Humanismo e tecnoloxía

Foro Pensar o mundo dende Galicia

Humanismo e tecnoloxía

Xoves, 13 de abril de 2023
Santiago de Compostela
Ciclo
Foro Pensar o mundo dende Galicia

Humanismo e tecnoloxía

Xoves, 13 de abril de 2023 Santiago de Compostela
Dende 1983 ata hoxe o Consello da Cultura Galega leva corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen aos problemas e inquedanzas da sociedade galega no pasado, no presente e no futuro. Froito diso foi un amplo elenco de congresos, debates, xornadas, publicacións e informes. Recollendo o legado do feito na súa historia, mais con proxección cara ao futuro, o Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago de Compostela para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante. Dende Galicia, recollendo a tradición iniciada hai máis dun século pola Xeración Nós e polo Seminario de Estudos Galegos, aspiramos a repensar o mundo e a sermos unha célula de universalidade.

Humanismo e tecnoloxía

Cales son os desafíos da nova cultura dixital? Que dereitos temos as persoas ante o acelerado desenvolvemento da intelixencia artificial (IA)? A segunda das xornadas do foro, que será coordinada por Carmen García Mateo, catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e membro do Consello da Cultura Galega, tratará a cuestión da intelixencia artificial desde o punto de vista das súas posibilidades tecnolóxicas, sen esquecer as consecuencias a nivel cultural, ético e social. Tratarase a necesidade de regulación da IA (Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial e outras iniciativas), a existencia de nesgos de xénero ou idade, os grupos de persoas excluídas, a tensión entre tecnofobia e tecnofilia e como a ética e o pensamento crítico deben estar sempre presentes en todos os usos da IA.

ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal

Foro: Pensar o mundo desde Galicia
· 09 marzo: A información no mundo da posverdade
Coordina: Xosé López García
· 13 abril: Humanismo e tecnoloxía
Coordina: Carmen García Mateo
· 11 maio: A calidade da democracia
Coordina: Ramón Máiz
· 08 xuño: O galego e o desafío das sociedades multilingües
Coordina: Dolores Vilavedra
· 13 xullo: Feminismos en movemento: retos de futuro
Coordina: Carme Adán
· 21 setembro: Sustentabilidade e límites planetarios ao crecemento
Coordina: María Loureiro
· 19 outubro: Territorio, patrimonio e identidade
Coordina: Rebeca Blanco Rotea
· 09 novembro: Modelos para unha economía da cultura
Coordina: Xosé Carlos Arias
Ficha técnica 
Ciclo.
Foro Pensar o mundo dende Galicia
Humanismo e tecnoloxía
Cando
Xoves, 13 de abril de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carmen García Mateo
Participante
Amparo Alonso Betanzos
Brais González Arribas
María del Carmen López Pérez
Relator/a
Andoni Alonso
Nerea Luis
Organiza
Consello da Cultura Galega