Céltiga

Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs



Céltiga foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina entre 1924 e 1932. Eduardo Blanco-Amor, Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo foron os directores literarios dunha publicación pola que desfilaron Castelao, Maside, Suárez Couto, Francisco Asorey, Luis Ksado… Un expoñente de galeguidade que repousaba en varios sitios (Fundación Penzol, Universidade de Santiago, Real Academia Galega, Instituto Sarmiento) e que agrupamos, dixitalizamos e poñemos ao teu dispor.

Céltiga

Subtítulo
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs

Lugar
Bos Aires, Arxentina
Data de inicio
30/09/1924
Data de fin
25/07/1932
Fundación
Domingo Rial Seijo
Ramón Peña
Dirección
Domingo Rial Seijo (dirección). Ramón Peña (dirección). Adolfo Vázquez Gómez (dirección literaria). Eduardo Blanco Amor (dirección literaria). Eliseo Pulpeiro (dirección literaria). Ramón Suárez Picallo (dirección literaria).
Periodicidade
Quincenal, aparece os días 10 e 25 de cada mes
Idioma
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato
28,5 x 20 cm
Número de páxinas
Variable entre 32 e 40, pero increméntase nos números extraordinarios
Prezo
N.º solto: 0,20-0,30$; 6 meses: 3$; 1 ano: 6$; España (1 ano): 18 ptas.; Exterior (1 ano): 3 $ ouro
Lugares de distribución
Ten axencias en Galicia e Uruguai. Tamén ten axentes-correspondentes en moitas cidades arxentinas (Córdoba, Bahía Blanca, La Plata, Avellaneda, Tandil, Mendoza, Río Gallegos, etc.); Asunción, Santiago de Chile, Baía, Punta Arenas, Antofagasta
Enderezo da redacción
C. Pellegrini, 62. Cangallo, 910. Garay, 2563. Gascón, 329-333. Mayo (Avenida), 1370, 8º.
Imprenta
Impta. López y Cª (Bolívar, 525) . La Gráfica (Parana, 333) . Talleres Gráficos A. de Martino (24 de noviembre, 47-65) . Talleres Gráficos Virs (Bos Aires) .
Equipo e colaboradores
Domingo Rial Seijo (xerencia). A. Castro Seijo (colaboración). A. Zapata García (colaboración). Alfonso R. Castelao (colaboración). Antón Alonso Ríos (colaboración). Antonio Noriega Varela (colaboración). Avelino Díaz (colaboración). E. Montes (colaboración). E. Paz Hermo (colaboración). Eduardo Blanco Amor (colaboración). F. Lorenzo Rico (colaboración). Francisca Herrera Garrido (colaboración). José Peña (colaboración). Julio Sigüenza (colaboración). Lino Pérez (colaboración). Luis Bouza Brey (colaboración). Manuel Oliveira (colaboración). Ramón Cabanillas (colaboración). Ramón Lorenzo Garrido (colaboración). Ramón Suárez Picallo (colaboración). Roberto Blanco Torres (colaboración). Rogelio Rodríguez Díaz (colaboración). S. Guerrero (colaboración). Santiago Gómez Tato (colaboración). Vicente Barros (colaboración). Vicente Risco (colaboración). Vicente Tolosa (colaboración). Victoriano Taibo (colaboración). X. Lesta Meis (colaboración). Xosé Ares Miramontes (colaboración). Xosé Filgueira Valverde (colaboración). Xosé Núñez Búa (colaboración).
Contido
Revista cultural ilustrada, que conta coa colaboración de importantes personalidades galegas que abordan diferentes temas galegos, na que se observa a liña galeguista, que se acentúa coa inclusión da sección "Idearium Galeguista". As seccións "Motivos de Crónica" ou "El momento de Galicia" analizan a actualidade galega e da colectividade. A revista, nun intento por achegarlles aos lectores a realidade cultural galega, inclúe notas biográficas de artistas galegos, comentarios bibliográficos, reprodución gráfica da súa obra ou colaboracións literarias, así como a cultura contemporánea, principalmente a literatura arxentina ("Firmas sudamericanas", "Poetas argentinos", etc.). Tamén informa da actualidade galega, destacando as páxinas gráficas con noticias de Galicia ou a sección "Galicia Deportiva", noticias que se complementan con artigos en que se analizan diferentes aspectos da realidade galega (agricultura, política, etc.). Contén informacións da colectividade e das asociacións ("Por nuestras sociedades"); posicionándose en situacións concretas respecto á orientación de determinadas institucións como o Centro Galego de Bos Aires. Por último, inclúe notas da actualidade arxentina ("Teatrales", "Deportes") e páxinas dedicadas á muller e aos nenos ("Páginas infantiles", "Labores femeninas").
Observacións
Segundo Avelino Díaz, habería unha primeira época desta revista a comezos da década de 1920. En 1927, chégase a un acordo con J. R. Lence, director-propietario do Correo de Galicia, polo que as dúas publicacións mancomunan a súa administración en mans de D. Rial Seijo, e Lence ocupa cargo de asesor literario de Céltiga.
Publicidade
Moi abundante, con anuncios de establecementos comerciais, compañías de navegación, produtos de consumo, compañías de seguros, bancos, profesionais, etc.
Ilustracións
Publicación cun coidado deseño, que inclúe numerosas ilustracións, localizadas principalmente nas páxinas centrais. Aparecen fotografías (institucionais, de sociedades, paisaxes, motivos galegos, etc.), reproducións de obras dos artistas galegos máis destacados, debuxos e viñetas humorísticas.
Referencias bibliográficas
BLANCO CAMPAÑA, X. L. (1996): Radio e prensa na Galicia Exterior, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, p. 124-125.
SANTOS GAYOSO, Enrique (1990): Historia de la prensa gallega: 1880-1986, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, tomo I, p. 563.
Gran Enciclopedia Gallega (1974-1987), Gijón, Silverio Cañada, tomo VI, p. 99.
Accesibles en:
Consello da Cultura Galega, Biblioteca da Fundación Penzol, Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca do Museo de Pontevedra, Biblioteca da Real Academia Galega.
Institucións colaboradoras:

os exemplares


Ti podes axudarnos

Axúdanos a enriquecer o legado da cultura galega. Se posúes ou coñeces a existencia de fondos ou consideras que nos nosos arquivos xa publicados hai erros ou ausencias, agradecemos a túa participación. Fáinolo saber por correo electrónico ou por teléfono para incorporar nova documentación ao noso fondo dixital.

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
T: (+34) 981957202
Enderezo electrónico
biblioteca@consellodacultura.org