Constanza de Castro
Comarca da Mariña, 1454 - San Martiño de Pino, Cospeito, 1485Autoría: Marica Campo
A filla rebelde do Mariscal Pardo de Cela
A semellanza da do seu pai, a vida de Constanza de Castro é un mundo de incógnitas difíciles de resolver. Aínda así, abondan as certezas que dela temos para lle facer un espazo na galería de mulleres singulares de Galiza.
Probablemente naceu no actual concello de Alfoz. Filla de Pedro Pardo de Cela, o Mariscal, e de Isabel de Castro, era neta por vía materna de don Pedro Álvarez Osorio e de dona Beatriz de Castro, condes de Lemos, e bisneta do Duque de Arjona. Foi descendente de reis, de Mestre de Santiago, de Condestable de Castela e do conde de Trastamara, así como parente do rei don Fernando e de Isabel a Católica.
Casou Constanza de Castro en primeiras nupcias con Galaor Osorio. O conde de Lemos refírese a el como primo na cesión que lle fai en 1460 da vila de Castro de Rei pola súa vida e a dun fillo, «en calidade de feudo e de servilo coa súa xente, para que casase con Constanza, filla de Pedro Pardo de Cela, e declarou Galaor que aos dous meses de casado llo volvería porque só se trataba de que casase con mellor partido», como informa Amor Meilán. Mais son moitos os autores que colixen que era fillo bastardo do conde, polo tanto tío da filla do Mariscal. Sempre estará de parte do conde, mesmo en contra da causa do sogro, tal como aconteceu cando este apoiou a Fernán Díaz de Ribadeneira, home da súa filla Beatriz, na construción do castelo de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Pola oposición do conde de Lemos, prodúcese unha loita armada en que o Mariscal é feito prisioneiro polo propio xenro. Nada se sabe da postura adoptada por Constanza, mais podemos supoñer as dificultades do seu matrimonio, que, pola vía que fose, foi disolvido. O arquivo da Casa de Alba garda o testamento outorgado por Galaor Osorio en Ponferrada o 13 de maio de 1480, no que fai referencia á cesión que lle fixera o conde de Lemos das terras de Castro de Rei por mor de que casara coa filla do Mariscal e dá a orde de que, tras a súa morte, lle sexan restituídas ao devandito conde. Pardo de Guevara sinala a posibilidade de que, xa de idade avanzada, abrazara o estado relixioso na década dos noventa; porque un homónimo seu, vinculado á Casa de Lemos, figura como arcediago do Bierzo, na igrexa de Astorga.
En segundas nupcias Constanza de Castro casa co seu sobriño Fernán Ares de Saavedra. Este era fillo de don Ares Vázquez de Parga e de dona Constanza López de Saavedra, sobriña esta última do Mariscal. Con el tivo unha filla, Constanza de Saavedra, que había casar con don Pedro de Miranda. Dela descende a maioría da nobreza galega.
Axustizado o Mariscal o 17 de decembro de 1483 tras unha longa resistencia fronte aos mandados dos Reis Católicos, a súa dona, Isabel, e mais Beatriz, a outra filla, emprenderon toda unha serie de accións legais para recuperar os bens de que foran desposuídas. Dona Constanza decidiu apoiar o seu home, continuando a loita iniciada polo seu pai. Na torre do Castelo de Vilaxoán, tamén chamado Caldaloba, na parroquia de San Martiño de Pino, resistiron o asedio de Diego López de Haro un ano máis ou menos. Cegados os mananciais que abastecían o castelo, beberon a auga contaminada dun alxibe e enfermaron todos. Dona Constanza morreu e Fernán Ares foi ferido pola pedra dun trabuco. El e os seus homes serían axustizados de non mediar Diego de Andrade. Como outros nobres galegos, salvou a vida a cambio de ir loitar contra os mouros en Málaga.
Cómpre non caer no erro bastante divulgado (por exemplo, nos perfís de Constanza de Castro publicados na Wikipedia ou en Pangalaica) de identificar a filla do Mariscal cunha homónima súa e contemporánea, a Beata Constanza de Castro, soterrada no convento de San Francisco en Viveiro. Esta estivo casada con Rui Díaz de Andrade, señor de San Pantaleón das Viñas (Betanzos), morto na toma de Granada.

Como citar: Campo, Marica : Constanza de Castro. Publicado o 1/1/2010 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=771. Recuperado o 28/03/2024
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Constanza de Castro (poema)
Poema de Marica Campo lido nun acto a prol da conservación da torre da Caldaloba
Ligazóns de interese
Referencias a Constanza de Castro na ruta do Mariscal Pardo de Cela
[última consulta: 13/08/2021]
Liñaxes de Castro de Rei, inclúe unha xenealoxía da Casa de Lemos á que pertence Constanza de Castro. Don Galaor Osorio figura como fillo lexítimo do conde, cousa que non é certa a teor da documentación existente.
[última consulta: 13/08/2021]
GENEALOGÍA BERMÚDEZ DE CASTRO La web de los Bermúdez de Castro
[última consulta: 13/08/2021]
Referencias bibliográficas
- GARCÍA ORO, J.: “Pedro Pardo de Cela: Unha encomenda que remata en traxedia”, en Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza , Noia (A Coruña), Toxosoutos,
- MEILÁN GARCÍA, A.X.: O “mito” do Mariscal Pardo de Cela. Historia, Lendas e Literatura . Lugo, Asociación cultural O mundo de Galea,
- PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, E.J.: El mariscal Pardo de Cela . Lugo, Alvarellos,
- PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, E.J.: “La descendencia de don Pedro Álvarez Osorio”, en Los señores de Galicia. Tenentes y condes de Lemos en la Edad Media , A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- VICETTO, B.: “Desde 1480 hasta 1485” , en Historia de Galicia. Tomo VI , A Coruña, Editorial,
- VILLARES, R.: A Historia , Vigo, Galaxia,