encontro

Romanarmy.eu Unha xanela aberta ao estudo e á divulgación da presenza militar romana no noroeste peninsular

Xoves, 12 de maio de 2016
Romanarmy.eu Unha xanela aberta ao estudo e á divulgación da presenza militar romana no noroeste peninsular

Nos últimos anos do século pasado produciuse na rexión cántabra o descubrimento dunha serie de sitios arqueolóxicos chamados a cambiar a historia da conquista romana do norte peninsular. Grazas ao desenvolvemento das técnicas prospectivas, estes campamentos de campaña, practicamente descoñecidos ata entón na Iberia, comezaron a localizarse rapidamente nas áreas ástur, leonesa e, finalmente, galaico-portuguesa. Nesta pequena revolución arqueolóxica, o impacto das técnicas de teledetección (fotografía aérea e por satélite, LiDAR aéreo, etc.) e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) foi fundamental e permitiu o desenvolvemento de metodoloxías de baixo custo. Deste xeito, abriuse a disciplina ás achegas dun maior número de persoas, democratizándoa e permitindo a superación dos estritos límites académicos e especializados.

Romanarmy.eu xorde, dunha banda, como resposta natural a esta dinámica, intentando explorar as potencialidades desta liña de investigación, reforzándoa alí onde amosa as súas debilidades, e procurando entender mellor o modo en que se articulou a presenza militar romana nestas rexións e cal foi o seu impacto sobre as paisaxes arqueolóxicas mediante a adopción de perspectivas multidimensionais. Por outra, é a forma en que cristalizan as traxectorias confluentes dun conxunto de novos investigadores preocupados pola necesaria divulgación do noso patrimonio arqueolóxico e cultural. A través dunha linguaxe narrativa e visual, axeitada aos tempos en que vivimos, procuramos non só achegar a nosa investigación ao gran público senón tamén facelo partícipe desta mesma.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: