
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega