Antonio Iglesias Vilarelle
Santiago de Compostela, 17/ 1/1891 - Pontevedra, 11/5/1971Autoría: José Antonio Cantal Mariño
Un espírito enxebre, afervoado servidor de Galicia en diferentes eidos
Na capital ficou case dez anos, nos que retomou os estudos na Universidad Central (1913-1916) e alternounos coa súa profesión e coas ensinanzas musicais. Frecuentou a congregación dos
Luises, a Adoración Nocturna, faladoiros, a claque e os cursos libres do Teatro Real e da Comedia e traballou con Sánchez Cantón nos arquivos do Palacio Real. O 22 de xullo de 1915 casou con Josefa Rodríguez Lorán na basílica de Santa María de Pontevedra, pero o seu retorno definitivo á cidade non foi até abril de 1920, ao concedérselle unha permuta laboral.
Nesa época, Pontevedra converteuse nun foco de eclosión cultural, o que levou á xestación de proxectos que Vilarelle alentou e dos que formou parte. O xermolo principal foi o club Karepas, grupo ligado á navegación e á gastronomía que tivo como punto de encontro a botica de Joaquín Maquieira. Reuniu promesas intelectuais e personalidades relevantes da cultura galega como Losada Diéguez, Castelao, Pintos Fonseca ou Areses Vidal, entre outros. O primeiro froito desas xuntanzas foi o nacemento da Sociedade Filharmónica, o 23 de febreiro de 1921. Formou parte da comisión organizadora e, alén diso, foi o seu secretario desde agosto de 1923 até xullo de 1925. Outro fito, devezo especial de Vilarelle, foi a creación da Sociedade Coral Polifónica o 3 de febreiro de 1925, que naceu co propósito de apartarse da vulgaridade dos orfeóns. A súa primeira actuación foi en abril de 1925, porén non se presentou en sociedade até o 23 de marzo de 1926 no Teatro Principal, baixo a dirección de Blanco Porto e a beleza atraente dos decorados de Castelao. Vilarelle non foi un cantor máis; recibía salvas de aplausos ao final dos concertos, pois para os membros era
a nai do coro. Os
karepistasimpulsaron tamén a revitalización da Sociedade Arqueolóxica que fundara e presidira Casto Sampedro, cimento do novo Museo creado o 30 de decembro de 1927.
Desde 1922, participou na casa de Losada na Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas, considerada a precursora do Seminario de Estudos Galegos, nado na contorna da Universidade de Santiago de Compostela en 1923. Unido a este desde a súa orixe, ingresou como socio activo en outubro de 1931, aínda que obtivo un papel relevante co nacemento do laboratorio de psicotecnia en 1934, do que toma o liderado, dentro da sección de Pedagoxía dirixida por Díaz Rozas. Isto foi consecuencia da aprobación dos estatutos do padroado da Escola Rural Galega en xaneiro de 1933. Aplicou en Galicia métodos da investigación psicolóxica internacional, traballou na resolución de problemas lingüísticos e do desenvolvemento intelectual a través de probas de intelixencia verbais e non verbais e a aplicación de diferentes tests xunto a un equipo de mestres ou alumnos da Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra. Con eles participou nas campañas de investigación na comarca do Deza, traballo que non chegou a publicarse e que comezara a desenvolverse tamén na Costa da Morte. Ofreceu unha conferencia co título El problema del bilingüismo en Ourense en abril de 1935 e participou no curso de extensión escolar celebrado en Pontevedra nese verán, no que realizou seis intervencións co título Práctica de un test. Técnica. A actividade cesou coa guerra e, logo desta, continuou a traballar xunto a algúns dos seus colaboradores no laboratorio do Instituto de Pontevedra e no do Tribunal Tutelar Provincial de menores.
