Co gallo da conmemoración do seu 30º aniversario, o Consello da Cultura Galega presenta o documental “Consello da Cultura Galega: 30 anos imaxinando país”, dirixido por Toño Chouza. A través de entrevistas a diferentes membros da institución, o documental narra os principais fitos da súa historia, as funcións que lle son propias e os retos para o futuro. Tamén se describe a tipoloxía documental que conserva e difunde o CCG grazas ao traballo desenvolvido polo Arquivo Sonoro, o Arquivo da Emigración Galega e mais o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
12/11/2013. OUTRAS
11/11/2013. CURSOS E CONGRESOS
O Instituto da Lingua Galega (USC) organiza, coa colaboración do Consello da Cultura Galega e Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa, o simposio Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, no que se analizarán a construción e as características da raia como fronteira, tamén lingüística.
As sesións terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC e mais no Consello da Cultura Galega os días 28, 29 e 30 de novembro, e 2 e 3 de decembro de 2013. O prazo de matrícula remata o 26 de novembro. Para obter máis información sobre os trámites de inscrición, preme aquí.
As sesións terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC e mais no Consello da Cultura Galega os días 28, 29 e 30 de novembro, e 2 e 3 de decembro de 2013. O prazo de matrícula remata o 26 de novembro. Para obter máis información sobre os trámites de inscrición, preme aquí.
08/11/2013. AXUDAS E PREMIOS
O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) fixeron pública a resolución do Premio Xoán Manuel Pintos 2013, deseñado para recoñecer o labor daquelas persoas ou entidades que axudan a impulsar a presenza da lingua na sociedade e ao mesmo tempo manter viva a figura do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos.
Nesta edición, o xurado decidiu outorgar o premio á editorial Kalandraka e mais á campaña Gústame o galego, promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
O acto público de entrega dos galardóns terá lugar o 28 de novembro, ás 20:30 h, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) (Pontevedra).
Nesta edición, o xurado decidiu outorgar o premio á editorial Kalandraka e mais á campaña Gústame o galego, promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
O acto público de entrega dos galardóns terá lugar o 28 de novembro, ás 20:30 h, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) (Pontevedra).
08/11/2013. DINAMIZACIóN
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES de Chapela, en Redondela, presenta unha nova edición do programa Xoves con Música, co obxectivo de difundir a música en galego entre os mozos/as. Durante todos os xoves de novembro e decembro o alumnado terá a oportunidade de participar en varias votacións, en quendas eliminatorias, ata escoller o mellor videoclip de música galega.
No blog do EDLG podes obter máis información sobre as actividades de dinamización lingüística que desenvolven no IES de Chapela.
No blog do EDLG podes obter máis información sobre as actividades de dinamización lingüística que desenvolven no IES de Chapela.
07/11/2013. DINAMIZACIóN
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza a segunda edición de Lareta, Festival de Monólogos de Redondela, unha actividade deseñada para fomentar o uso oral do galego e promover a creación artística na nosa lingua. O festival terá lugar os días 16, 23 e 30 de novembro, e 7 e 21 de decembro de 2013 no Auditorio da Xunqueira (Redondela). O programa inclúe as actuacións de Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio Pazos e Cándido Pazó para público adulto, e Paula Carballeira para público infantil.
Podes ampliar esta información premendo aquí.
Podes ampliar esta información premendo aquí.
07/11/2013. CURSOS E CONGRESOS
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña organiza o I Taller de formación: “O galego, lingua de ciencia: iniciación á utilización de ferramentas de representación cartográfica nas ciencias sociais”, que será impartido polo investigador social e analista político Carlos Neira Cortizas. O curso está especialmente dirixido á comunidade universitaria desta facultade mais, se quedan prazas libre, poderá participar toda a comunidade universitaria da UDC e o público xeral. As sesións terán lugar os días 19 e 20 de novembro de 2013 na Facultade de Socioloxía da UDC. O prazo de inscrición remata o 12 de novembro.
06/11/2013. INVESTIGACIóN
A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística presenta o informe “Investigación e lingua”, elaborado por un equipo dirixido por Alba Nogueira López, profesora titular de Dereito Administrativo da USC. O estudo avalía o uso do galego na actividade investigadora (tanto no referido á difusión científica en círculos académicos como á divulgación científica no conxunto da sociedade), ao tempo que propón medidas de mellora.
