Claustro do Concello de Ortigueira, do 4 de outubro ao 9 de decembro de 2025Ortigueira
Anna Turbau
Galicia 1975–1979
A intimidade da imaxe
Esta exposición peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau é pioneira na escolla das temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operación na corda frouxa que ten como albo construír unha obra pegada ao real. Talvez por iso poidamos aplicarlle ao contexto no que fotografou, a Galiza de fins dos setenta, a opinión de Eco cando di que as vicisitudes do noso século [dos curtos anos setenta] están resumidas por poucas fotografías exemplares que fixeron época.
A fotógrafa catalá mantivo unha estreita relación con Galicia que se iniciou en 1975, cando chegou xunto con Llorenç Soler para retratar as vivendas para familias xitanas construídas por César Portela e Pascuala Campos en Campañó (Poio). Arrincou así unha estadía de tres anos na que fotografou, entre outros movementos sociais, as loitas para conservar los montes veciñais, as protestas contra a construción da AP-9 ou a realidade dos Ancares. O seu arquivo fotográfico formado por preto de dez mil fotografías foi cedido pola propia Turbau ao Consello da Cultura Galega para a súa custodia e difusión.
A inauguración será o sábado 4 de outubro ás 19:00 horas e contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega e autoridades do Concello de Ortigueira.