María Teresa Miras Portugal
O Carballiño (Ourense), 19/ 2/1948 - Madrid, 27/5/2021Autoría: Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Bioquímica e primeira muller en presidir unha Academia asociada ao Instituto de España
Primeiros anos
Era filla de Aurelio Miras Azor e de Esperanza Portugal Careaga. O seu pai era un mestre que foi destinado a Galicia en 1935 e que despois da Guerra Civil cursou a carreira de dereito, exercendo de avogado no Carballiño. Desde moi cedo inculcáronlle á súa filla o valor do estudo e da cultura así como un interese especial pola natureza, afección que fomentaron agasallándoa con libros sobre esta materia. Realizou os seus primeiros estudos no Colexio da Divina Pastora das Madres Franciscanas da súa vila natal, trasladándose despois a Santiago de Compostela para cursar o bachalerato superior e o preuniversitario no Colexio da Compañía de María. Comezou os estudos da carreira de Farmacia na USC no curso 1966-67 rematándoos na de Madrid en 1969-70 con Premio Extraordinario Fin de Carreira, que así mesmo lle valeu para conseguir ao ano seguinte o Premio Nacional e o Victor de Plata e Lazo de Alfonso X el Sabio, concedido polo Ministerio de Educación en recoñecemento ao seu extraordinario expediente académico. Antes de licenciarse, casou co seu compañeiro de toda a vida, Fernando Varela García, xa daquela un recoñecido matemático, que despois foi catedrático de Xeometría e Topoloxía na Universidade Autónoma de Madrid.
Formación e catedrática de Bioquímica
En 1971, trasládase ao Centre de Neurochimie do CNRS, en Estrasburgo para realizar a súa tese de doutoramento baixo a dirección do profesor Paul Mandel, permanecendo alí catro anos con bolsas do Ministerio de Asuntos Exteriores francés, o Ministerio de Educación y Ciencia español e a Fundación Juan March. A súa estadía neste laboratorio foi fundamental na súa carreira investigadora, non só por coincidir coa fulgurante expansión da Neuroquímica no mundo, senón tamén polas posibilidades que tivo de coñecer a figuras senlleiras da bioquímica, algunhas delas premios nobel, como Julius Axelrod, Rita Levi-Motalcini, George Palade, Paul Greengard, Erwin Neher, etc. En maio de 1975, obtén o título de
Docteur Sciencespola Universidade Louis Pasteur de Estrasburgo co traballo titulado La dopamine-B-hydroxilase (EC 1.14.17.1) du serum humain, cualificado como
Très Honorablecon felicitacións do xurado. Nese mesmo ano, en decembro, obtén o título de doutora pola Universidade Complutense coa cualificación de
Sobresaliente cum laudepola tese titulada Estudio comparativo de la dopamina-B-hidroxilasa bovina y humana. Interés clínico del enzima humano, dirixida polos profesores Ángel Santos Ruiz e Paul Mandel.
De volta a España, comezou os seus traballos de investigación como investigadora contratada polo Instituto Alfonso X el Sabio do CSIC e o Departamento de Bioquímica da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense (curso 1975-76), pasando a continuación a desempeñar o cargo de profesora axudante do mesmo departamento no curso 1976-78 e, posteriormente, o de profesora adxunta por oposición con encargo de agregadoría do Departamento de Bioquímica da Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid para os cursos 1978-81. En 1981, consegue a praza de Profesora Agregada numeraria do Departamento de Bioquímica da Facultade de Medicina da Universidade de Oviedo e ao ano seguinte, o de catedrática do Departamento de Bioquímica da Facultade de Ciencias de Murcia. Finalmente, no curso 1986-87 trasladouse mediante concurso ao Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, onde transcorreu o resto da súa vida académica, como catedrática desde 1986 ata o 2018 e profesora emérita, desde o 2018 ata o seu pasamento en 2021.
Labor investigador
Foi autora de 380 traballos de investigación, moitos deles publicados nas revistas máis prestixiosas, a nivel internacional, da súa especialidade, centrados fundamentalmente no estudo dos receptores de nucleótidos no Sistema Nervioso Central e nos procesos de supervivencia, diferenciación e dexeneración neuronal, todos eles cunha gran repercusión nas enfermidades neurovexetativas (enfermidades de Huntington e Alzheimer, así como na epilepsia). Algún destes achados, como a implicación dos receptores P2X7 na neuroinflamación e a morte celular, así como o papel neuroprotector doutros receptores, serviron como orientación na investigación de medicamentos neuroprotectores e neurorreparadores. Dirixiu 24 teses de doutoramento, ten 24 patentes e deixou na Facultade de Veterinaria de Madrid un equipo consolidado e de prestixio internacional.