A comezos da década de 1920, Vilarelle unírase aos movementos galeguistas que comezaban a emerxer. Losada converteuse en referente ideolóxico e nexo entre as Irmandades da Fala e a incipiente intelectualidade pontevedresa. De feito, en novembro de 1918, presidira en Lugo a primeira das súas asembleas, onde se rompera co rexionalismo e se asentaran as bases do nacionalismo galego. Na Asemblea celebrada en Monforte en febreiro de 1922 produciuse unha escisión entre os defensores da vertente política, con Luciano Peña á fronte, e os da cultural, que se organizaron en torno á Irmandade Nacionalista Galega, liderada por Risco. Vilarelle tomou partido na Asemblea celebrada na Coruña en abril de 1930, un ano despois da morte de Losada, tras a reorganización das Irmandades. Nela xurdiu a proposta de homenaxear á lingua galega como medio de afirmación da esencia do ser de Galicia, que se concretou nun manifesto asinado por el, Otero Pedrayo, Salvador Mosteiro e Vilar Ponte co título «Un ruego a todos los buenos conterráneos». Pertenceu a Labor Gallega, que naceu en Pontevedra en maio de 1931. Desde entón aumentou a súa presenza en actos galeguistas en diversas cidades, nos que interveu en favor dun réxime de gobernación autónoma xunto a Castelao, Álvaro de las Casas, Paz Andrade ou Víctor Casas. O 1 de xuño dese ano naceu o Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra, presidido por Castelao, do que Vilarelle foi vicepresidente até marzo de 1932. En outubro de 1931 foi asinante do manifesto galeguista católico que xurdiu como resposta á división Igrexa-Estado tras o nacemento da II República. Pese ás diferenzas, nun clima de neutralidade relixiosa en prol da consecución da autonomía, as distintas correntes conformaron, o 5 e 6 de decembro, o Partido Galeguista, sen deixar á marxe a base común de todas elas. Na cuarta asemblea do partido, celebrada en Santiago en abril de 1935, produciuse a escisión definitiva por causa da súa integración na Frente Popular para concorrer aos comicios. Vilarelle e parte do grupo saínte, constituíron a Dereita Galeguista de Pontevedra, que se integrou co resto de grupos no Partido Galeguista de Dereitas en abril de 1936.
Entroncou coas mocidades dos Ultreias, foi vogal do seu Consello, participante nas xeiras e mesmo musicou algún dos seus himnos. Converteuse en piar do movemento Deus Fratesque Gallaeciae, interveu na redacción dos seus estatutos e traballou pola galeguización da Igrexa en Galicia. Asignóuselle a dirección do boletín Logos, escrito en galego, que viu a luz en xaneiro de 1931. Marcou as directrices xunto a Filgueira Valverde até o fin da publicación por causa da guerra. O grupo mantívose na súa casa, onde se fixeron celebracións paralitúrxicas en galego nas que tocaba o harmonio que testemuñaron, entre outros, Filgueira, Fontenla Méndez ou Xaime Isla, e traducíronse diversos textos relixiosos, incluído o ordinario da Misa.
Tras a morte de Blanco Porto en setembro de 1940, Vilarelle tomou as rendas da Coral Polifónica. Fixo a súa primeira aparición pública como director no teatro García Barbón de Vigo o 21 de novembro de 1941, que marcou o inicio dunha traxectoria chea de éxitos. Dirixiu o colectivo até novembro de 1965, aínda que permaneceu sempre ligado a el. Colaborou tamén co coro escolar Cantores do Instituto de Pontevedra, presentado en sociedade en marzo de 1956, que foi sementeiro vocal da Polifónica.
Entregado á causa de Galicia, velou por angueiras como a publicación do álbum Nós de Castelao, ao asumir gran parte dos custos, ou o Método de lectura en galego da súa irmá Josefa. Pertenceu ao Padroado Rosalía de Castro desde a súa constitución en xullo de 1949, foi membro da Comisión de Monumentos de Pontevedra e asinante fundacional da editorial dos Bibliófilos Galegos. Impulsou o restablecemento da Escola Municipal de Música de Pontevedra (fundada en 1863), oficializada o 28 de febreiro de 1955 e que dirixiu até xaneiro de 1966. Foi membro da xunta do Liceo Casino, sociedade organizadora de eventos culturais, concertos ou conferencias. Posuía un fondo perfil pedagóxico e sementou o seu saber a través da palabra e da escrita. Parte dos seus textos publicáronse en revistas como Galicia (Centro Galego de Bos Aires), Lar ou Sonata Gallega.
O 13 de decembro de 1942 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, confirmándose a designación como numerario o 26 de marzo de 1950. O 29 de decembro de 1951 tivo lugar a recepción no paraninfo do instituto de Pontevedra, co discurso Los músicos del Pórtico de la Gloria e contestación de Filgueira. O 22 de xuño de 1959 foi nomeado académico correspondente da Academia de Belas Artes de San Fernando e o 30 de decembro de 1960 impúxoselle a Cruz de Cabaleiro de Isabel a Católica. Pouco antes, en agosto dese ano, recibiu o título de fillo adoptivo de Pontevedra, onde faleceu o 11 de maio de 1971. Unha das rúas da cidade dedícase á súa memoria.
