Cousas gallegas

Presentación en liña.

Cousas gallegas

As “Cousas gallegas” de Fortunato Cruces


Santiago de Compostela
Presentación en liña
“Cousas gallegas” é unha publicación que Fortunato Cruces, xornalista e avogado nado en Galicia a finado en Bos Aires publicou en 1923. Xosé Manoel Núñez Seixas explica na introdución que se trata dun autor que “representou un modelo de traxectoria profesional de éxito como líder étnico, no marco dunha comunidade inmigrante que medrou ininterrompidamente entre 1890 e 1930”. Participou en numerosas publicacións como “La Colonia” ou “La Justicia”, articulista de moitas outras como “Eco de Galicia” e “Páginas de España”. “Nova Galicia” foi a cabeceira desde a que se erixiu en artífice e intérprete da imaxe da colectividade galega e de Galicia perante a sociedade arxentina.

Este libro recolle poemas, artigos e outros escritos que dan conta de parte da personalidade, deste xornalista moi presente na colectividade galega en Bos Aires.
MAÍS INFORMACIÓN
O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeral de Emigración presentan o terceiro volume da súa colección “Clásicos da Emigración”. Un proxecto que recupera, en edición facsimilar con estudos introdutorios, obras fundamentais para entender o fenómeno migratorio. Nesta ocasión o historiador e vicepresidente do CCG, Xosé Manoel Núñez Seixas, é o encargado da análise desta obra “Cousas gallegas” que compila poemas, discursos e outros materiais que o xornalista e avogado Fortunato Cruces publicou en 1923. Ademais da publicación, o CCG presenta a entrada de Fortunato Cruces no Álbum de Galicia, así como a difusión de materiais entre os que destacan exemplares de “Nova Galicia”, o xornal que dirixiu e que tivo bastante repercusión en Arxentina.
Ficha técnica 
Presentación en liña.
Cousas gallegas
As “Cousas gallegas” de Fortunato Cruces
Cando

Onde
Santiago de Compostela
Autoría
Fortunato Cruces
Introdución
Xosé M. Núñez Seixas
Presenta
Rosario Álvarez
Antonio Rodríguez Miranda
Organiza
Consello da Cultura Galega