Francisco Añón
Outes, 9/ 10/1812 - Madrid, 20/4/1878Autoría: Xurxo Martínez González
Unha voz inaugural do Rexurdimento
Narrouse como certo o estado de miseria no cal morrera o poeta. Mais nos momentos postremeiros á defunción crearase un certo debate. Todo por causa dunhas liñas xornalísticas nas cales se facía referencia a esta delicada condición.
Victorino Novo García, amigo de Añón, saíu solícito a corrixir aquel erro. Mais, á vista do resultado, con pouco éxito. Segundo a súa versión, o poeta vivira os últimos días na casa de Federico Romaña, acompañado e ben atendido. No hospital recibiría visitas. E finalmente ao seu enterro, custeado por Montero Ríos, acudiron amigos de andainas.
José López de la Vega tamén ratificaba a súa situación precaria, humilde e modesta, pero non definida como de
miserianin de
orfandade. De feito no artigo necrolóxico publicado en Faro de Vigo (27-IV-1878) expresa de maneira pública o agradecemento ao citado Romaña polo trato dado a Añón.
Algúns coetáneos sinalaron a súa
bohemiacomo unha forma de existencia ou, acaso, de resistencia ante os agres sabores dun andar fuxidío. Esta actitude ante a vida podería explicar que nas semanas ou meses previos á súa morte, Añón vivise co posto e ao día. Cando menos até que alguén tivo coñecemento. Mais todo nos fai crer que Añón nin morreu abandonado nin esquecido.
De todo isto escribiuse a eito. A única certeza é que morreu coa friaxe da distancia coa patria. Os restos mortais, pasado un tempo, serían botados a unha foxa xeral mesturándose con outros corpos feitos barro e pó. Se cadra, este era o poético destino.
De Boel a Santiago. As letras
O seu pai, Fernando Añón Taboada, e a súa nai, Vicenta Paz Rodríguez, sostiñan unha casa labrega. O seu irmán Tomás e a súa irmá Nicolasa entregáronse ás tarefas agrícolas. Nicolasa tamén compuxo coplas populares en galego, felizmente recuperadas e editadas en 2014.
Unha certa folganza económica permitía unha vida máis acomodada ca outras casas campesiñas. Por esta razón, Francisco Añón tivo oportunidade de aprender letras e números, de seguro con Francisco Ossorio (párroco de San Pedro de Outes e padriño do poeta) e con Domingo Martínez, tamén crego.
Pouco despois, arredor de 1829, marchou ao seminario de Santiago de Compostela para estudar Filosofía e Teoloxía. Ao rematar, púxose coa Xurisprudencia.
O poeta emerxe co provincialismo
Este período trazou o rumbo da súa vida. En Compostela integraríase axiña na Academia Literaria dos Faraldo, Rúa Figueroa ou Neira de Mosquera. Nese intre de florecer xornalístico, de claro pulso provincialista, Añón publicou os seus primeiros textos en cabeceiras como El Idólatra de Galicia, El Recreo Compostelano e no decisivo El Porvenir, precedente escrito da Revolución de 1846. Mais tamén naqueloutros de liña moderada coma El Centinela de Galicia ou La Aurora de Galicia.
Quérese dicir que Añón é poeta transversal presente coa súa poesía nun e noutro lado da pugna ideolóxica. Galiza é o punto en común e alí se atopa a produción lírica do poeta de Outes. Ademais deste tempo fragua unha sólida amizade con José María Posada, futuro cofundador de Faro de Vigo, poeta bilingüe e home de sentir provincialista.
A poesía de Añón abala entre o costumismo/tipismo, que é temática presente no romanticismo, e o compromiso patriótico, social e político. Antes ca Curros, el xa cantara ao ferrocarril e gabara os adiantos técnicos. El, nado no rural marítimo, erguía a vista por unha Galiza máis avanzada.
Portugal, terra de recorrente exilio
A derrota dos revolucionarios provincialistas, tatuada nas tapias de Santo Estevo de Paleo co sangue dos Mártires de Carral e nas lembranzas dos desterrados e presos, provocou o maior exilio galego do XIX.
