Visita a exposición Descarga o catálogo da exposición
Cantigas de Santa MarÍa
Autoría: Afonso X Limiar: Henrique Monteagudo, Ramón VillaresAs Cantigas de Santa María constitúen simultaneamente un dos monumentos máis representativos da arte europea coeva, a maior colectínea mariana da idade media e un dos cumes da literatura galega de todos os tempos.
Esta segunda edición facsímile do coñecido como “Códice de Toledo†(códice To) das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio realízase co gallo da conmemoración do XXV aniversario da creación do Consello da Cultura Galega.
Cantigas de Santa María:
Códice de Toledo (To)
Autor: Afonso X
Transcrición: Martha E. Schaffer
Edición: Henrique Monteagudo
As Cantigas de Santa María constitúen unha das obras máis importantes saídas do obradoiro literario de Afonso X de Castela e León, e un dos monumentos artísticos móis valiosos e representativos da cultura europea medieval. Esta obra chegou a nós mediante catro manuscritos coetáneos, que representan tres edicións sucesivas, cada cal máis ampla, da vasta colección mariolóxica afonsina. O menos coñecido deses catro manuscritos é o Códice de Toledo (To). Non obstante, ese códice ten un interese especial para os estudosos, pois parece representar unha edición temperá da obra, sendúbida a máis antiga das hoxe coñecidas, e tal vez a primeira revista e acrecentada. Os ambientes especializados, que hai tempo veñen revalorizandoo testemuño de To, reclamaban unha reprodución fotográfica de calidade, que facilitase a consulta e estudo deste manuscrito nas súas distintas facetas, desde as puramente materiais ou anecdóticas, ata as literarias, lingüísticas e musicais.
Pdf Ficha