Novas da lingua

Rexistros5161 a 5190 de 5280
16/04/2004. INVESTIGACIóN

A Real Academia Galega acolle os fondos hemerográficos de La Voz de Galicia

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre cédelle á Real Academia Galega, en virtude do convenio que ambas entidades veñen de asinar, os fondos dixitalizados do xornal La Voz de Galicia comprendidos entre o 4 de xaneiro de 1882 e o 31 de decembro de 2002. Tamén se inclúe nesta cesión os fondos do Museo de La Voz de Galicia, o único en España sobre a historia da prensa mundial.

Estes valiosos fondos quedarán a partir de agora á disposición dos investigadores e usuarios dos arquivos da RAG.
03/01/2004. CURSOS E CONGRESOS

II Simposio Internacional Mercator

O Centro Mercator Dret i Legislació Lingüístics organiza o simposio Europa 2004: un novo marco para todas as linguas?, onde se reflexionará sobre o papel das linguas minorazadas nese novo marco que derivará da aprobación da Constitución europea.

O simposio terá lugar os vindeiros 27 e 28 de febreiro na Universidade Rovira I Virgili (Tarragona). Se desexa consultar o programa definitivo ou acceder ao formulario de inscrición en liña, prema aquí.
02/02/2004. INVESTIGACIóN

Consulte o novo volume de Estudios de Sociolingüística en versión electrónica

O Seminario de Sociolingüística da Universidade de Vigo edita un novo volume desta revista, que compila nesta ocasión diferentes estudos sobre lingua e xénero.

Unha selección dos artigos incluídos neste volume, así como todos os resumos, están á súa disposición en versión electrónica. Se desexa consultalos, prema aquí.
30/01/2004. EMPREGO

Bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo convoca dúas bolsas, unha para o campus de Vigo e outra para o de Ourense, destinadas a colaborar no desenvolvemento das tarefas propias da Área de Normalización Lingüística.

Se desexa consultar as bases da convocatoria, prema aquí.

30/01/2004. DINAMIZACIóN

Galiclic: as novas tecnoloxías no eido do ensino

O Seminario Permanente Rato Novo, do colexio público de Arzúa, presentou o CD educativo Galiclic, que contén máis de 150 paquetes de actividades didácticas en galego para traballar en educación primaria e secundaria obrigatoria.

Esta iniciativa, destinada á introdución das novas tecnoloxías no ámbito educativo, é froito dunha liña de traballo que este seminario está a desenvolver en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Santiago e o colectivo Edugaliza.org.
30/01/2004. INVESTIGACIóN

O Bierzo, obxecto de estudo na revista Parolar

A revista Parolar, que se edita anualmente en Barcelona, dedícalle neste seu último número un artigo á realidade sociolingüística do Bierzo.

Se desexa consultalo, prema aquí.
19/01/2004. INVESTIGACIóN

Centro de investigación para o estudo do galego de Cáceres

A Asociación Fala i Cultura creará en San Martín de Trebello (Cáceres) un centro de documentación, estudo e investigación sobre a Fala, variedade lingüística galego-portuguesa que se fala no val de Xálima.

Domingo Frandes, presidente desta asociación, confía en que isto axude a dinamizar e dignificar a súa lingua así como a promover intercambios culturais con alumnos de secundaria e universitarios.

Se desexa obter máis información sobre a Fala do val de Xálima, prema aquí.
19/01/2004. AXUDAS E PREMIOS

Axudas e actividades formativas para os equipos de normalización lingüística

Convócanse axudas económicas para os equipos de normalización lingüística dos centros privados destinadas á promoción da lingua no ámbito educativo.

Con este mesmo fin anúncianse tamén encontros e actividades de formación destinadas especialmente aos membros dos equipos de normalización, neste caso de centros tanto públicos como privados, e en xeral ao profesorado destes mesmos centros.
19/01/2004. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de lingua para docentes e de linguaxe administrativa para persoal da Administración pública

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia cursos de linguaxe administrativa galega (niveis básico e medio) para o persoal da Administración pública, así como cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua para os docentes dos diferentes niveis educativos, tanto de centros públicos como privados.
16/01/2004. AXUDAS E PREMIOS

Axudas ao sector do audiovisual galego

A Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca subvencións a empresas para apoiar o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual así como axudas para o desenvolvemento de guións en lingua galega.

Pode consultar as respectivas convocatorias no

DOG do 16 de xaneiro de 2004
.
16/01/2004. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia, no DOG do 15 de xaneiro de 2004, a organización de cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos.

Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude 20 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
16/01/2004. DINAMIZACIóN

Campaña Entre nós, en galego

A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria da campaña Entre nós, en galego, destinada fundamentalmente a impulsar o uso da lingua no ámbito educativo.

Se desexa coñecer as bases específicas dos diferentes certames e concursos que se desenvolverán nesta campaña, prema aquí.

08/01/2004. INVESTIGACIóN

O Tesouro Informatizado da Lingua Galega xa está na rede

Trátase dunha base de datos composta por máis de 11 millóns de rexistros e arredor de 90 mil lemas, recollidos todos eles de textos galegos do período que comprende desde 1612 ata a actualidade.

O proxecto, que se desenvolveu no seo do Instituto da Lingua Galega, foi ideado como un corpus do galego moderno orientado á posterior elaboración dun dicionario.