06/11/2013. CURSOS E CONGRESOS
Co gallo do bicentenario da publicación Rogos dun gallego (1813), do xornalista coruñés Manuel Pardo de Andrade, a Real Academia Galega organiza, coa colaboración do Concello de Oleiros e a Secretaría Xeral de Cultura, as xornadas Máscara fóra! Trátase dun programa de actos conmemorativos que foi inaugurado onte, 5 de novembro de 2013, na Coruña e terá continuidade os vindeiros días 12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela e en Perillo-Oleiros. Ao longo das sesións analizarase o contexto social e político da época na que viviu o autor, así como a calidade lingüística e literaria da obra en galego de Pardo de Andrade.
Para ampliar esta información, preme aquí.
Para ampliar esta información, preme aquí.
06/11/2013. DINAMIZACIóN
O vindeiro 29 de novembro inaugúrase no Pazo da Cultura de Pontevedra a sexta edición do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas. O Culturgal 2013 conta cun amplo programa de actividades e espazos de exposición nos que estarán representadas entidades dos diferentes ámbitos do sector cultural galego (música, literatura, lingua, creación audiovisual, artes escénicas, deseño, novas tecnoloxías, etc.). No que respecta ás entidades lingüísticas, estarán representadas, entre outras, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua e a Asociación Oral de Galicia.
31/10/2013. AXUDAS E PREMIOS
A Asociación Cultural O Brado, da Estrada, fixo públicos os galardoados dos XXIII Premios San Martiño de Normalización Lingüística, convocados anualmente para premiar a persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do idioma galego.
Os premiados nesta edición son o profesor e escritor Carlos Loureiro Rodríguez, na categoría “A Estrada e Comarca de Tabeirós-Terra de Montes”; a Asociación PuntoGal, na categoría “Galicia enteira”; e o fiscal da Audiencia de Pontevedra Benito Montero Prego, na categoría “Toda unha vida”.
Os galardóns serán entregados nun acto público que terá lugar o vindeiro 14 de novembro no Teatro Principal da Estrada.
Os premiados nesta edición son o profesor e escritor Carlos Loureiro Rodríguez, na categoría “A Estrada e Comarca de Tabeirós-Terra de Montes”; a Asociación PuntoGal, na categoría “Galicia enteira”; e o fiscal da Audiencia de Pontevedra Benito Montero Prego, na categoría “Toda unha vida”.
Os galardóns serán entregados nun acto público que terá lugar o vindeiro 14 de novembro no Teatro Principal da Estrada.
30/10/2013. AXUDAS E PREMIOS
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan o XIV Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade outorgar un recoñecemento público ao compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial. O galardón contempla dúas categorías, unha para as empresas que veñen realizando un uso continuado da lingua galega e outra para as que se incorporaron recentemente ao uso do galego. A maiores, o xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a persoas ou entidades que destaquen polo labor a prol da normalización do galego na empresa. Podes obter máis información no facebook do Departamento de Lingua do Concello de Santiago.
30/10/2013. DINAMIZACIóN
No marco do programa FalaRedes 2013, a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a organizar a actividade “Acuario”, unha peza teatral dirixida a nenos/as de entre 5 e 8 anos, co obxectivo de difundir entre os máis pequenos o léxico relacionado cos peixes das nosas rías e peixarías. A actividade desenvolverase en diferentes concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) durante o último trimestre do ano. Podes consultar o calendario das actuacións premendo aquí.
30/10/2013. DINAMIZACIóN
A Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a festexar o IV Día da Ciencia en Galego participando nas dúas videoconferencias que se desenvolverán o 12 de novembro de 2013. O investigador da USC Jorge Mira Pérez dirixirase ao alumnado de secundaria nun relatorio que leva por título “Cómo pensaban na Grecia clásica!”. Pola súa parte, a tamén investigadora da USC, Marilar Aleixandre, será a encargada de dar o relatorio “Benqueridos insectos”, dirixido ao alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria.
Para consultar o programa completo desta iniciativa, preme aquí.
Para consultar o programa completo desta iniciativa, preme aquí.
30/10/2013. DINAMIZACIóN
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza un acto público de sinatura da declaración Galeg@ para sempre, no que as persoas asinantes expresan publicamente a súa vontade de que, chegado o momento do seu pasamento, todo o relativo aos posibles actos fúnebres e enterro sexan realizados en lingua galega. O acto terá lugar hoxe, 30 de outubro de 2013, ás 20:00 h, no Salón de Plenos do Concello. No mesmo acto, farase oficial a adhesión do Concello á declaración para restaurar a memoria lingüística, promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
Para ampliar esta información, preme aquí.
Para ampliar esta información, preme aquí.
29/10/2013. AXUDAS E PREMIOS
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 fixo públicos os/as oito galardoados/as que serán recoñecidos/as este ano polo seu labor no ámbito da creación, conservación e difusión cultural. Na categoría de Lingua, modalidade que se incorporou este ano por primeira vez, a premiada é a Asociación PuntoGal.
