Novas da lingua

Rexistros5221 a 5250 de 5273
29/12/2003. OUTRAS

A Real Academia Galega presenta publicamente a nova normativa do galego

A Real Academia Galega presentou o pasado venres, 26 de decembro, a edición actualizada das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. Esta publicación, a única con carácter oficial, recolle as mudanzas ortográficas aprobadas pola propia RAG o 12 de xullo de 2003.

Se desexa obter máis información sobre esta reforma ortográfica, prema aquí.
26/12/2003. EMPREGO

Bolsas de colaboración en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca catro bolsas de colaboración para participar en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no seu seo.
(Máis información)
26/12/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións a empresas privadas para fomentar o uso do galego

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria convoca o concurso público de subvencións a empresas privadas para promover o uso social da lingua galega.

Se desexa consultar a convocatoria, publicada no DOG do 22 de decembro de 2003, prema aquí.
16/12/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 16 de decembro de 2003, a convocatoria de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.

Se desexa consultar esta convocatoria, prema aquí.
16/12/2003. DINAMIZACIóN

Resólvese o Premio Manuel Beiras

A Cámara Municipal e o Concello de Santiago resolveron o Premio Manuel Beiras, destinado a outorgar un recoñecemento público a todas aquelas empresas da cidade que contribúen co seu labor á normalización lingüística do galego.
(Máis información)


12/12/2003. INVESTIGACIóN

Diccionario galego de termos médicos na rede

Xa pode consultar en Internet o Diccionario galego de termos médicos, editado pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Se desexa acceder a esta obra en formato PDF, prema aquí.
10/12/2003. DINAMIZACIóN

Seminario "Temos un plan"

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago organiza un seminario de dinamización lingüística destinado á comunidade universitaria que ten entre os seus obxectivos reflexionar sobre a situación sociolingüística do país e fornecer uns coñecementos básicos para a dinamización lingüística da USC.

O seminario consta de 5 horas lectivas e impartirase tanto no campus de Santiago (16 de decembro) coma no de Lugo (día 17 de decembro).
10/12/2003. EMPREGO

Praza de oficial administrativo e de asesoramento lingüístico

O Concello das Pontes publica no BOP do 29 de novembro de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir unha praza de oficial administrativo e de asesoramento lingüístico, incluída na oferta de emprego público de 2003.

Se desexa consultar as bases da convocatoria, prema aquí.
10/12/2003. DINAMIZACIóN

Xa pode consultar o novo número do Cartafol Dixital

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita o número 10 do Cartafol Dixital, voceiro da USC en temas de normalización lingüística.
(Máis información)
10/12/2003. OUTRAS

Edicións do Cumio edita as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega

A publicación recolle o texto legal oficial aprobado pola Real Academia Galega no pasado mes de xullo e achega tamén apuntamentos, explicacións e ampliacións á normativa oficial vixente.

Se desexa consultar a nota editorial completa desta edición, prema aquí.
27/11/2003. OUTRAS

Nova ferramenta informática para a adaptación de textos á normativa da concordia

O programa Concordia, de libre distribución, permite adaptar ás novas normas ortográficas e morfolóxicas, aprobadas o pasado mes de xullo pola RAG, os textos escritos na anterior normativa oficial.

O programa desenvolveuse no seo do Proxecto de Investigación “Ferramentas para a Tradución”, da Universidade de Vigo, e está subvencionado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
27/11/2003. DINAMIZACIóN

Nova ferramenta informática para a adaptación de textos á normativa da concordia

O programa Concordia, de libre distribución, permite adaptar ás novas normas ortográficas e morfolóxicas, aprobadas o pasado mes de xullo pola RAG, os textos escritos na anterior normativa oficial.

O programa desenvolveuse no seo do Proxecto de Investigación “Ferramentas para a Tradución”, da Universidade de Vigo, e está subvencionado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
27/11/2003. EMPREGO

Praza de profesor asociado na Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña convoca unha praza de profesor asociado para dispensar as materias da área de Filoloxía Galega e Portuguesa, adscritas ó Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística desta universidade. A dedicación será de 90 horas.

Se desexa consultar a convocatoria, prema aquí.
20/11/2003. EMPREGO

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Ames

O Concello de Ames publica no BOP do 20 de novembro de 2003 as bases da convocatoria para a contratación como persoal laboral temporal dun técnico/a de normalización lingüística.
18/11/2003. EMPREGO

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Carballo

O Concello de Carballo anuncia a contratación laboral temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O proceso de selección será o de oposición libre.