Se desexa consultar este corpus en Internet, prema aquí.
08/01/2004. EMPREGO

Bolsas de linguaxe administrativa galega

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca dúas bolsas destinadas a desenvolver estudos e prácticas sobre linguaxe administrativa galega nesta institución.
(Máis información)
02/01/2004. DINAMIZACIóN

A Policía Nacional tamén aposta polo galego

A partir dunha iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, membros da Policía Nacional establecidos en Galicia demostran a súa aposta polo galego publicando, xunto con coñecidos escritores galegos, Palabra

por palabra. Contos da policía
.
(Máis información)
30/12/2003. EMPREGO

Prazas de tradutor/a intérprete da Administración de Xustiza

A Consellaría de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública convoca o proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ao grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. Entre as prazas convocadas atópanse as de Trudutor/a intérprete da Administración de Xustiza.

Pode consultar a convocatoria e temario da oposición no DOG do 30 de decembro de 2003.
29/12/2003. OUTRAS

A Real Academia Galega presenta publicamente a nova normativa do galego

A Real Academia Galega presentou o pasado venres, 26 de decembro, a edición actualizada das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. Esta publicación, a única con carácter oficial, recolle as mudanzas ortográficas aprobadas pola propia RAG o 12 de xullo de 2003.

Se desexa obter máis información sobre esta reforma ortográfica, prema aquí.
26/12/2003. EMPREGO

Bolsas de colaboración en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca catro bolsas de colaboración para participar en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no seu seo.
(Máis información)
26/12/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións a empresas privadas para fomentar o uso do galego

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria convoca o concurso público de subvencións a empresas privadas para promover o uso social da lingua galega.

Se desexa consultar a convocatoria, publicada no DOG do 22 de decembro de 2003, prema aquí.
16/12/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 16 de decembro de 2003, a convocatoria de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.

Se desexa consultar esta convocatoria, prema aquí.
16/12/2003. DINAMIZACIóN

Resólvese o Premio Manuel Beiras

A Cámara Municipal e o Concello de Santiago resolveron o Premio Manuel Beiras, destinado a outorgar un recoñecemento público a todas aquelas empresas da cidade que contribúen co seu labor á normalización lingüística do galego.
(Máis información)


12/12/2003. INVESTIGACIóN

Diccionario galego de termos médicos na rede

Xa pode consultar en Internet o Diccionario galego de termos médicos, editado pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Se desexa acceder a esta obra en formato PDF, prema aquí.
10/12/2003. DINAMIZACIóN

Seminario "Temos un plan"

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago organiza un seminario de dinamización lingüística destinado á comunidade universitaria que ten entre os seus obxectivos reflexionar sobre a situación sociolingüística do país e fornecer uns coñecementos básicos para a dinamización lingüística da USC.

O seminario consta de 5 horas lectivas e impartirase tanto no campus de Santiago (16 de decembro) coma no de Lugo (día 17 de decembro).
10/12/2003. EMPREGO

Praza de oficial administrativo e de asesoramento lingüístico

O Concello das Pontes publica no BOP do 29 de novembro de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir unha praza de oficial administrativo e de asesoramento lingüístico, incluída na oferta de emprego público de 2003.

Se desexa consultar as bases da convocatoria, prema aquí.
10/12/2003. DINAMIZACIóN

Xa pode consultar o novo número do Cartafol Dixital

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita o número 10 do Cartafol Dixital, voceiro da USC en temas de normalización lingüística.
(Máis información)
10/12/2003. OUTRAS

Edicións do Cumio edita as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega

A publicación recolle o texto legal oficial aprobado pola Real Academia Galega no pasado mes de xullo e achega tamén apuntamentos, explicacións e ampliacións á normativa oficial vixente.

Se desexa consultar a nota editorial completa desta edición, prema aquí.
27/11/2003. OUTRAS

Nova ferramenta informática para a adaptación de textos á normativa da concordia

O programa Concordia, de libre distribución, permite adaptar ás novas normas ortográficas e morfolóxicas, aprobadas o pasado mes de xullo pola RAG, os textos escritos na anterior normativa oficial.

O programa desenvolveuse no seo do Proxecto de Investigación “Ferramentas para a Tradución”, da Universidade de Vigo, e está subvencionado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
27/11/2003. DINAMIZACIóN

Nova ferramenta informática para a adaptación de textos á normativa da concordia

O programa Concordia, de libre distribución, permite adaptar ás novas normas ortográficas e morfolóxicas, aprobadas o pasado mes de xullo pola RAG, os textos escritos na anterior normativa oficial.

O programa desenvolveuse no seo do Proxecto de Investigación “Ferramentas para a Tradución”, da Universidade de Vigo, e está subvencionado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
27/11/2003. EMPREGO

Praza de profesor asociado na Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña convoca unha praza de profesor asociado para dispensar as materias da área de Filoloxía Galega e Portuguesa, adscritas ó Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística desta universidade. A dedicación será de 90 horas.

Se desexa consultar a convocatoria, prema aquí.
20/11/2003. EMPREGO

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Ames

O Concello de Ames publica no BOP do 20 de novembro de 2003 as bases da convocatoria para a contratación como persoal laboral temporal dun técnico/a de normalización lingüística.