Herminia Fariña Cobián
Santiago de Compostela, 4/ 4/1904 - Simes (Pontevedra), 26/10/1967Autoría: Sonia Sánchez Fariña
Poeta e dramaturga con gran sona a ambos os lados do Atlántico
Na obra de Herminia Fariña Cobián, Galicia é a protagonista absoluta. Os seus textos, en galego ou castelán, están marcados por un forte sentimento de pertenza á terra e por ese enxebrismo que Castelao define como
Autora precoz, comeza con quince anos o cultivo da poesía en galego. Realiza recitais, e as súas composicións teñen presenza en publicacións periódicas entre as que destacan as colaboracións no xornal A Nosa Terra, órgano de expresión d'As Irmandades da Fala. Poucos anos despois, en 1922, publica Cadencias, un poemario en castelán que conta co aval de Castelao, que é o autor da ilustración da portada. O libro ten unha boa acollida, recibe críticas laudatorias en diarios e revistas galegas como El Compostelano, La Libertad ou Diario de Pontevedra, e tamén nos medios de comunicación arxentinos que chegan a establecer comparacións entre Herminia Fariña e Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán.
O galego convértese na única lingua poética posible no seu segundo libro, Seara. Foi publicado en maio de 1924 con portada ilustrada, esta vez, por Luís Pintos Fonseca. Contén trinta e catro composicións que cantan as lembranzas da súa infancia na cidade de Santiago de Compostela. Son pezas marcadas por un profundo diálogo do eu lírico coa natureza insondable e profunda da paisaxe galega. Tivo un éxito inmediato e gran repercusión na crítica e nos xornais. Autores como Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas ou Antón Villar Ponte reciben a obra con entusiasmo e dedícanlle importantes eloxios que teñen continuidade nos anos seguintes, ao tempo que se suceden as publicacións a ambos os lados do Atlántico.
Herminia Fariña convértese nunha aclamada poeta e recibe loanzas nos diferentes actos e homenaxes que se organizan na súa honra tanto en Galicia coma en Madrid. Ramón Cabanillas, Basilio Álvarez, Narciso Correal ou Pedro de Répide destacan o seu estilo e gaban en público as súas composicións. En 1925 chega o recoñecemento da Real Academia Galega que a nomea académica correspondente.
Na segunda metade da década de 1920, a nosa autora publica o libro de prosa poética Pétalos líricos, segue a colaborar con diversos xornais e revistas galegas e hispanoamericanas e comeza unha etapa creativa na que a poesía convive coa escrita dramática, que pronto vai ter presenza nos escenarios. Así, o 23 de marzo de 1927 estréanse no Teatro Principal de Santiago dúas obras da súa autoría: unha breve comedia en castelán titulada La marquesa de Miraflores, e o poema dramático en galego Margarida a malfadada que, en palabras de Fernando Salgado,
O seu interese polas artes escénicas lévaa a experimentar tamén co xénero da zarzuela en galego con O avarento. A obra chegara a ser musicada polo compositor José Jané, máis nunca se estreou.
En 1929 Herminia Fariña emigra a Bos Aires onde recibe unha agarimosa acollida por parte da comunidade galega residente. Ábrese unha etapa de moita actividade pública: comparte palestras con figuras como Antonio Alonso Ríos ou Ramón Suárez Picallo; colabora en publicacións periódicas como Vida Gallega, Lar, Céltiga, Sonata Gallega, La razón ou El Mundo de Montevideo. Xa en 1931, publica Hosanna. Bajo el cielo porteño, obra na que recolle as súas experiencias na Arxentina. Un ano despois, regresa a España.
No seu regreso, instálase en Calatayud, onde non tarda en integrarse na vida cultural, participa en diferentes actos literarios e, co tempo, funda e a revista Fortaleza. Aínda que a súa produción comeza a diminuír, segue colaborando en semanarios galegos e publica obras menores como o folleto Por España y para España. El libro del combatiente (1937), con poemas en galego e castelán.
Anos despois, instalada na casa familiar de Simes, retoma a escrita poética, máis non chega a editar ningún libro dos que deu rematado. Si aparecen publicadas pequenas pezas en galego dedicadas á terra como Cantiga serea (1950) ou Gabanza e prego á miña aldea (1960). Durante os años corenta e cincuenta mantivo contacto coa intelectualidade de Pontevedra e retomou as colaboracións. Escribe en Faro de Vigo, no diario compostelán La Noche, na revista Ciudad e na publicación pontevedresa Litoral. Co paso do tempo, foise desvinculando da esfera pública para se refuxiar, ata a súa morte, na aldea de Simes á que tanto tiña cantado.
