Andaina [1ª época]

Revista do movemento feminista-Galicia



Andaina [1ª época]

Subtítulo
N.º 0 - n.º 6: Revista do movemento feminista-Galicia.
N.º 7 - n.º 8: Revista do movimento feminista.
N.º 9 - n.º 24: Revista do Movimento Feminista Galego

Lugar
Santiago de Compostela
Data de inicio
1/1983
Data de fin
6/1991
Comezo-cese
N.º 0 (xan. 1983) - n.º 24 (xuñ. 1991)
Edita
Asamblea de Mulleres de A Coruña
Asamblea de Mulleres de Arousa
Asamblea de Mulleres de Pontevedra
Asociación Galega da Muller de Ferrol
Asociación Galega da Muller de Ourense
Asociación Galega da Muller “Pan e Rosas” de Santiago de Compostela
Coordinadora Feminista de Vigo
Grupos de Mulleres da Universidade
Grupos de Mulleres “Donicela” de Vigo
Movimento Feminista Galego
Periodicidade
Trimestral
Idioma
Galego
Formato
27 números. N.º 0 - n.º 1: 21,05 cm ancho x 31,05 cm alto. N.º 2: 21 ancho x 29,05 alto. N.º 4: 22,03 ancho x 30 alto. N.º 5: 22,03 ancho x 32 alto. N.º 6: 21,05 ancho x 31,03 alto. N.º 7 a 24 e 3 especiais: 21 ancho x 30 alto
Número de páxinas
Entre 15 e 30 páxinas
Prezo
N.º 1 - n.º 11 descoñecido, n.º 12 - n.º 14 e n.º 16 = 150 pts, n.º 15 e n.º 17 - n.º 24 = 200 pts
Financiamento
Fondos propios, publicidade, subscricións, venda
Publicidade
Publicidade de locais e establecementos como bares, librerías ou perruquerías
Lugares de distribución
Venda e subscricións
Descrición
Publicación trimestral, ilustrada, editada en Santiago de Compostela e potenciada polas organizacións que deron en conformar a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas. Nace co obxectivo de dar voz á produción de todas as mulleres e organizacións feministas que queiran participar. A revista fornece un espazo crítico para o debate, o pensamento, a memoria e a acción feminista en todos os ámbitos de relacións sociais. Aborda temas relevantes para o movemento feminista en cada momento o que a converte nunha importante fonte documental. Na primeira época, que vai desde 1983 a 1991, presentase co subtítulo Revista do Movemento Feminista – Galicia e abrangue un total de 24 números e tres especiais. Os catro primeiros números están impresos en tinta violeta sobre papel branco e a partir dos números 5 e 6, ambos realizados en tinta negra sobre papel rosa, estabiliza a tipografía e o formato de cabeceira. Do número 7 en diante presenta papel estucado a cor na portada e contraportada e emprega o branco e negro nos interiores; a partir do número 11 emprégase a maqueta característica deseñada por Uqui Permui.
Observacións
O n.º 3 non existe. A colección conta con 24 números máis tres especiais: 8 marzo de 1985 e 1986 e 11 de outubro de 1986
Ilustracións
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con certo recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos
Fondos depositados en
Consello da Cultura Galega.
Época
Primeira de dúas épocas
Tiraxe
Entre 250 e 300 exemplares
Referencias bibliográficas

Andaina”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 14.

“Andaina 1983-1998”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 20 (maio 1998), p. 32-33.

BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº7 (outono 1990), p. 93.

BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.

BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.

“Enquisa sobre o interese da existencia da revista Andaina”. Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 14-17.

GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.

“Hemeroteca Andaina”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 10.

“Facer Andaina”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 13.

“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.

Institucións colaboradoras:

os exemplares


Ti podes axudarnos

Axúdanos a enriquecer o legado da cultura galega. Se posúes ou coñeces a existencia de fondos ou consideras que nos nosos arquivos xa publicados hai erros ou ausencias, agradecemos a túa participación. Fáinolo saber por correo electrónico ou por teléfono para incorporar nova documentación ao noso fondo dixital.

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
T: (+34) 981957202
Enderezo electrónico
biblioteca@consellodacultura.org