Neste contexto lisca a Portugal. Moitos procuraron na patria irmá o refuxio á persecución. Mais a dúbida permanece no caso de Añón: fuxiu por motivos políticos ou, como dixo Murguía, procurou novos horizontes? Se cadra leva razón Ramón Blanco, o seu biógrafo, ao propoñer unha síntese de ambas posibilidades.
En todo caso atopou en Lisboa un lugar de estadía, a carón do seu curmán Diego Campos con libraría na rúa Nova do Carmo 20, que anos despois trasladaría á Travessa de San Nicolau 101-103.
O sangue xusticeiro de Añón valeulle unha nova fuxida en 1850. Desta volta tras a publicación do Himno dos povos. Este texto, que
todos citam e ninguem leu, como dixo Rodrigues Lapa, segue perdido e doutra volta un enigma se instala na biografía do poeta.
Disque (pois tampouco hai certeza) en Lisboa contacta con lord Shawford. Con el, en calidade de secretario, marcha por Francia e Italia. Durante as viaxes aproveitou para adestrarse en francés e italiano.
En 1853 pasea polas rúas de Sevilla. O triunfo progresista do seguinte ano, co ascenso ao poder de Espartero, abriu novas fiestras de liberdade en España. Añón irá para Madrid sostendo a vida grazas ao xornalismo e á docencia de idiomas en clases particulares.
O triunfo galego
A
Renaixença, movemento análogo ao Rexurdimento, recuperara a tradición dos
Jocs Florals. Na nosa terra convocarían igual certame en 1861, primeiro na cidade da Coruña e no mesmo ano tamén na cidade de Pontevedra (dabondo esquecida).
Añón presentouse co texto titulado «A Galicia», un verdadeiro himno. Gañou na súa categoría a Flor Natural pero o 2 de xullo dese 1861, día da entrega dos premios, non acudiu. Lembremos que este poema mantén o ritmo do Himno de Riego; é dicir, a musicalidade republicana.
Despois publicouse o Álbum de la Caridad. Varios poemas de Añón inclúense no tomo. Velaquí como neste intre epifánico da literatura galega o poeta de Boel ocupará un lugar destacadísimo e un recoñecemento público como poeta de Galiza, como así o recordaría Carré Aldao anos despois. O seu amigo José López de la Vega, na necrolóxica publicada en Faro de Vigo (27-IV-1878), lembraba:
Su pasión por Galicia le hacía estar siempre recitando sus versos gallegos a sus amigos.
Mais logo disto comeza outra etapa de escasa documentación. Sábese que en 1866 retorna a Portugal. Aquí publicaría no Diário de Notícias e na Revista Peninsular. E en portugués escribiría versos. Dous anos despois, no prólogo á vitoria da Gloriosa (1868), regresaría para asentarse en Galiza por breve tempo e pasar logo a Madrid.
No verán de 1869 intégrase na sociedade federal La Fraternidad Republicana Galaico-Asturiana, de clara ascendencia masónica. Esta era a súa paisaxe política.
Joaquín Compañel, irmán do célebre impresor dos Cantares gallegos de Rosalía, recomendouno ante Montero Ríos para traballar de oficial de Arquivo no Ministerio de Gracia y Justicia en 1872. Ao ano cesárono. A partir de aquí a súa vida tornouse especialmente difícil.
O ensaio dunha academia galega
Na casa de Emilia Calé, curmá de Teodosio Vesteiro Torres e interesante poeta con obra pouco coñecida, fundouse o 20 de setembro de 1875 a asociación La Galicia Literaria. Vesteiro Torres impulsouna coa forza convencida de facer ben á cultura galega. Ao seu chamamento acudiron intelectuais galegos establecidos en Madrid coma Manuel Curros Enríquez ou Andrés e Jesús Muruais.
Francisco Añón ocupou a presidencia, namentres Vesteiro a secretaría. Nos estatutos da agrupación lemos un dos obxectivos:
Estrechar más y más sus vínculos de afecto, estimularse mutuamente al cultivo de las Bellas Letras, y constituir un centro de buenos gallegos que trabajasen aquí (en Madrid) por la honra y prosperidad del país en la esfera propia de sus facultades.
O bo clima e o ánimo freáronse tras unha discusión interna, na cal interviñeron Añón e Curros Enríquez dende esquinas contrarias. O 30 de xaneiro de 1876 deixaría de reunirse. Seis meses despois Vesteiro pegábase un tiro no Museo do Prado.
