
Xela & Gianni
Os Contos ao teléfono de Gianni Rodari son boa mostra da actividade de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. O libro foi publicado pola editorial Juventud en 1986.
Neste especial, a tradución de Xela e Valentín Arias cobrou vida a través da voz de Charo Pita, ofrecendo doce contos que son tamén un convite a soñar coa fantasía de Rodari. Os contos foron accesibles de xeito libre e gratuíto neste sitio web ata xuño de 2022, durante o periodo acordado cos herdeiros do autor para a súa difusión. Se vostede desexa consultalos, pode facelo contactando co Arquivo Sonoro de Galicia.Do orixinal de Gianni Rodari: Favole al telefono © The Estate of Gianni Rodari.
Publicado consonte a Axencia Literaria Piergiorgio Nicolazzini (PNLA).
Ilustración: Bea Gregores
Xela Arias: A tentativa de traducir a fantasía
Montse PenaSobre a narradora
Charo Pita
Nacín a idade de seis anos cando rematei de ler o meu primeiro libro. Comecei a narrar historias no ano 1994. Dentro da fabulación, unha das miñas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música. Gañei algúns premios literarios e levo publicados máis dunha ducia de libros para a cativada: Andar aos biosbardos, Oxalá estiveses aquí,Velliñas, Quen pode vencer o vento, A rúa da Tixola… A miña última aventura foi gravar un disco infantil con poemas musicados titulado No país do vento.
Xela e Gianni

Foto de Xela Arias: Xulio Gil.