Explorou o terreo da composición e completou un catálogo que xira arredor de tres aspectos: polifonía, relixiosidade e folclore. Escribiu obras de nova creación e fixo adaptacións de temas populares co fin de levalos ao ámbito da música culta. Dentro do xénero vocal deixou mostras de música profana (como A dona que eu amo ou Nosa Señora da Barca, para voz e piano, estreadas no Festival de Canción Galega; O neno ten soniño ou Non te namores meniña, para coro) e de música relixiosa (como Miserere, Os anxeliños da Groria ou a Misa Deus Fratesque Gallaeciae). Dentro do xénero instrumental cultivou a música sinfónico-coral (Cantiga en sol menor) e orquestral (Chucurruchú, para frauta e cordas, ou Keltia), interpretadas pola Orquestra de Cámara de Pontevedra e a da Radio Nacional de Lisboa, a Orquestra Filharmónica da Coruña ou a Orquestra Sinfónica de Bilbao.
Bibliografía
Álvarez Blanco, Rosario (2003): Variedade e diversidade da lingua: algunas reflexión sobre cambio, variación e galego estándar. A Coruña: Real Academia Galega.
Antuña Souto, Carlos Alberto (2000): O galeguismo na provincia de Pontevedra (1930-1936). A Coruña: Ediciós do Castro.
Bozal, Valeriano (2020): Otra España negra. Zaragoza: Prensas da Universidade de Zaragoza.
Fernández Sieira, José Luis (1995): La Sociedad Filarmónica de Pontevedra: sus primeros 75 años. Pontevedra: Sociedade Filharmónica de Pontevedra.
Filgueira Valverde, Xosé; González, Sebastián (1934): Dez anos de traballo 1923-1934. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos.
Filgueira Valverde, Xosé (1977): «Antonio Iglesias Vilarelle [1891-1971]», Boletín da Real Academia Galega, tomo 32: número 359, 335-337.
García Souto, Xosé Ramón (2010): «Los Estudios sobre la Infancia y el Lenguaje Infantil en el Seminario de Estudos Galegos», Psycología latina, volume 1: número 2; 97-120.
González Pérez, Clodio (2008): Mar adiante: as xeiras dos Ultreias. Vigo: Pío García Edicións.
Groba González, Xavier (2011): O legado musical de Casto Sampedro Folgar (1848-1937): o canto galego de tradición oral. Santiago de Compostela: Universidade.
Losada Fernández, Álvaro (1931): «El Club “Karepas”». En Cao Moure, José (ed.): Libro de oro de la Provincia de Pontevedra. Villa-Alba: Editorial PPKO; 54.
Otero Urtaza, Fernando (2014): Del Conservatorio del Príncipe D. Alfonso al CMUS Manuel Quiroga: 150 aniversario de la fundación del Conservatorio de Pontevedra. Pontevedra: Deputación.
Pérez Prieto, Victorino (1995): Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae". Vigo: Editorial SEPT.
Porto Ucha, Ángel Serafín (2009): «La educación especial en la formación de maestros y maestras en el primer tercio del siglo XX. Algunos datos referentes a Galicia». En Berruezo Albéniz, Reyes, María (coord.): El largo camino hacia una educación inclusiva, la educación especial y social del siglo XIX a nuestros días. XV Coloquio de Historia de la Educación. Pamplona-Iruñea: Universidade de Navarra; 335-344.
Sánchez Cantón, Francisco Javier (2000): «Antonio Iglesias Vilarelle». En Valle Pérez, Xosé Carlos (coord.): A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra no 75 aniversario da súa fundación (1925-2000). Pontevedra: Deputación de Pontevedra; 59-60.
Como citar: Cantal Mariño, José Antonio : Antonio Iglesias Vilarelle. Publicado o 5/7/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1988. Recuperado o 29/09/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Iglesias Vilarelle: «Musicalia», Galicia: revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires
Iglesias Vilarelle, Antonio (1950): «Musicalia», Galicia: revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires, ano XXXIV: número 448 (xullo), 25.
Fonte: Arquivo persoal do autor da biobibliografía
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo de Celso Emilio Ferreiro: «Breve loa de Iglesias Vilarelle», Sonata Gallega
Ferreiro Míguez, Celso Emilio (1944): «Breve loa de Iglesias Vilarelle», Sonata Gallega (marzo), 24.
Fonte: Arquivo persoal do autor da biobibliografía
Programa de man do concerto da Sociedade Coral Polifónica El Eco e a Orquestra da Sociedade Filharmónica da Coruña
Programa de man do concerto celebrado o 9 de xuño de 1942 pola Sociedade Coral Polifónica “El Eco” e a Orquestra da Sociedade Filharmónica da Coruña, no que se interpretou o Chucurruchú de Antonio Iglesias Vilarelle.
Fonte: Arquivo da Sociedade Filharmónica da Coruña.
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Partitura «Por sermos da culpa escravos…», de Iglesias Vilarelle
Iglesias Vilarelle, Antonio (1933): «Por sermos da culpa escravos…» (partitura), Logos, ano III: número 28-29 (abril), 72.
Fonte: Arquivo da Real Academia Galega
Artigo «Afirmación católica de un grupo de nacionalistas», El Compostelano
Risco, Vicente et al.: «Afirmación católica de un grupo de nacionalistas», El Compostelano, ano XII: número 3458 (3 de novembro de 1931), 1.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3841
Artigo «Un ruego a todos los buenos conterráneos», El Pueblo Gallego
Otero Pedrayo, Ramón et al. (1930): «Un ruego a todos los buenos conterráneos», El Pueblo Gallego, ano VII: número 1959 (11 de xullo), 1.
El Pueblo Gallego, consultado en Biblioteca Provincial Pontevedra
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Artigo de Xosé Filgueira Valverde sobre Antonio Iglesias Vilarelle no Boletín da Real Academia Galega
Fonte: https://2012.academia.gal/boletins-web/paxinas.do?id=2370. [Consulta: 2023-06-02]
Iglesias Vilarelle, Antonio; Filgueira Valverde, Xosé (1952): Los músicos del Pórtico de la Gloria. Pontevedra: Real Academia Galega
Fonte: https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/29. [Consulta: 2023-06-02]
Expediente académico de Antonio Iglesias Vilarelle no Instituto de Pontevedra
Fonte: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=36441 [Consulta: 2023-06-02]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
Negra sombra. Texto: Rosalía de Castro; música: Juan Montes; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; director: Antonio Iglesias Vilarelle
Negra sombra. Texto: Rosalía de Castro; música: Juan Montes; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; director: Antonio Iglesias Vilarelle. Regal, 1958 (orixinal) e Ouvirmos, edición 2004
Fonte: Youtube
Non te namores meniña. Popular (Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro, n.º 211); adaptación: Antonio Iglesias Vilarelle; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; solista: Victoria Blanco; director: Antonio Iglesias Vilarelle
Non te namores meniña. Popular (Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro, n.º 211); adaptación: Antonio Iglesias Vilarelle; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; solista: Victoria Blanco; director: Antonio Iglesias Vilarelle. Regal, 1958 (orixinal) e Ouvirmos, 2004
Fonte: Youtube
O neno ten soniño. Popular; adaptación: Antonio Iglesias Vilarelle; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; solista: Victoria Blanco; director: Antonio Iglesias Vilarelle
O neno ten soniño. Popular; adaptación: Antonio Iglesias Vilarelle; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; solista: Victoria Blanco; director: Antonio Iglesias Vilarelle. Regal, 1958 (orixinal) e Ouvirmos, edición 2004
Fonte: Youtube
Os anxeliños da Groria. Popular (Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro, n.º 260); adaptación: Antonio Iglesias Vilarelle; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; solista: Victoria Blanco; director: Antonio Iglesias Vilarelle
Os anxeliños da Groria. Popular (Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro, n.º 260); adaptación: Antonio Iglesias Vilarelle; intérprete: Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; solista: Victoria Blanco; director: Antonio Iglesias Vilarelle. Regal, 1958 (orixinal) e Ouvirmos, 2004
Fonte: Youtube
Cantiga do amor que durme. Texto: Xosé Filgueira Valverde; Música: Antonio Iglesias Vilarelle e Himno para el IV centenario de la Basílica Santa María. Texto: Xosé Filgueira Valverde; Música: Antonio Iglesias Vilarelle. Interpretado polo Coro Luis García Limeses
Cantiga do amor que durme. Texto: Xosé Filgueira Valverde; Música: Antonio Iglesias Vilarelle e Himno para el IV centenario de la Basílica Santa María. Texto: Xosé Filgueira Valverde; Música: Antonio Iglesias Vilarelle. Interpretación polo Coro Luis García Limeses. Directora: Reyes Carballo; piano: María Cespón
Fonte: Youtube
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
Chucurruchú. Alborada. Música de Antonio Iglesias Vilarelle. Interpretada pola Real Filharmonía de Galicia. Director: Maximino Zumalave
Chucurruchú. II: Corpo Santo. Música de Antonio Iglesias Vilarelle. Interpretado pola Real Filhamonía de Galicia. Director: Maximino Zumalave
Chucurruchú. III: Despedida. Música de Antonio Iglesias Vilarelle. Interpretado pola Real Filhamonía de Galicia. Director: Maximino Zumalave
Libros do ccg sobre Antonio Iglesias Vilarelle
Chucurruchu.
2017 | Antonio Iglesias Vilarelle, Música. Composición.