Nas outras categorías, os galardoados/as son Luz Pozo Garza (Letras), a Fundación Granell (Artes Plásticas), a Asociación Cultural Abrente-Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Artes Escénicas), o Castro de Viladonga (Patrimonio Cultural), o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires (Proxección Exterior), Juan Durán (Música) e Bambú Producciones (Creación Cultural). Para ampliar esta información, preme aquí.
Nas outras categorías, os galardoados/as son Luz Pozo Garza (Letras), a Fundación Granell (Artes Plásticas), a Asociación Cultural Abrente-Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Artes Escénicas), o Castro de Viladonga (Patrimonio Cultural), o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires (Proxección Exterior), Juan Durán (Música) e Bambú Producciones (Creación Cultural). Para ampliar esta información, preme aquí.
29/10/2013. DINAMIZACIóN
A Universidade de Santiago de Compostela presenta o programa de actividades co que conmemorará o vindeiro 4 de novembro, por terceiro ano consecutivo, o Día da Ciencia en Galego. Nesta edición, na que se homenaxea ao arquitecto Richard Buckminster, á científica Florence Nightingale e ao intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo, a USC organiza diferentes actividades nos campus de Lugo e Santiago, como visitas guiadas a laboratorios, conferencias divulgativas, xornadas terminolóxicas ou xincanas bibliográficas.
28/10/2013. AXUDAS E PREMIOS
A Asociación Álvaro das Casas entregou, o pasado 26 de outubro de 2013, os IX Premios Bacelos de Prata, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo das adegas que etiquetan os seus viños en galego como marca de calidade. As galardoadas desta edición foron a Adega de colleiteiro Pousadoiro (Barral, Castrelo de Miño), da denominación de orixe Ribeiro, e a Adega Cachín (Abeleda, A Teixeira), da denominación de orixe Ribeira Sacra.
25/10/2013. OUTRAS
O Proxecto Trasno anuncia o lanzamento da versión 13.10 “Padre Sobreira” do corrector Hunspell, a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego. O corrector Hunspell pode empregarse con LibreOffice, OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e Google Chrome. Así mesmo, funciona con software privativo, como Mac OSX, InDesign, memoQ, Opera e SDL Trados.
Para obter máis información, preme aquí.
Para obter máis información, preme aquí.
24/10/2013. INVESTIGACIóN
O Instituto da Lingua Galega presenta unha nova versión ampliada do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega, publicado en papel en 2010 e accesible na rede desde 2011. Esta nova versión incorpora as voces máis recentes do dicionario da RAG, os 1000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1500 apelidos galegos e os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como algúns nomes de ríos, montes e accidentes costeiros. O dicionario, que ten como obxectivo ofrecer un modelo de pronuncia na variedade estándar da lingua, contén arredor de 68000 formas, coas súas respectivas locucións e transcricións fonéticas.
Para ampliar esta información, preme aquí.
Para ampliar esta información, preme aquí.
23/10/2013. DINAMIZACIóN
O Real Club Celta, a Fundación Celta de Vigo, a Universidade de Vigo e mais o Concello de Vigo presentan a campaña “Gústame o galego de primeira”, unha iniciativa de promoción do idioma galego protagonizada polos xogadores, técnicos e afeccionados deste equipo galego, que se desenvolverá o vindeiro 9 de novembro, antes do partido contra o Rayo Vallecano.
Na páxina de facebook do SNL do Concello de Vigo poderás acceder a toda a información sobre a campaña.
Na páxina de facebook do SNL do Concello de Vigo poderás acceder a toda a información sobre a campaña.
23/10/2013. DINAMIZACIóN
O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP da Espiñeira-Aldán (Cangas) publica o seu terceiro cancioneiro, que se enmarca dentro do proxecto “Ao galego cantando (e danzando) con alegría e bo humor”. O obxectivo é fomentar o uso oral do galego entre o alumnado a través da aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados ou xogos orais.
No web deste centro educativo podes consultar tamén os dous cancioneiros anteriores.
No web deste centro educativo podes consultar tamén os dous cancioneiros anteriores.
22/10/2013. CURSOS E CONGRESOS
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza un Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística, no que se explorarán as potencialidades da comunicación audiovisual para as campañas de promoción do idioma. Os asistentes terán ocasión de aprender as técnicas de gravado de vídeo con aparellos básicos (cámara de fotos, cámara de vídeo ou teléfono móbil) e familiarizarse cos programas básicos de edición de vídeo dixital. O obradoiro combinará dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro en Santiago de Compostela) e catro sesións en liña. O prazo de inscrición será do 23 ao 29 de outubro de 2013.