Morte e homenaxes
Os últimos anos de vida arrodéanse do misterio. En parte xa o explicamos no inicio desta ficha: de que e en cales condicións viviu?
En todo caso, Añón deixou preparados uns poemas. Tras a morte montouse unha comisión (presidida por Montero Ríos) para realizar unha coroa fúnebre. Nada se sabe dela.
Por outra parte, a súa obra estaba dispersa en xornais e álbums de difícil acceso. Por esa razón La Concordia de Vigo, o primeiro diario na historia, publica unha colección en 1878. Este é o primeiro libro de Añón.
Devagar apareceron outras edicións. Cómpre destacar a de 1889 incluída na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar. Case un século despois Fernando Bel Ortega defendía a súa tese sobre Añón recuperando textos inéditos que lle emprestara Xosé María Álvarez Blázquez.
Como en tantas ocasións, a colectividade galega en América promoveu o recoñecemento de Añón. Así, La Sociedad Unión Residentes de Outes en Sud América custeaba unha placa con data de 1924 e posta na casa natal do poeta, en época republicana, no ano 1935.
Pero se algo o fixo inmortal foi O divino sainete (1888), de Manuel Curros Enríquez. Nesta espléndida sátira, Francisco Añón exerce de guía e de vello mestre. Unha homenaxe que traspasou o grosor do tempo.
En 1928 a Real Academia Galega celebra unha homenaxe a Benito Vicetto e Añón. Quen fora cofundador das Irmandades da Fala, Antón Villar Ponte, dedícalle unhas palabras en lingua galega, a diferenza do outro académico que interveu, Ángel del Castillo.
Añón foi o cuarto escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas. Naquela ocasión, coincidindo co 17 de maio de 1966, o pobo outense inaugurou o busto do seu poeta. Ferrín, no prólogo á reedición das poesías galegas de Añón, escribiu:
O seu pulo creativo estivo sempre unido ás potencias revolucionarias do século e o seu corazón soubo render as armas da racionalidade no altar laico de Galicia.
Finalmente, no bicentenario do seu nacemento, organizouse un congreso arredor da súa figura grazas ao impulso do Concello de Outes. Este era a patria de Añón.
Bibliografía
Añón, Francisco (1889): Poesías (ed. de Carré Aldao). A Coruña: Andrés Martínez Salazar.
Bel Ortega, Fernando (1991): Vida e obra de Francisco Añón. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
Blanco, Ramón (2012): Vida e obra de Francisco Añón. Antoloxía poética. Vigo: Galaxia.
Novo García, José (1896): Por Galicia. Cuartillas y apuntes. A Coruña: Andrés Martínez Editor.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Francisco Añón. Publicado o 24/4/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=162. Recuperado o 23/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Libro de actas da Sociedad Galicia Literaria fundada en 1875 por, entre outros, Francisco Añón, Curros Enríquez, Celso García de la Riega, Andrés Muruais, Teodosio Vesteiro Torres, etc.
Na acta Vesteiro Torres, como presidente, recolle a disolución da asociación, en xaneiro de 1876, e especifica a entrega do libro á Universidade de Santiago. Ver Documento. LibroGalicia Literaria: [Acta de fundación y Actas de las reuniones de la Sociedad Galicia Literaria] (1875-1876). Madrid: Galicia Literaria, 1875-1876. [Manuscrito]
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Dous poemas de Francisco Añón publicados en La Aurora de Galicia. Ver Documento. Poema
Añón, Francisco: «Epigramas», La Aurora de Galicia: periódico de literatura, ciencias y artes, 7 (31 de xullo de 1845), 8; «Poesía gallega. Recordos da infancia. Égloga», La Aurora de Galicia: periódico de literatura, ciencias y artes 8 (9 de agosto de 1845), 7.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblitoeca Dixitald e Galicia.
