Especial

Begoña Caamaño. Día das Letras Galegas 2026

Unha autora entre o mito e o presente
Begoña Caamaño foi unha autora que participou da sociedade do seu tempo, relendo os mitos clásicos e medievais na súa escrita literaria, ou participando de numerosas causas sociais e políticas. O Consello da Cultura Galega reúne neste especial os diferentes materiais elaborados ao redor da súa vida e obra, desde fondos hemerográficos, publicacións ou o pulso informativo ao redor da súa figura neste ano.

Concerto das Letras 2026



Uxía Senlle celebra a Begoña Caamaño no tradicional Concerto das Letras. Será o 16 de maio de 2026, ás 20.30 h., no Auditorio Mar de Vigo (Vigo). Máis información
Begoña Caamaño nunha lembranza
Na presentación do facsímile do Libro das Amigas, a publicación coa que o CCG homenaxea a Begoña Caamaño, catro das súas amizades e familiares quixeron rememorar os momentos que viviron con Begoña ao longo da súa vida.
Uxía Senlle, Concha de la Fuente, Bea Caamaño e Amanda Álvarez compartiron as lembranzas da infancia, as tardes de música xunto ao mar e os anos de ondas de radio e loita sindical.
Begoña Caamaño no Álbum de Galicia
Unha voz imprescindible no feminismo galego. Biografía de Begoña Caamaño da man de Amanda Álvarez González.
Begoña Caamaño Rascado
Vigo, 1964 — Santiago de Compostela, 2014
Artigos de Begoña Caamaño
Os artigos de Begoña Caamaño reflicten as preocupacións do activismo do seu tempo. Escribiu sobre o antimilitarismo e os insubmisos, os conflitos armados no mundo, a discriminación das mulleres na política ou sobre o machismo que sufrían nos seus postos de traballo. Temas que axudan a explicar unha realidade e a entender desde o presente os dereitos conseguidos e o retos que aínda quedan por diante.

Velaquí unha escolma de textos en prensa de Begoña Caamaño, publicados nos anos 90 e 2000 nas revistas Ar! , Deliberadamente, Festa da palabra silenciada e A nosa Terra.

Ar!

Revista do movemento antimilitarista (1994-1996)

Deliberadamente

Revista das Mulheres Nacionalistas Galegas
Gram hermano
2000

Gram hermano

Caamaño, B. (Xullo, 2000). Gram hermano. Deliberadamente.

Festa da palabra silenciada

Revista feminista galega (1983 - actualidade)
Ser muller na radio
1990

Ser muller na radio

Caamaño, B. (Outono, 1990). Ser muller na radio. Festa da palabra silenciada, [40].

Morgana en Esmelle
2012

Morgana en Esmelle

Caamaño, B. (2012). Morgana en Esmelle. Festa da palabra silenciada, (28), [87].

A Nosa Terra

Semanario nacional galego
Haití
1994

Haití

Caamaño, B. (12 de maio de 1994). Haití. A Nosa Terra, (621), p. 19.

Haití
1994

Haití

Caamaño, B. (4 de agosto de 1994). Haití. A Nosa Terra, (633), p. 28.

Cabo Verde
1994

Cabo Verde

Caamaño, B. (20 de outubro de 1994). Cabo Verde. A Nosa Terra, (644), p. 32.

O non das loiras
1994

O non das loiras

Caamaño, B. (8 de decembro de 1994). O non das loiras. A Nosa Terra, (651), p. 32.

Xenocidio
1995

Xenocidio

Caamaño, B. (30 de marzo de 1995). Xenocidio. A Nosa Terra, (667), p. 32.