O periodista Fernando Salgado di dela:
Canto á súa vida privada, Herminia Fariña casou e enviuvou en tres ocasións. Con Eduardo del Río casou en xullo de 1922 e tiveron ao seu fillo Eduardo. O 7 de xuño de 1930 fíxoo con Pedro Fontenla Camiña en Bos Aires. Nove anos máis tarde, en Madrid, casa con Isaac Sánchez Alonso, con quen tivo a Isaac e a María del Carmen.
Obra editada de Herminia Fariña Cobián
Cadencias, 1922
Seara, 1924
Margarida a malfadada, 1926
Pétalos líricos, 1926
La marquesa de Miraflores, 1927
O soldado froita, 1927
Sangre y sol, 1927
O avarento, 1927?
Hosanna bajo el cielo porteño, 1931
Por España y para España. El libro del combatiente, 1937
Cantiga serea, 1950
Gabanza e prego á miña aldea, 1960
Pesadumbre, 1961
Obra inédita de Herminia Fariña Cobián
Égida azul
En el huerto de Heros
Idilios, pesadumbres y mazorcas
Pavana de mis días
Fortaleza
La bella dolorosa historia de mi vida
Retorno de emigrantes
Manuscrito patético
unha atmosfera espiritual. É o típico transcendido cara unha finalidade creadora, un metabolismo entre o home e o seu medio. O cerne da súa obra é a identidade galega, que presenta os elementos propios das definicións identitarias do culturalismo da época: a natureza, a paisaxe, a lingua, as xentes. Estes son os temas e os motivos que configuran a topografía literaria dunha muller que sempre cantou a Galicia.
Autora precoz, comeza con quince anos o cultivo da poesía en galego. Realiza recitais, e as súas composicións teñen presenza en publicacións periódicas entre as que destacan as colaboracións no xornal A Nosa Terra, órgano de expresión d'As Irmandades da Fala. Poucos anos despois, en 1922, publica Cadencias, un poemario en castelán que conta co aval de Castelao, que é o autor da ilustración da portada. O libro ten unha boa acollida, recibe críticas laudatorias en diarios e revistas galegas como El Compostelano, La Libertad ou Diario de Pontevedra, e tamén nos medios de comunicación arxentinos que chegan a establecer comparacións entre Herminia Fariña e Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán.
O galego convértese na única lingua poética posible no seu segundo libro, Seara. Foi publicado en maio de 1924 con portada ilustrada, esta vez, por Luís Pintos Fonseca. Contén trinta e catro composicións que cantan as lembranzas da súa infancia na cidade de Santiago de Compostela. Son pezas marcadas por un profundo diálogo do eu lírico coa natureza insondable e profunda da paisaxe galega. Tivo un éxito inmediato e gran repercusión na crítica e nos xornais. Autores como Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas ou Antón Villar Ponte reciben a obra con entusiasmo e dedícanlle importantes eloxios que teñen continuidade nos anos seguintes, ao tempo que se suceden as publicacións a ambos os lados do Atlántico.
Herminia Fariña convértese nunha aclamada poeta e recibe loanzas nos diferentes actos e homenaxes que se organizan na súa honra tanto en Galicia coma en Madrid. Ramón Cabanillas, Basilio Álvarez, Narciso Correal ou Pedro de Répide destacan o seu estilo e gaban en público as súas composicións. En 1925 chega o recoñecemento da Real Academia Galega que a nomea académica correspondente.
Na segunda metade da década de 1920, a nosa autora publica o libro de prosa poética Pétalos líricos, segue a colaborar con diversos xornais e revistas galegas e hispanoamericanas e comeza unha etapa creativa na que a poesía convive coa escrita dramática, que pronto vai ter presenza nos escenarios. Así, o 23 de marzo de 1927 estréanse no Teatro Principal de Santiago dúas obras da súa autoría: unha breve comedia en castelán titulada La marquesa de Miraflores, e o poema dramático en galego Margarida a malfadada que, en palabras de Fernando Salgado,
a converte na primeira muller que escribe teatro en galego. A máis disto, a estrea de Margarida a malfadada, na que a autora asume o rol de actriz principal, foi cualificada de
éxito colosalpolo periódico El Compostelano. Isto supuxo un auténtico estímulo para o público do momento que comeza a se interesar polo teatro en galego. A obra tivo varias reposicións en Compostela e repetiu idéntico éxito en Pontevedra e Vigo, aínda que nesta última cidade foi acompañada doutra peza teatral da súa autoría e tamén en galego: O soldado froita.