22/10/2013. INVESTIGACIóN
Co gallo da conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares gallegos, o Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia organizan unha homenaxe en Madrid a Rosalía de Castro. Os días 22, 23 e 24 de outubro de 2013 desenvolverase na sede do Instituto Cervantes o ciclo de conferencias “Rosalía de Castro: Tradición e modernidade”, no que participarán os poetas Luis García Montero, Luis Alberto de Cuenca e Arcadio López Casanova, e os escritores Carlos Reigosa e Marina Mayoral. O programa inclúe un concerto de Amancio Prado sobre a obra rosaliana. Para ampliar esta información, preme aquí.
21/10/2013. DINAMIZACIóN
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña presenta a programación de actividades para este curso 2013-2014. Entre as novas actividades que terán lugar proximamente está o taller de iniciación á curtametraxe en galego, a visita guiada ao cemiterio de San Amaro ou o relatorio do profesor Craig Patterson, tradutor para o inglés d'A Esmorga (On a Bender). Ademais, reeditarán actividades desenvolvidas en anos anteriores coma o Club de lectura ou o festival de curtas en galego CinEOI Coruña.
Para consultar a programación completa, preme aquí.
Para consultar a programación completa, preme aquí.
21/10/2013. DINAMIZACIóN
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza unha nova edición do seu programa escolar Unha lección de cine, unha iniciativa pedagóxica que busca a reflexión lingüística a través do cine. Como novidade, nesta nova edición proxectaranse filmes baseados en novelas escritas por autores e autoras galegas, con quen o alumnado terá tamén ocasión de dialogar. O programa comeza este mércores coa proxección da película "O Club da calceta", baseada na novela homónima de María Reimóndez. Podes ampliar esta información premendo aquí.
21/10/2013. DINAMIZACIóN
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) convoca unha nova edición do concurso de redacción Falemos da nosa Historia, dirixido aos escolares da Comunidade Autónoma de Galicia que ao longo do curso escolar 2013- 2014 cursen estudos de 3º ciclo de Educación Primaria ou 1º ciclo da ESO.
O obxectivo é reflexionar sobre a nosa historia a partir de ditos, refráns, modismos ou lendas. Nesta edición, os participantes deberán descubrir a orixe e a explicación histórica do dito “Pedro Madruga”. O prazo de presentación dos traballos é do 1 ao 28 de febreiro de 2014.
O obxectivo é reflexionar sobre a nosa historia a partir de ditos, refráns, modismos ou lendas. Nesta edición, os participantes deberán descubrir a orixe e a explicación histórica do dito “Pedro Madruga”. O prazo de presentación dos traballos é do 1 ao 28 de febreiro de 2014.
18/10/2013. DINAMIZACIóN
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza, coa colaboración dos equipos de dinamización lingüística dos IES do municipio, o III Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!!, co obxectivo de dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade de xeito lúdico e creativo. O certame está dirixido ao alumnado de 2º ciclo da ESO e do Bacharelato. O prazo de inscrición remata o 25 de outubro de 2013.
Para consultar as bases completas, preme aquí.
Para consultar as bases completas, preme aquí.
18/10/2013. DINAMIZACIóN
O Clube de Lingua-Equipo de Normalización Lingüística do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) presentou publicamente a obra Mámoas de Oirós. Lendas possíveis, de Ramón Taboada Montoto, no que se recollen oito lendas relacionadas co conxunto megalítico de Oirós. A publicación enmárcase no proxecto plurianual Mámoas-Palabras de Pedra, que está a desenvolver o Clube de Lingua co obxectivo de implicar a comunidade educativa e local na protección do patrimonio cultural e lingüístico do concello.
18/10/2013. DINAMIZACIóN
A Concellería de Cultura e mais o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carral están a desenvolver a campaña En galego entendémonos, unha iniciativa de sensibilización e promoción do uso do galego dirixida ao conxunto da poboación.
A principal acción consiste na difusión de carteis e dípticos divulgativos con información sobre os servizos de asesoramento que ofrece o concello a través do seu SNL.
A principal acción consiste na difusión de carteis e dípticos divulgativos con información sobre os servizos de asesoramento que ofrece o concello a través do seu SNL.
17/10/2013. DINAMIZACIóN
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña organiza, no marco do programa de dinamización lingüística Canto Xogo!, un novo obradoiro de xogos e música tradicional, destinado a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, co obxectivo de fomentar a transmisión oral da lingua galega no ámbito da familia. A actividade terá lugar mañá, 18 de outubro de 2013, ás 18:00 h, na Praza de Abastos de Moaña. A entrada é de balde.