Labor institucional e xestión científica
Pertenceu a numerosas sociedades científicas como a Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular, da que foi membro do seu comité directivo, da European Society of Neurochemistry, na que foi presidenta do consello científico e responsable de relacións internacionais e da International Society of Neurochemistry, membro da xunta electoral, á vez que fundadora do Purinergic Club e membro do seu Advisory Board. No labor editorial tamén foi unha figura moi salientable, destacando nos órganos de xestión e dirección do Journal of Neurochemistry e do Purinergic Signalling, pertencendo ao Comité de Publicacións da Federation of European Biochemical Societies. Porén, o seu labor máis recoñecido foi na organización de numerosos cursos, simposios e congresos, moitos deles de ámbito internacional, como o Simposio sobre Purinergic Neurotransmission (Houston, Texas, 1992), Adenosine Metabolism (Ferrara, Italia, 1998), Nucleotides as Neurotransmitters (San Petersburgo, 1998), Purinergic Neurotrnasmission (Berlín, 1999), Purinergic frontiers (Madrid, 2014) ou First European Purine Club Meeting (Santiago de Compostela, 2019).
Formou parte de múltiples comités científicos e de asesoramento, como os que desempeñou no Clube de Roma (2003) e na OTAN (2001-2004) e, sobre todo, pola súa repercusión estatal, como presidenta en 2012 do Comité de Expertos para la Reforma del Sistema Universitario Español (coñecida como Comisión Wert, en referencia ao ministro de Educación, Cultura e Deportes, que a promoveu). Foi tamén membro do xurado, en diversos anos, dos premios Príncipe de Asturias e Jaume I.
Vida académica e distincións
Foi membro de numerosas academias, comezando pola Real Academia Nacional de Farmacia, da que foi presidenta desde 2007 a 2012, sendo nomeada despois Presidenta de Honra. Foi a primeira muller presidenta dunha Real Academia do Instituto de España desde a súa creación no século XVIII. Tamén era numeraria da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España (2012) e da Real Academia de Doutores (2019). Ademais, no estranxeiro foi acollida en moitas academias como: a Academia Nacional de Farmacia e Bioquímica de Arxentina (2011), da que era Membro de Honra, da Academia Europea de Artes, Ciencias e Humanidades (2011), da Academia Nacional de Farmacia de Francia (2012), da Academia Europea de Ciencias (2011) e da Academia de Ciencias da URSS (sección Armenia, 2008). Foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade Rei Juan Carlos de Madrid e a Universidade Católica de Murcia.
Recibiu tamén numeroso premios e distincións como o Miguel Catalán da Comunidade de Madrid e os María Wonerburguer e Castelao da Xunta de Galicia.
Nai de dous fillos, Fernando e Alberto, que concibiu de moi nova, mesmo antes de rematar o seu doutoramento, o que a obrigou a facer fronte a moitas dificultades para poder compaxinar a súa crianza e educación co traballo experimental no laboratorio. A todo iso contribuíu a súa afouteza, unha rexa vontade, poderosa intelixencia e un fino sentido do humor. Estivo comprometida de por vida coa ciencia e o progreso, coa universidade e co papel que as mulleres deberían desempeñar na sociedade. Amaba a natureza e nunca esqueceu a súa terra á que retornaba cando o seu apertado tempo, o permitía. De feito, cumprindo a súa vontade, foi soterrada no Carballiño aos poucos días do seu pasamento.
Bibliografía
González, M.P.; Pascual-Leone, A.M.; López, B.; Ribas, J.M.; Culebras, M.T. ; Miras-Portugal, M.T. (ed.) (1985). Neuroquímica. Madrid: Universidad Complutense.
Martín Municio, A.; Miras-Portugal, M.T. (ed.) (1994): Cell signal transduction, second messengers and protein phophorylation in health and diseases. Madrid: Plenum Press.
Pablo Dávila, F. de; Miras-Portugal, M.T. (ed.) (2004): «Mujeres científicas de la SEB/SEBBM». En Santesmases, M.J.; Romero, A e Ávila, J. (eds.): Cuarenta años de la Sociedad Española de Bioquímica y Biología molecular. Madrid: Sociedad Estatal de Conmemoraciones.
Miras-Portugal, M.T. (ed.) (2004): Enfermedades neurales y neurodegenerativas: Nuevos avances moleculares y farmacológicos. Madrid: Instituto de España.
Miras-Portugal, M.T. (2015): «La universidad española frente a su propio desafío». En Prieto, T, Nombela, C e Moya-Angeler, J. (ed.): La reforma de la Universidad Española. Navarra: Thomson Reuters Aranzadi; 75-84.
