PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas

Facultade de Xeografía e Historia, USC - Xoves, 12 de novembro de 2020 ás 12:30h
Información
Actividade presencial. Facultade de Xeografía e Historia. Inscrición obrigatoria.
LUGAR:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1
15703 Santiago de Compostela


O Consello da Cultura Galega presenta o CD, Andrés Gaos. Gravacións históricas integrado por obras do compositor, violinista, director e docente galego Andrés Gaos Berea (A Coruña, 1874 - Mar del Plata, 1959). Conservadas orixinalmente en discos instantáneos (gravados cara a 1940) e en diferentes bobinas, realizouse un proceso de restauración, dixitalización e masterización que deu como resultado un disco integrado por 14 faixas: 9 con obras para piano interpretadas polo propio autor e 5 con obras para violín e piano tocadas polo seu alumno VíctorHormaechea. O presente disco constitúe así non só un medio de conservación do patrimonio musical galego senón, tamén, un importante legado que nos permite coñecer como concibía Andrés Gaos a interpretación da súa propia obra.
Publicación
Andrés Gaos
Andrés Gaos Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Andrés Gaos, Música. Composición. Andrés Gaos, Música. Interpretación. | 2020
Ficha técnica
PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Presentación. Facultade de Xeografía e Historia, USC - Xoves, 12 de novembro de 2020 ás 12:30h
Participante
Ramón Almuinha
Rosario Álvarez
Alejo Amoedo
Montserrat Capelán
Isaac Raimundo
Ámbito
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)

Organiza
Consello da Cultura Galega

Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1
15703 Santiago de Compostela