Sons da Terra

sons_da_terra.jpgOs cincuenta sons da terra que agora lles presentamos forman parte das cento vintesete gravacións que os técnicos de son Jesús Villares e Roberto Díaz efectuaron como parte integrante do seu proxecto fin de carreira, presentado na Escola de Imaxe e Son da Coruña en xuño de 1993. Para realizaren esta ampla escolma de sons característicos da Galicia tradicional, natural e humana, contaron cos medios técnicos da Escola e percorreron os camiños de Arteixo, Camariñas, Cambre, Fisterra, Malpica, San Sadurniño e Oleiros na Coruña e as terras de Abadín, O Corgo, O Valadouro e Vilalba en Lugo. Posteriormente, Michel Canadá realizou a selección e montaxe dos sons aquí escolmados nos estudos do Laboratorio de Creación Sonora da Coruña.

A.V.-M.F.

O FEITIZO

Este CD é un universo e cada son, unha historia. Tense dito que a música é a linguaxe da alma. O científico James Lovelock retomou o concepto de Gaia, a deusa grega, a antiga Nai Terra, para falarnos do planeta como un todo vivinte. Eu imaxino a alma da vella Gaia repousando tranquila nun cabezal de poma, no intervalo dos esrondos que a firen mentras escoita esta sinfonía cotiá de campá e merlo.

Hai que estar agradecidos aos feiticeiros porque se hai unha palabra que explique esta colleita esta é a de feitizo. Esta caixiña minúscula, cativa petaca, contén eternidades. A balada do mar e do vento. O folk do grao e do arado. O blues da fonte e do carro. Non os podemos escoitar como sons abstractos porque sabemos que tras o varrer das xestas, o andar das zocas e o lume da lareira hai un conto ho9norable, destilado pola memoria.

Pechade os ollos. Escoitade. Corre un regato. Son as veas de Gaia. As nosas veas.

Manuel Rivas

OS SONS:

Ondas Suaves Na Praia De Sta. Cruz (Oleiros, A Coruña)

Mar Sereno En Mera (Oleiros, A Coruña)

Temporal Na Torre De Hércules (A Coruña)

Barcos Chegando A Porto De Noite (A Coruña)

Regato Pequeno En Sin Simón (O Corgo, Lugo)

Río En Tramo Medio, Samarugo (Vilalba, Lugo)

Fervenza En Cecebre (Cambre, A Coruña)

Fonte Con Pouca Auga En Sta. Cruz (Oleiros, A Coruña)

Chuvia Na Eira En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Vento En Fisterra (Fisterra, A Coruña)

Vento Na Carballeira De Uxes (Arteixo, A Coruña)

Colmea En Naraio (San Sadurniño, A Coruña)

Grilo En Sta. Cruz (Oleiros, A Coruña)

Gaivotas No Porto Da Coruña.

Cuco En San Simón (O Corgo, Lugo)

Merlo En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Ovellas Con Años En Naraio (Arteixo, A Coruña)

Cans Ladrando Na Serra Do Xistral (Valadouro, Lugo)

Lobos Ouveando Na Serra Do Xistral (Valadouro, Lugo)

Porcos Comendo En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Matanza / Porco Morrendo En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Vacas Con Chocallo Pacendo En Labrada (Abadín, Lugo)

Vaca Muxindo En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Cantar Do Carro Subindo En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Rozando Nos Toxos En San Simón (O Corgo, Lugo)

Arando En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Afiando Na Moa En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Cravuñando A Gadaña En Sta. Cruz (Oleiros, A Coruña)

Peneirando Gran En San Simón (O Corgo, Lugo)

Picando Leña Con Machado En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Andar Con Zocas En San Simón (O Corgo, Lugo)

Andar Sobre Follas Secas En San Simón (O Corgo, Lugo)

Moendo No Muiño Con Varolo E Sen El. San Simón (O Corgo, Lugo)

Varrendo Con Vasoira De Xestas En San Simón (O Corgo, Lugo)

Lume Nunha Lareira De Samarugo (Vilalba, Lugo)

Palilleiras No Seu Obradoiro De Camariñas (A Coruña)

Fiando Na Roca (Oleiros, A Coruña)

Cardando No Liño (Oleiros, A Coruña)

Carpinteiro Garlopando (A Coruña)

Oleiro Amasando O Barro En Buño (Malpica, A Coruña)

Canteiros Con Cicel E Martelo En Sta. Cruz (Oleiros, A Coruña)

Zoqueiro Con Trade En Samarugo (Vilalba, Lugo)

Ferreiro Petando Na Zafra En Naraío (S. Sadurniño, A Coruña)

Estación Eólica De Cabo Vilano (Camariñas, A Coruña)

Son Ambiente No Porto Mariñeiro De Laxe (A Coruña)

Son Ambiente Da Lonxa Da Coruña

Son Ambiente De Samarugo (Vilalba, Lugo)

Son Ambiente Da Feira De Gontán (Abadín, Lugo)

Son Ambiente Do Mercado Da Coruña

Campás Chamando Á Misa En San Simón (O Corgo, Lugo)

Son Ambiente Da Festa En San Simón (O Corgo, Lugo)

FICHA TÉCNICA:

Idea e gravación: Jesús Villares Cuba e Roberto Díaz Díaz
Coordinación e montaxe: Michel Canadá
Estudios da Escola de Imaxe e Son 1993
Deseño portada: Ignacio Pardo
Coordinación editorial: Afonso V. Monxardín Fdz.
Edición: Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega)
Ano: 1993