Rosendo Salvado: Valedor do pobo aborixe

Exposición. Rosendo Salvado

Rosendo Salvado: Valedor do pobo aborixe

No Mosteiro de Samos (Samos), do 3 de xullo ao 3 de agosto de 2014
Samos
Exposición
Rosendo Salvado

Rosendo Salvado: Valedor do pobo aborixe

No Mosteiro de Samos (Samos), do 3 de xullo ao 3 de agosto de 2014 Samos

O Consello da Cultura Galega, neste ano 2014, en que se conmemoran douscentos anos do nacemento de Rosendo Salvado, quere lembrar a figura deste galego egrexio con diferentes actividades, entre as que sobresae a organización desta exposición conmemorativa que se inaugura en Tui o 1 de marzo, data do seu nacemento, e despois, en Santiago, o 3 de abril, en San Martiño Pinario, mosteiro onde transcorreron os anos da súa formación.


Esta exposición ten un obxectivo claramente orientado a destacar o labor de Salvado a prol dos aborixes australianos e de aí o seu título, Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe. Resaltarase nela o talante decidido e arriscado do bieito galego nos seus primeiros contactos cos nativos, así como o tacto, intelixencia e discreción con que realiza a inmersión na súa cultura e tradicións. Tamén, ao par do seu idealismo misioneiro, o seu sentido organizador fóra do común, planificando con detalle cada un dos pasos que se daban na construción da abadía de Nova Nursia e na consolidación da explotación agrogandeira que a sustentaba. Así mesmo, a insistencia e a decisión coa que tivo que loitar en contra dun sentir xeral que consideraba as comunidades aborixes como etnias inferiores e practicamente irrecuperables para a civilización. E, finalmente, como o seu carácter xeneroso, aberto e comunicativo e a súa ampla cultura, humanista e musical pero tamén rica en saberes técnicos, lle abriron moitas portas e serviron para amolecer moitas vontades que non miraban, inicialmente, os seus proxectos cos mellores ollos.


Esta exposición é o colofón dun seminario do que podes consultar aquí toda a información

LUGAR

LUGAR
Mosteiro de Samos
Avenida Compostela, 1
27620 Samos
Lugo

Publicación
Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe
Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe Galicia - Australia, 1814-2014
Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Comisariado. | 2014
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 1/3/2014
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Rosendo Salvado
Rosendo Salvado: Valedor do pobo aborixe
Cando
No Mosteiro de Samos (Samos), do 3 de xullo ao 3 de agosto de 2014
Onde
Samos
Enderezo

LUGAR
Mosteiro de Samos
Avenida Compostela, 1
27620 Samos
Lugo

Organiza
Consello da Cultura Galega
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)