biblioteca.galiciana.gal
Manuscrito dun poema escrito en portugués por Francisco Añón, conservado na Fundación Penzol. Ver Documento. Poema
Fonte: Fundación Penzol
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo publicado na revista dixital Tiempo de ayer sobre Francisco Añón e a súa estadía no Hospital da Princesa. Ver Documento. Artigo
Cremades Marco, Carlos: «Francisco Añón», Tiempo de ayer (edición dixital), 38 (22 de xuño de 2017)
Fonte: Asociación de Amigos del Hospital de la Princesa.
https://www.ahupa.es
Textos de Uxío Carré, Vicente Risco, Antonio Villar Ponte, Fernando Martínez Morás, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Xosé María Álvarez Blázquez e Ricardo Carballo Calero publicados na edición facimilar de 1966 de Poseías galegas de Francisco Añón. Ver Documento
Añón, Francisco: Poesías galegas. (ed. facsimilar). A Coruña: Real Academia Galega, 1966; 101-141.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Francisco Añón no dicionario de escritores de Couceiro Freijomil. Ver Documento
Couceiro Freijomil, Antonio: «Añón y Paz, Francisco». En Couceiro Freijomil, Antonio:Diccionario bío-bibliográfico de escritores. I: A-E. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1951; 73-75.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Estudo de Vicente Risco sobre Francisco Añón, feito a partir dun retrato do poeta. Ver Documento. Artigo
Risco, Vicente: «Ensaios de phisiognomonía. Francisco Añón», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.Nós, 51 (15 de marzo de 1928), 42-43.
Especial de Vida gallega dedicado a Francisco Añón, con colaboracións de Jaime Solá, Victorino Novo e poemas e Añón. Ver Documento. Artigo
«En la pátria del poeta Añón», Vida gallega ilustración regional, 244 (20 de febreiro de 1924), 11-13.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
A revista Vida gallega publica a transcrición da partida de bautismo de Fancisco Añón. Ver Documento. Artigo
«Efemérides de Galicia: Octubre», Vida gallega: ilustración regional, 236 (25 de outubro de 1923), 41.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Capítulo da obra de José Novo García Por Galicia: cuartillas y apuntes de dicado a Francisco Añón. Ver Documento
Novo García, José: «Francisco Añón». En Novo García, José: Por Galicia: cuartillas y apuntes. A Coruña: Andrés Martínez, 1896; 111-122.
Fonte: Biblioteca Municipal de Estudos Locais / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Prólogo de Victorino Novo García á edición de 1889 de Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón. Ver Documento
Novo y García, Victorino: «Añón». En Añón, Francisco: Poesías gallegas y castellanas. A Coruña: Andrés Martínez Salazar, 1889; V-XXV.
Fonte: Biblioteca Municipal de Estudos Locais / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
La ilustración de Galicia y Asturias publica, no número 1 de xuño de 1878, o retrato de Francisco Añón de R. Balaca e mais un artigo necrolóxico polo seu pasamento.. Ver Documento. Artigo
La ilustración de Galicia y Asturias: revista quincenal ilustrada. 1 (15 de xuño de 1878), 1
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo necrolóxico dedicado a Francisco Añón, publicado J. López de la Vega en Faro de Vigo. Ver Documento. Artigo
López de la Vega: «Don Francisco Añón Paz ha muerto. R.I.P.», Semanrio de Faro de Vigo, (sábado, 27 de abril de 1878),
Fonte: Faro de Vigo
Poema de Valentín Lamas Carvajal na memoria de Francisco Añón. Ver Documento. Poema
Lamas Carvajal, Valentín: «N'a morte d'o ilustre poeta gallego don Francisco Añón de Paz». En Lamas Carvajal, Valentín: Colección de leyendas de Galicia. Orense: Imp. de La Zarpa, 1930; 47-48.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
«Francisco Añón, un poeta para levar ás aulas», por Ramón Blanco en EDUGA: Revista Galega do Ensino. 86 (xullo-decembro 2023), edición dixital
Fonte: Revista Galega do Ensino. Xunta de Galicia.
