Xesús Canabal
O Pino, 3/1897 - Montevideo, 29/8/1985O papel de Suevia, o amor por Galiza
Desde a súa chegada a América, Canabal estivo sempre vencellado ao galeguismo. En Montevideo presidiu o Banco de Galicia a Casa de Galicia da que foi Presidente, a Irmandade Galeguista, o Patronato da Cultura Galega (foi un dos seus socios fundadores, ademais de Tesoureiro na primeira Xunta Directiva e no exercicio 1965-66; Vicepresidente en 1966-1968) e promoveu a audición radial "Sempre en Galiza", emitida íntegramente en galego por Radio Carve, con cobertura por todo o territorio uruguaio e gran parte de Arxentina. En 1945 foi Presidente da Comisión de Sanidade de Casa de Galicia. En 1956 foi nomeado Presidente do Congreso da Emigración Galega, que se desenvolveu en Bos Aires e no que participaron os máis destacados dirixentes do exilio galego. Durante as décadas dos 50 e 60 Canabal realizou varias viaxes a Europa. Nun deles, en París en 1958, César Alvajar e Ramón Suárez Picallo propuxérono, en representación do Consello de Galiza, como Ministro delegado da República no exilio, cargo que ocupou desde maio de 1958 ata febreiro de 1962.
Faleceu en Montevideo en 1985.
Como citar: Xesús Canabal. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=646. Recuperado o 28/11/2023
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Jesús Canabal e a emigración no Uruguai
Presentamos unha serie de documentos que amosan a relevancia de Jesús Canabal na emigración no Uruguai.
Contidos:
- Programa dun festival, 24/11/1917
- El Plata, Montevideo, 25/07/1956
- La Noche, Santiago de Compostela, 18/02/1957
- «Importante del País»,
Epístolas de
Carta da Asociación Española de Socorros Mutuos de Montevideo asinada polo seu presidente Jesús Canabal e por Carlos Mª Rodríguez Blanco como secretario, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1953.
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA 1ª DE SOCORROS MUTUOS
–––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
ADM. Y SANATORIO: BVARD. ARTIGAS Y PALMAR - MONTEVIDEO
Montevideo, Agosto 8 de 1953.-
Sr. Luis Tobío
De nuestra mayor consideración:
El Consejo Directivo de la Asociación Española Primera de Socorros Mútuos, se honra en designar a Ud. como miembro de la Comisión de Honor que prestigiará los actos conmemorativos de nuestra efeméride centenaria y con ella, la iniciación del Mutualismo en América, y que será presidida por el señor Presidente del Consejo Nacional de Gobierno, don Andrés Martínez Trueba, quien nos dispensó la distinción de aceptar el cargo.-
La circunstancia que conmemoramos, más que el triunfo de una institución particular, debe ser interpretado como un triunfo de la idea mutualista en el país. Ha sido la iniciativa en si misma, la noble intención que inspira el servicio mutual, lo que ha permitido desenvolverse a esa institución durante tan largo período de tiempo; y han sido las instituciones del país, sus libertades, su incesante espíritu de progreso, los que han permitido el desenvolvimiento del principio mutualista.-
La institución que presido cuenta de antemano con su aceptación de este cargo, pidiéndole de manera especial que si Ud. tuviera algún inconveniente en aceptarlo se dignara hacerlo saber a la Secretaría de la misma.-
Descontando de antemano el honor que para nosotros significa su nombre en la Comisión respectiva y agradeciéndole esta circunstancia, aprovechamos la oportunidad para saludar a Ud. con nuestra más alta y respetuosa consideración.-
JESUS CANABAL [sinatura autógrafa]
Presidente
CARLOS MA. RODRIGUEZ BLANCO [sinatura autógrafa]
Secretario
AÑO DEL CENTENARIO
1853-25 DE SETIEMBRE - 1953
JOSE Mª BUYO
FUNDADOR
PRIMERA MUTUALISTA DE AMÉRICA - FUNDADA EL 25 DE SETIEMBRE DE 1853
Carta do Patronato Rosalía de Castro, delegación de Uruguai, asinada por Xesús Canabal (presidente) e Ángel Martínez Barros (secretario) dirixida a Lois Tobío Fernández, 1955.
