A actividade administrativa de fomento

Curso.

A actividade administrativa de fomento

Xestión cultural e sector público

20 de outubro de 2021
Santiago de Compostela
Curso

A actividade administrativa de fomento

Xestión cultural e sector público

20 de outubro de 2021 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega e a Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia colaboran na organización de dous cursos formativos sobre contratación pública e subvencións destinado a profesionais do sector cultural co fin de contribuír á revitalización da actividade cultural aproveitando o impulso económico do Xacobeo 2021-22.

A crise da COVID-19 supuxo durante o ano 2020 unha paralización sen precedentes do sector cultural e, no ano 2021, os límites na capacidade dos espazos e as restricións sanitarias seguen a supor un obstáculo á recuperación económica do sector.
O panorama cultural precisa dunha estratexia global de actuación, dentro da cal o fomento da actividade cultural é fundamental. Os mecanismos de financiamento que os entes do sector público poden pór a disposición das persoas físicas e xurídicas que operan no sector contribuirán á revitalización da actividade cultural, especialmente aproveitando o impulso económico do Xacobeo 2021-22.

Non obstante, a actividade administrativa de fomento e cada unha das súas posibles manifestacións implican o cumprimento de diversos requisitos e condicionantes dende o punto de vista xurídico que deben ser coñecidos polo operadores e que, na maior parte das ocasións, non transcenden fóra da Administración.

Este curso pretende unha sinerxía entre o xurídico e o cultural, dando transparencia ás posibilidades da actuación do sector público no ámbito do fomento, debatendo cos operadores culturais a forma máis axeitada de conxugar as posibilidades que a normativa ofrece coas súas necesidades e explicando a natureza xurídica de cada figura, os procedementos aplicables e os requisitos xurídicos esixibles.

Público ao que se dirixe:

Para lograr a sinerxía descrita o curso vai dirixido especialmente a todos os operadores do sector cultural: actores, actrices, produtores/as teatrais e cinematográficas, editores/as, as súas entidades representativas etc. A todo o persoal ao servizo das Administracións Públicas e entidades dependentes encargadas da tramitación e resolución dos expedientes administrativos de fomento cultural. Por último, ao público en xeral, que debe coñecer o funcionamento da actuación pública no eido cultural, no que existe unha forte implicación social.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A xornada emitirase en directo desde o web consellodacultura.gal, onde permanecerá para consultas futuras.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Curso.
A actividade administrativa de fomento
Xestión cultural e sector público
Cando
20 de outubro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Relator/a
José Luís Benedito Cadórniga
María Isabel Novo Castro
Organiza
Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia
Consello da Cultura Galega