O seu interese polas artes escénicas lévaa a experimentar tamén co xénero da zarzuela en galego con O avarento. A obra chegara a ser musicada polo compositor José Jané, máis nunca se estreou.
En 1929 Herminia Fariña emigra a Bos Aires onde recibe unha agarimosa acollida por parte da comunidade galega residente. Ábrese unha etapa de moita actividade pública: comparte palestras con figuras como Antonio Alonso Ríos ou Ramón Suárez Picallo; colabora en publicacións periódicas como Vida Gallega, Lar, Céltiga, Sonata Gallega, La razón ou El Mundo de Montevideo. Xa en 1931, publica Hosanna. Bajo el cielo porteño, obra na que recolle as súas experiencias na Arxentina. Un ano despois, regresa a España.
No seu regreso, instálase en Calatayud, onde non tarda en integrarse na vida cultural, participa en diferentes actos literarios e, co tempo, funda e a revista Fortaleza. Aínda que a súa produción comeza a diminuír, segue colaborando en semanarios galegos e publica obras menores como o folleto Por España y para España. El libro del combatiente (1937), con poemas en galego e castelán.
Anos despois, instalada na casa familiar de Simes, retoma a escrita poética, máis non chega a editar ningún libro dos que deu rematado. Si aparecen publicadas pequenas pezas en galego dedicadas á terra como Cantiga serea (1950) ou Gabanza e prego á miña aldea (1960). Durante os años corenta e cincuenta mantivo contacto coa intelectualidade de Pontevedra e retomou as colaboracións. Escribe en Faro de Vigo, no diario compostelán La Noche, na revista Ciudad e na publicación pontevedresa Litoral. Co paso do tempo, foise desvinculando da esfera pública para se refuxiar, ata a súa morte, na aldea de Simes á que tanto tiña cantado.
O periodista Fernando Salgado di dela:
Tanto nos libros que publicou como na ringleira de poemas que esparexeu por ducias de diarios e publicacións de Galicia e de América hai versos de incuestionable valor e de indiscutible musicalidade. Hai poemas fermosos, ben afinados, tanto en galego como en castelán. Dixérono, no seu momento, voces autorizadas como as de Xohán Xesús González, Antón Villar Ponte, Basilio Álvarez, Ramón Cabanillas e outros. O autor defende a importancia da figura de Herminia Fariña e denuncia o feito de ter sido obviada nas antoloxías literarias. Destaca que na altura de 1956, Xosé Luís Méndez Ferrín botaba en falta a Herminia Fariña ou a Álvarez Limeses, entre outros, na prestixiosa Escolma de poesía galega que viña de publicar Fernández del Riego.
Canto á súa vida privada, Herminia Fariña casou e enviuvou en tres ocasións. Con Eduardo del Río casou en xullo de 1922 e tiveron ao seu fillo Eduardo. O 7 de xuño de 1930 fíxoo con Pedro Fontenla Camiña en Bos Aires. Nove anos máis tarde, en Madrid, casa con Isaac Sánchez Alonso, con quen tivo a Isaac e a María del Carmen.
Obra editada de Herminia Fariña Cobián
Cadencias, 1922
Seara, 1924
Margarida a malfadada, 1926
Pétalos líricos, 1926
La marquesa de Miraflores, 1927
O soldado froita, 1927
Sangre y sol, 1927
O avarento, 1927?
Hosanna bajo el cielo porteño, 1931
Por España y para España. El libro del combatiente, 1937
Cantiga serea, 1950
Gabanza e prego á miña aldea, 1960
Pesadumbre, 1961
Obra inédita de Herminia Fariña Cobián
Égida azul
En el huerto de Heros
Idilios, pesadumbres y mazorcas
Pavana de mis días
Fortaleza
La bella dolorosa historia de mi vida
Retorno de emigrantes
Manuscrito patético
Como citar: Sánchez Fariña, Sonia : Herminia Fariña Cobián. Publicado o 7/1/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29982. Recuperado o 11/12/2023
DOCUMENTACIÓN DE
«Chuco», poema de Herminia Fariña publicado en Vida Gallega, n.º 536 (1932)
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
«Das terras do Salnés», poema de Herminia Fariña en Galicia. Revista del Centro Gallego de Montevideo (1929)
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
«Outono», poema en galego de Herminia Fariña en El Heraldo Gallego (19/07/1925).