Se desexa consultar o temario e as bases específicas desta convocatoria, prema aquí.
31/10/2003. INVESTIGACIóN

Miquel Siguan comenta a política lingüística en Galicia

A propósito da publicación O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas, do Consello da Cultura Galega, o coñecido investigador catalán publica en Saber Leer unha recensión sobre este estudio. Siguan louva a metodoloxía e rigor científico do mesmo e aproveita para ofrecernos algunhas valoracións sobre a política lingüística que se está a desenvolver en Galicia.
13/04/2003. AXUDAS E PREMIOS

II Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve

Convócase a II Edición do Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve, destinado a homenaxear a figura do galeguista Ramón Piñeiro e ó mesmo tempo contribuír á difusión do ensaio breve en lingua galega.
(Máis información)
15/04/2004. CURSOS E CONGRESOS

A lingua galega a debate na Pobra do Caramiñal

A asemblea comarcal de Galiza Nova do Barbanza organiza unha charla informativa sobre o proceso de normativización e normalización do galego. Nela intervirán Pilar García Negro e Manuel Portas, que reflexionarán, entre outros temas, sobre a actual normativa da concordia e a importancia do seu uso para o proceso de normalización do idioma.

O acto está aberto a todo o público interesado e terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril, ás 19.00 h, no salón de actos do ISM da Pobra do Caramiñal.
30/10/2003. LEXISLACIóN

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia maniféstase a prol do galego

O Consello da Avogacía Galega facilita no seu web o comunicado que o TSXG remitiu a todos os órganos xurisdiccionais e colexios de avogados de Galicia, no que se aconsella a xuíces, secretarios e funcionarios para que faciliten o uso do galego nas diferentes accións xudiciais e se lembra a plena validez e eficacia dos documentos redactados nesta lingua.
30/10/2003. DINAMIZACIóN

Cine de animación en galego

A distribuidora catalana Luk Internacional presentou os seus dous últimos proxectos de dobraxe en lingua galega: Doraemon e o tren do tempo e Shin Chan, que se distribuirán en vídeo e DVD.
(Máis información)
12/11/2003. EMPREGO

Bolsa para a realización de actividades de normalización lingüística no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra publica no BOP do 10 de novembro de 2003 as bases que rexerán o concurso para a adxudicación dunha bolsa que ten como obxecto a realización de tarefas de dinamización e asesoramento lingüístico.
(Máis información)
21/10/2003. EMPREGO

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Sada

O Concello de Sada anuncia a contratación laboral dun técnico/a de normalización lingüística. O proceso de selección farase a través dun concurso de méritos e todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o vindeiro 23 de outubro.
(Máis información)
20/10/2003. INVESTIGACIóN

Usos lingüísticos do profesorado na Universidade de Vigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo presenta os resultados dunha enquisa realizada nesta universidade para coñecer os usos e actitudes lingüísticas dos seus docentes.

Prema aquí se desexa coñecer estes datos.
17/10/2003. OUTRAS

Novo portal para a promoción das linguas minorizadas

O pasado 26 de setembro, aproveitando a celebración do Día Europeo das Linguas, presentouse en Barcelona Lingualia.net, un novo portal multilingüe que ten como obxectivo a promoción e difusión das linguas minorizadas en Internet.
(Máis información)
16/10/2003. INVESTIGACIóN

Diccionario multilingüe dos elementos da táboa periódica

Xa pode consultar en liña o diccionario multilingüe co nome dos elementos da táboa periódica en 68 linguas, entre as que se atopa o galego, ademais da correspondente explicación etimolóxica de cada termo.
14/10/2003. AXUDAS E PREMIOS

Resólvese a concesión de axudas ós concellos para actividades de normalización lingüística

A Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia facilita a resolución do concurso público de subvencións ós concellos de Galicia para a creación e mantemento de servicios de normalización lingüística ou a realización de actividades que fomenten o uso social da lingua galega.
13/10/2003. EMPREGO

O Concello de Ourense convoca unha praza de técnico de normalización lingüística

O Concello de Ourense publica no BOP do 2 de outubro de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público de 2003.
(Máis información)
01/10/2003. EMPREGO

Bolsa de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

O obxectivo é colaborar puntualmente no desenvolvemento das tarefas propias da Área de Normalización Lingüística.

O período de beneficio da bolsa será de 3 meses, cunha retribución de 500 euros mensuais.

Todas as persoas interesadas, e que cumpran os requisitos que se esixen na convocatoria, teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o 6 de outubro de 2003.
01/10/2003. OUTRAS

Novos servicios en Internet para o galego

A partir desta semana a comunidade virtual galegofalante conta con novos recursos tecnolóxicos que lle permitirán participar en Internet na súa propia lingua.
(Máis información)
25/09/2003. CURSOS E CONGRESOS

Simposio Variación e Prescrición

O Instituto da Lingua Galega e a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega organizan o Simposio Variación e Prescrición, que se desenvolverá en Santiago de Compostela, en sesións discontinuas, entre o 13 de novembro e 2 de decembro.
(Máis información)