https://www.edu.xunta.gal/eduga
«Manuscritos: Francisco Añón», no blog de Ramón Nicolas Caderno da crítica. Manuscritos: Francisco Añón Ramón Nicolás. (5 de xaneiro de 2015)
Fonte: Caderno da crítica
https://cadernodacritica.wordpress.com/
Biobibliografía da poeta Nicolasa Añón Paz, irmá de Francisco Añón, no Álbum de Galicia
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Galicia
A edición de Poesías galegas de Francisco Añón, no blog de Xabier Iglesias Os libros de Ánxel Casal. (30 de xuño de 2013)
Fonte: Blog Os Libros de Ánxel Casal
https://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com
«¿U-las cinzas de Francisco Añón?», no blog Criticalia de Armando Requeixo. (11 de xaneiro de 2013)
Fonte: Criticalia
https://armandorequeixo.wordpress.com
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
«Francisco Añón, o guieiro da Santa Compaña», artigo de Xurxo Martínez González publicado no xornal dixital Praza.gal. (21 de agosto de 2012)
Fonte: https://praza.gal/
«Francisco Añón Paz. Letras galegas 1966», no programa Galicia letra a letra da Televisión de Galicia. (22 de maio de 2012)
Fonte: Galicia letra a letra. CRTVG
https://www.crtvg.es/
«Bicentenario Poeta Francisco Añon», na edición dixital de Terra de Outes. 2012
Fonte: Terra de Outes
http://www.terradeoutes.com
Acceso en liña a Vida e obra de Francisco Añón, de Fernando Bel Ortega. A Coruña: Fundación Barrié; Real Academia Galega, 1991
Fonte: Real Academia Galega.
https://publicacions.academia.gal/
Acceso en liña ao Album de la Caridad: Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos.... A Coruña, 1962
Fontre: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Francisco Añón na Galipedia
Fonte: wikipedia.
https://gl.wikipedia.org
Entrada biobibliográfica de Francisco Añón, escrita por Inmaculada López Silva, no DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/
Francisco Añón na páxina web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/
Obras de Francisco Añón na Biblioteca Nacional
Fonte: BNE.
https://datos.bne.es
«1966 - Francisco Añón», no Portal da Lingua Galega
Fonte: O Portal da LIngua Galega. Xunta de Galicia.
https://www.lingua.gal/
Biografía de Francisco Añón no programa Pasou o que pasou da CRTVG
Fonte: Pasou o que pasou. CRTVG
https://pasouoquepasou.crtvg.ga
Francisco Añón en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://datos-abertos.galiciana.gal
Videos
Poema «A Galicia» de Francisco Añón
Fonte: Trunfan Versos / YouTube.com
Vídeo Francisco Añón. O Poeta na memoria das xentes de Outes. 8 de abril de 2014
Fonte: MSXL / YouTube.com
Entrevista a Xoan Mariño, coordinador do congreso do poeta Francisco Añón, no programa Eirado da CRTVG emitido o 18 de outubro de 2012
Fonte: CRTVG / YouTube.com
«Á Sabeliña», poema de Francisco Añón
Fonte: Trunfan Versos / YouTube.com «Francisco Añón Paz. Letras galegas 1966», no programa Galicia letra a letra da Televisión de Galicia. (22 de maio de 2012)
Fonte: Galicia letra a letra. CRTVG
https://www.crtvg.es/
Audios
O poema de Francisco Añón «Amor Apresurado» na versión de Suso Vaamonde
Publicacións periódicas
Gaita Gallega, A (1885-1887) .
Repinica muiñeiras, fandangos y-alboradas, unha vez ó mes
Galicia [Madrid 1906-09] (1906-1909) .
Revista Quincenal Ilustrada
Almanaque Gallego (1909-1909) .
Airiños d'a Miña Terra (1909-1909) .
Revista decenal ilustrada: Consagrada a la propagación de la literatura gallega y órgano de los gallegos emigrados en América Latina
Arenteiro, O (1931-) .
Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino: Revista Oficial
Artigos Francisco Añón
AñóN, F. (10/1925) O recordo | Céltiga. 1ª (20), 3.
AñóN, F. (6/1944) A Galicia | Acción Gallega. 2ª (13), 3.
AñóN, F. (4/1945) Pantasma | Airiños. 1ª (3), 22-23.
AñóN, F. (7/1946) Poesías de Añón. A Juan Bautista Neira: Salvado providencialmente d'o descarrilamento de Viana. A la familia del Sr. Elorz | Orzán. 1ª (2), 14-15.
AñóN, F. (4/1950) A Galicia | Alborada. 1ª (145), 68.