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
«En la hora Vesperal», poema de Herminia Fariña publicado en La libertad (18/07/1925).
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Poemas de Herminia Fariña Cobián publicados en El Compostelano (1925-1931)
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
«Seara», artigo de Herminia Fariña publicado en El Progreso Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Poemas de Herminia Fariña Cobián publicados en A Nosa Terra. Orgao de expresión das Irmandades da fala (1919-1925)
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo da obra de Herminia Fariña realizado por Sonia Sánchez Fariña para o Programa de Estudios Teatrales do Departamento de Literaturas Hispánicas y Bibliografía
Fonte: Sánchez Fariña, Sonia: Comentarios a la obra de Herminia Fariña Cobián. Madrid: Universidad Complutense, Programa de Estudios Teatrales, 2021.
Sonia Sánchez Fariña
Artigo de Sandra Suárez sobre Herminia Fariña en Diario de Pontevedra (25/02/2014)
Fonte: Suárez, Sandra: «En el rincón de las letras perdidas. Herminia Fariña Cobián», Diario de Pontevedra, (25/02/2014)
diariodepontevedra.es
«Recoñecemento de concellos galegos a Herminia Fariña», por Guillermo Rodríguez Lema
Fonte: RODRÍGUEZ LEMA, Guillermo, Herminia Fariña, Xunta de Galicia, 1996, p. 38-46. Exemplar da Biblioteca do CCG
Solicitude de contribucións económicas para axudar a Herminia Fariña Cobián, feita polo xornal El Pueblo Gallego
Fonte: «Para socorrer a Herminia Fariña», El Pueblo Gallego, (11/02/1936)
Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Recensión do libro de Herminia Fariña Hosanna bajo el cielo porteño
Fonte: Ossorio, Raúl P.: «Hosanna bajo el cielo porteño, por Herminia Fariña de Fontenla», Caras e caretas, (02/05/1931)
BNE
«Bibliografía»: artigo sobre Cadencias, poemario de Herminia Fariña Cobián, El Eco Franciscano (1 de xuño de 1922), 262-263.
Fonte: El Compostelano (1922-1927)
Galiciana. Biblioteca de Galicia
Artigos sobre Herminia Fariña Cobián en El Diario de Pontevedra (1922-1927)
Fonte:El Diario de Pontevedra (1922-1927)
Galiciana. Biblioteca de Galicia
Artigos sobre Herminia Fariña Cobián en El Compostelano (1922-1927)
Fonte: El Compostelano (1922-1927)
Galiciana. Biblioteca de Galicia
Lalo Vázquez y Gil escribe no n.º 11 do Boletín IEV sobre a obra de Herminia Fariña
Fonte: Vázquez y Gil, Lalo: «’Cantiga Serea’, un namoro para Vigo entre desencontros», Boletín IEV, n.º 11, p. 319-327.
ievigueses.com
Ligazóns de interese
Herminia Fariña Cobián en Galiciana. Biblioteca de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta_aut/registro.do?control=BDGA20180033643
Entrada biobibliográfica de Herminia Fariña Cobián na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Herminia_Fari%C3%B1a
Herminia Fariña Cobián no proxecto Do gris ao violeta
Fonte: https://www.dogrisaovioleta.gal/biografia/creadoras-e-pioneiras/literatura/herminia-farina-cobian/
Encarna Otero lembra a Herminia Fariña no programa Paseando por Compostela con mulleres, de Radio Ateneo
Fonte: Radio Ateneo.
Accesible en: https://ateneodesantiago.gal/radio/programas/33/paseando-por-compostela-con-mulleres/podcasts/220/herminia-farina [Consulta: 2022-01-10]
Ramón Nicolás publica no seu blog Caderno da crítica un manuscrito de Herminia Fariña
Nicolás, Ramón: «Manuscrito: Herminia Fariña Cobián», Caderno da crítica, (5 de maio de 2015), (https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/05/05/manuscrito-herminia-farina-cobian/) [Consulta: 2022-01-15]
Fonte: https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/05/05/manuscrito-herminia-farina-cobian/
III Congreso Internacional de Poesía. 1954
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1092/ [Consulta: 2022-06-07]
Artigos Herminia Fariña Cobián
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Herminia Fariña Cobián nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
FARIñA COBIáN, H. (12/1924) O retorno do gando. Céltiga. 1ª (6), 33.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;