Cousas gallegas é unha recompilación de poemas, discursos e escritos varios do xornalista e avogado Fortunato Cruces, publicada en Bos Aires no 1923. Constitúe unha boa mostra das iniciativas, visión do mundo e sentimentos identitarios dun dos principais facedores de opinión da nutrida colectividade galega da Arxentina durante o primeiro terzo do século XX. O Consello da Cultura Galega recupera esta obra no marco da colección Clásicos da Emigración, acompañándoa dun interesante estudo introdutorio feito por Xosé Manuel Núñez Seixas.
| Título | Cousas gallegas |
| Autoría |
Fortunato Cruces |
| Estudo introdutorio |
Xosé M. Núñez Seixas |
| Presentación |
Rosario Álvarez Antonio Rodríguez Miranda |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 46, 253 p; 21 cm |
| ISBN | 978-84-17802-13-4 |
| Depósito Legal | C 422-2020 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Clásicos da Emigración |
| Evento |
Presentación en liña. Cousas gallegas. As “Cousas gallegas” de Fortunato Cruces 3/4/2020. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|