PATRONATO ROSALÍA DE CASTRO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
––––––––––––––––––––––
DELEGACIÓN URUGUAYA
SAN JOSE 870
MONTEVIDEO
––––––––––
Montevideo, 10 de agosto de 1955.
Dr. Luis Tobío
Calle 26 de Marzo, 1089.
Ciudad.
Distinguido compatriota:
Nos es sumamente grato testimoniar a Vd. nuestro profundo agradecimiento por la muy valiosa colaboración prestada en el acto artístico-literario realizado el 15 de Julio ppdo. en homenaje a nuestra excelsa Rosalía de Castro.
Contando con colaboradores como Vd. nos sentimos respaldados a la vez que nos sirve de estimulo en nuestra labor de divulgación de nuestra cultura gallega.
Aprovechamos la oportunidad, para saludar a Vd. con nuestra consideración más distinguida,
POR PATRONATO ROSALIA DE CASTRO
DELEGACIÓN URUGUAYA
JUAN MARTÍNEZ CASTRO - [sinatura autógrafa]
Secretario.
JESÚS CANABAL - [sinatura autógrafa]
Presidente.
Carta de Xesús Canabal Fuentes a Lois Tobío Fernández, 1963.
JESUS CANABAL
MONTEVIDEO 29 de xaneiro de 1963
Sr.
Dr. Luis Tobio Fernández
Méndez Núñez 17
MADRID, 14
Moi estimado Don Luis:
Recibín a súa do dia 16, e alégrome moito de que todo se vaia arranxando e ademais con saúde.
O enteirarme que ainda non tiña noticias do pase de fondos, coidei que fora por causas da folga de carteiros que tivemos por 10 ou doce dias, pero supoño que agora xa deber tér confirmación.- A órden á Nova York foi polo Bank of América con data de 28 de nadal, é temos noticias que o día 4 de xaneiro foi feito o traspaso a Basileia.
En canto a Historia, siguen estudando con Barreiro a Empresa que se faga cargo da distribución, estando en discusión o desconto a convir.- Dentro d'esta operación, é que será tratado o seu asunto.- Don Manuel espera chegar a ésta o dia dous de fevreiro e pasará eiquí catro semanas de vacaciós.
Sin mais, con moitas ganas de facerlle unha visita, saúdos a todos os seus familiares e vostede reciba unha forte aperta de seu amigo
Jesús Canabal [sinatura autógrafa]
Av. Gral. Rondeau 2082
Referencias bibliográficas
- Alma Gallega. Órgano oficial de la Casa de Galicia Número extraordinario aniversario XXVIII de "Casa de Galicia. Semana Gallega", decembro de 1945, p.31 e p. 54.
- Casa de Galicia de Montevideo en el día de Galicia julio de 1946, p. 18.
- Galicia siglo XX La Voz de Galicia S.A. A Coruña(p. 226)
- Guieiro. Órgano do Patronato da Cultura Galega abril 1965, nº1, ano I, p. 2; novembro de 1966, n º 2, p. 2; xuño-outubro de 1989, nº 16-17, p. 6.
- Revista del Centro Gallego de Montevideo número extraordinario, xullo de 1925, Sección Anuncios, p. 135.
- PUIGGROS, E. et alii La Inmigración Española en el Uruguay. Catalanes, Gallegos y Vascos Organización de los Estados Americanos. Montevideo: Instituto Panamericano de Geografía e Historia. Serie Inmigración, Volumen VII, p. 82; 84 e 93.
- SAMUELLE LAMELA, Cristina La Emigración Gallega al Río de la Plata. Facultad de Ciencias Políticas e Socioloxía. Departamento de Antropoloxía Social. Madrid (p. 333 e 337)
Publicacións periódicas
Alma Gallega (1934-1967) .
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia