A Galicia navegante no imaxinario literario

Inventio Mundi

A Galicia navegante no imaxinario literario

Fundación Barrié na Coruña, o 18 de setembro de 2020 ás 19:00 horas
A Coruña
Mesa redonda
Inventio Mundi

A Galicia navegante no imaxinario literario

Fundación Barrié na Coruña, o 18 de setembro de 2020 ás 19:00 horas A Coruña
No pasado ano 2019 conmemoramos o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada na Fundación Barrié e comisariada por Ofelia Rey Castelao, amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Para entender mellor a importancia das navegacións na nosa literatura, organizouse un faladoiro, coordinado e moderado por Olivia Rodríguez, que abordará a importancia que as navegacións tiveron na nosa Literatura baixo o título de A Galicia navegante no imaxinario literario e nela participarán Marilar Aleixandre, Manuel Bragado e Pemón Bouzas.

Será o venres, 18 de setembro ás 19:00 horas , na Fundación Barrié na
Coruña.

A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII» está organizada polo Consello da Cultura Galega e coa colaboración da Xunta de Galicia. Permanecerá aberta no Museo da Fundación Barrié dende o día 11 de setembro de 2020.
LUGAR
Fundación Barrié
Rúa Cantón Grande, 9
15003 A Coruña
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Mesa redonda.
Inventio Mundi
A Galicia navegante no imaxinario literario
Cando
Fundación Barrié na Coruña, o 18 de setembro de 2020 ás 19:00 horas
Onde
A Coruña
Enderezo

Fundación Barrié
Rúa Cantón Grande, 9
15003 A Coruña

Coordinación
Olivia Rodríguez González
Relator/a
Marilar Aleixandre
Pemón Bouzas
Manuel Bragado
Organiza
Consello da Cultura Galega