Como citar: Díaz-Fierros Viqueira, Francisco : María Teresa Miras Portugal. Publicado o 28/3/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34428. Recuperado o 19/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Dor, xénero e sexo: discurso de ingreso na RANF de Antonio Rodríguez Artalejo e resposta de María Teresa Miras
Rodríguez Artalejo, Antonio e Miras Portugal, M.T.: El dolor: un problema de sexo y de género. Madrid: Real Academia de Farmacia, 2019.
Fonte: Real Academia Nacional de Farmacia.
[Descarga: 2023-03-24]
Artigo colectivo sobre a caracterización funcional de receptores P2Y1 e P2X4 en células SK-N-MC de neuroblastoma humano
Gualix, Javier; León-Otegui, Miriam; Recuero, María; Bullido, María Jesús; Valdivieso, Fernando e Miras Portugal, M.T.: «Functional characterization of P2Y1 and P2X4 receptors in human neuroblastoma SK-N-MC cells», Anales de la Real Academia de Farmacia, 3 (2015), 247-257.
Fonte: https://dialnet.unirioja.es/ [Descarga: 2023-03-24]
Entrevista a María Teresa Miras en Tribuna Complutense, da UCM
Fernández, Jaime: «María Teresa Miras Portugal, presidenta de la Real Academia Nacional de Farmacia:
Fonte: https://www.ucm.es/tribunacomplutense/61/art984.php#.ZBwv6HbMK3A [Descarga: 2023-03-23]Parece que en España no estamos orientados a obtener un beneficio de las ideas», Tribuna Complutense, (26-01-2012)
Discurso de Miras Portugal ao recibir o premio Miguel Catalán. 2012
Miras Portugal, María Teresa: «Discurso de agradecimiento de la Excma. Sra. Da. Ma. Teresa Miras Portugal, Presidente de la RANF, en la entrega del Premio Miguel Catalán de la Comunidad de Madrid», Anales de la Real Academia Nacional de Farmacia, v. 78, n. 2 (2012), 144-146.
Fonte: https://dialnet.unirioja.es/
Estudo sobre como os receptores olfactivos contribúen á formación e consolidación da memoria olfativa
Miras Portugal, M.T.: «Receptores olfativos: El perfume del éxito», Anales de la Real Academia de Farmacia, 41 (2005), 15-43.
Fonte: Real Academia Nacional de Farmacia.
[Descarga: 2023-03-24]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Lembranza de María Teresa Miras Portugal na Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular (SEBBM)
García Delicado, Esmerilda; Pérez Sen, Raquel: «Galería de retratos. Women in Biochemistry: M.ª Teresa Miras Portugal», SEBBM Divulgación, (marzo de 2021)
Fonte: https://sebbm.es/mujer-y-ciencia/m-teresa-miras-portugal/
[Descarga: 2023-03-24]
Obituario de María Teresa Miras Portugal por Antonio García, director da revista AFAT: Actualidad en farmacología y terapéutica
García García, Antonio: «María Teresa Miras Portugal», AFAT: Actualidad en farmacología y terapéutica, v. 29, n. 2 (2021), 63-64. (7-8)
Fonte: https://dialnet.unirioja.es/
Obituario de María Teresa Miras por Antonio L. Doadrio Villarejo, presidente da Real Academia Nacional de Farmacia
Doadrio Villarejo, Antonio L.: «M.ª Teresa Miras Portugal (1948-2021). In Memoriam», Anales de la Real Academia de Farmacia, v. 87, n. 2. (2021), 115.
Fonte: Real Academia Nacional de Farmacia.
[Descarga: 2023-03-24]
A neuroquímica María Teresa Miras Portugal no libro Galegas na ciencia. 2021
Blanco, Isabel e Lapido, maría: «María Teresa Miras Portugal: neuroquímica, 1ª muller que preside unha Real Academia en España». EnGalegas na ciencia. Vigo: Belagua, 2021; 46-47.
Fonte: Blanco, Isabel: Mulleres na ciencia. Vigo: Belagua, 2021.
Programa do acto científico dedicado a María Teresa Miras Portugal. Universidade de Barcelona, 21 de novembro de 2022
Fonte: Ciber Ned: Centro de investigación Biomédica en Red | Enfermedades Neurodegenrativas
https://www.ciberned.es/ [Descarga: 2023-03-24]
Ligazóns de interese
Noticia do falecemento de María Teresa Miras Portugal en La Voz de Galicia
Romar, R.: «Fallece María Teresa Miras Portugal, la bioquímica ourensana que quiso cambiar la Universidad española», La Voz de Galicia, (2021-06-06)
Fonte: La Voz de Galicia
Información sobre María Teresa Miras Portugal na publicación dixital buscandorespuestas.com
Costas, Eduardo: «María Teresa Miras: la primera mujer en presidir una Real Academia, y su
Fonte. https://buscandorespuestas.lne.es/salud/maria-teresa-miras-la-primera-mujer-en-presidir-una-real-academia-y-su-bondad-de-la-inteligencia/ [Consulta: 2023-03-23]bondad de la inteligencia» buscandorespuestas.com, (29 de maio de 2021).
O portal culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega recolle a nova do pasamento da científica galega María Teresa Miras Portugal
Fonte: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=32537 [Consulta; 2023-03-23]
Obituario de María Teresa Miras Portugal en CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) da USC
Fonte: https://www.usc.es/cimus/gl/news/obituario-maria-teresa-miras-portugal
Consulta: 2023-02-24]
«María Teresa Miras y el cerebro». Carles Mesa entrevista á Dra. Miras Portugal no programa Gente Despierta de Radio Nacional. 17 de xaneiro de 2019
Fonte: RTVE.
https://www.rtve.es/play/audios/gente-despierta/gente-despierta-maria-teresa-miras-cerebro/4941311/ [Consulta: 2023-03-23]
Declaracións de María Teresa Miras ao xornal xixonés El comercio, na inauguración das XI Jornadas Jovellanos de Divulgación Científica
Prieto, N.: «
Fonte: El comercioLas enfermedadesneurodegenerativas son el gran reto de esta sociedad: La bioquímica Teresa Miras abre las XI Jornadas Jovellanos de Divulgación Científica en las que la medicina es la protagonista», El comercio, (6 noviembre 2015)
Teresa Miras é entrevistada por Mariluz Villar para o xornal La región
Villar, Mariluz: «De ourensano a ourensano:
Fonte: La regiónHay que valorar al que trabaja de verdad e impedir que se nos vayan, La región, (24 de agosto de 2014)
http://consellodacultura.gal/mediateca/admin/fondos-documentais/editar-MM.php?MM=89140
Entrevista con María Teresa Miras Portugal en El correo gallego. 3 de maio de 2013
Fonte: Hemeroteca de El correo gallego [Consulta: 2023-03-28]
María Teresa Miras Portugal, presidenta da Real Academia de Farmacia, inaugura o curso 2012 da RANF
Fonte: Real Academia Nacional de Farmacia.
https://www.ranf.tv
Miras Portugal en M+C Muller e Ciencia de Galicia. 2008
Fonte: https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/gl/premio-maria-josefa-wonenburger/maria-teresa-miras-portugal [Consulta: 2023-03-23]
María Teresa Miras-Portugal, presidenta da Real Academia de Farmacia, defende un cambio organizativo da carreira farmacéutica. ibercampus.com, ( 22 de xaneiro de 2007)
Fonte: Ibercampus: Espacio euroiberoamericano de diálogo sobre la innovación social, profesional y académica
María Teresa Miras Portugal no DB-e da Real Academia de la Historia
Cascales Angosto, María e Rodríguez Artalejo, Antonio: «María Teresa Miras-Portugal», https://dbe.rah.es/
Fonte: https://dbe.rah.es/biografias/maria-teresa-miras-portugal [Consulta: 2023-03-22]
Espazo de María Teresa Miras Portugal na páxina web da Universidad Complutense
Fonte: https://produccioncientifica.ucm.es/investigadores/146858/detalle [Consulta: 2023-03-22]
A bioquímica Miras Portugal na Real Academia de Doctores de España
Fonte: https://www.radoctores.es/academico.php?item=26 [Consulta: 2023-03-23]
María Teresa Miras Portugal no portal web da Real Academia de las Ciencias Veterinarias de España, da que foi académica de número
Fonte: Real Academia de Ciencias Veterinarias de España
https://www.racve.es/academicos/maria-teresa-miras-portugal/ [Consulta: 2023-03-23]
A produción científica de María Teresa Miras Portugal na Biblioteca Nacional
Fonte: https://datos.bne.es/persona/XX1534877.html [Consulta: 2023-03-23]
Videos
Entrevista a María Teresa Miras na canle da Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular (SEBBM)
Fonte: Canal oficial da SEBBM en YouTube
Entrevista a Miras Portugal no programa Trivium de Popular Televisión de Murcia. 11 de outubro de 2016
Fonte: Popular Televisión R. Murcia / youtube.es
https://www.youtube.com/watch?v=2Vcpey6o87w [Consulta: 2023-03-23]
Sesión de La mujer en la ciencia farmacéutica" na que participa María Teresa Miras Portugal. Ateneo de Madrid, 26 de febreiro de 2018
Fonte: Ateneo de Madrid / Youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=Tu4l4V5btwk [Consulta: 2023-02-23]