Ciclo de Cinema Galego, Portugués e Brasileiro

Ciclo. Mulleres, Patrimonio, Sociedade. Ciclo de cinema galego-portugués

Ciclo de Cinema Galego, Portugués e Brasileiro

Mulleres, Patrimonios, Sociedade. 5ª edición

23, 24 e 25 de novembro de 2023
Guimarães
Ciclo
Mulleres, Patrimonio, Sociedade. Ciclo de cinema galego-portugués

Ciclo de Cinema Galego, Portugués e Brasileiro

Mulleres, Patrimonios, Sociedade. 5ª edición

23, 24 e 25 de novembro de 2023 Guimarães
Este ciclo de cinema galego, portugués e brasileiro ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia, Portugal e O Brasil. Despois das edicións realizadas en Braga (3, 10 e 17 de maio de 2018), Vigo (26, 27 e 28 de setembro de 2019), Arcos de Valdevez (14, 15 e 16 de outubro de 2021), Verín (27, 28 e 29 de outubro de 2022) cunha extensión do ciclo en Salvador de Bahia (O Brasil) o 29 de novembro de 2022, esta quinta edición desenvolverase en Guimarães os días 23, 24 e 25 de novembro de 2023 co lema «Paisaxes culturais, patrimonios femininos» e vincularase co Congresso Internacional "Uncertain Landscapes. Beyond Transdisciplinary Approaches", organizado polo Lab2PT (UMinho).

O ciclo estrutúrase en tres xornadas continuas (xoves, venres e sábado) nas que se proxectan longametraxes e curtas portuguesas, galegas e brasileiras, seguidas dun debate no que participan as directoras e directores, integrantes da produción ou actores e actrices, así como unha figura representativa dalgunha das institucións organizadoras para conducir o debate co público. As institucións implicadas son o Consello da Cultura Galega, a Universidade do Minho, o Centro de Estudos Galegos, o Camões – Instituto da Cooperação e da Língua, o Museo do Pobo Galego a través da Mostra Internacional de Cine Etnográfico, a Universidade Federal de Salvador de Bahia, a Câmara Municipal de Guimarães, a Sociedade Martins Sarmento e o Cineclube de Guimarães.
LUGAR
Salão Nobre da Sociedade Martins Sarmento
Rua Paio Galvão
4814-509 Guimarães
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal