Sebastián González García-Paz
Pontevedra, 26/ 5/1908 - Pontevedra, 5/8/1967Autoría: Adrián Estévez Iglesias
O exilio dun arqueólogo
Naceu en Pontevedra o 26 de maio de 1908. O seu pai, o avogado Bernardino González Paz, militara no Partido Republicano Radical. A súa nai foi Ceferina García Paz, filla do pedagogo Lino Enrique García Requejo. A súa irmá, Daría González, foi mestra.
Comezou os seus estudos no instituto de Pontevedra, onde coincidiu con Antón Fraguas, quen sería grande amigo seu ao longo de toda a vida. Alí foi alumno, entre outros, de Ramón Sobrino Buhígas ou Antón Losada Diéguez. Xa nesa etapa formou en abril de 1924 a Sociedade da Lingua (SDL). Realizou por libre o curso preparatorio da universidade, e en 1925 comezou os estudos de Filosofía e Letras, onde coincidiu con Fraguas e mais con Pura Lorenzana, con quen realizou unha viaxe de estudos a Madrid antes de se licenciar con premio extraordinario.
Participou nas actividades do Seminario de Estudos Galegos desde a súa chegada a Santiago de Compostela, e asistiu a diversas xeiras, como a realizada polas terras de Deza. Impartiu a charla «As ciencias hestóricas no S.E.G.» no marco da IV Asemblea do Seminario, que se celebrou en Pontevedra en abril de 1928. Nomeárono secretario xeral da organización, e como tal aparece a súa sinatura nos diversos carnés dos membros do Seminario. Ademais, en 1930 participou na VI Asemblea Nacionalista, celebrada na Coruña o 27 de abril, como membro do grupo das Irmandades da Fala de Santiago.
Florentino López-Cuevillas encomendoulle a catalogación de castros. Así, No Nós de Nadal de 1927 escribe Cuevillas:
Catalogáronse tamén bastantes castros distinguíndose nista laboura pola súa aitividade e intelixencia dous rapaces, Sebastián González García-Paz e Xoaquín Lousada, que agora se inizan nos traballos prehistóricos. O seu nome aparece no catálogo dos castros do Val de Vilamarín, no estudo do castro de Morgadán e no Castro de Río, e xunto con Antonio Fraguas catalogou castros en Lalín na primavera de 1928. Con Xesús Carro traballou no estudo do románico do Deza e publicou o artigo «O tesouro de Foxados», no volume VI do Boletín do SEG. Ademais, interveu no estudo dos castros da Terra de Melide, e mais nos de Montealegre (Domaio), Santa Trega, Taboexa e San Cibrao de Las.
Fixo o doutoramento en Madrid, coa tese El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela, dirixida por Manuel Gómez Moreno. Durante a súa estancia na capital do Estado levou a cabo diversas investigacións documentais para o SEG. En 1931 recibiu unha bolsa para realizar unha viaxe a Francia e Alemaña, e ao regreso traballou como auxiliar e despois acadou praza de seu, de Arqueoloxía e Historia da Arte.
Na súa etapa como profesor en Santiago de Compostela deu diversas charlas e participou en cursos que Filgueira Valverde organizou no Museo de Pontevedra, así como na Semana Galego-Portuguesa do Porto. Ademais catalogou poboados castrexos na contorna de Compostela, Fisterra e Lobeira, e dirixiu escavacións nos castros de Borneiro e Baroña, sobre as que escribiu no boletín da Universidade de Santiago de Compostela (1934).
Sobre esta institución escribiu canda a Ciriaco Pérez Bustamante o texto La Universidad de Santiago. El pasado y el presente. Co propio profesor e mais con Pura Lorenzana publicou en 1928 o artigo «La población de Nueva España en el siglo XVI» no Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo. Xunto a Filgueira Valverde escribiu sobre o mosteiro de Carboeiro, e publicou un artigo na revista Nós (n.º 98, febreiro de 1932): «Un mapa inédito do arcebispado de Sant-Iago». En 1935 participou na Semana Cultural Galega celebrada en Porto.
Mentres residiu en Compostela frecuentaba os faladoiros do Español e do Derby. Foi concelleiro da corporación municipal compostelá durante a alcaldía de Ánxel Casal, durante pouco tempo. Dúas obras súas quedaron fanadas por mor do golpe de Estado. Traballou nunha Guía de Pontevedra que non chegou a rematar, o mesmo que pasou coa edición dos textos do Licenciado Molina.
Exiliouse en Porto Rico xa en 1936. A idea inicial, sen saber cal sería a duración da guerra civil, era formarse e acadar méritos para ao regresar conseguir a praza de catedrático. En 1940 o Tribunal de Responsabilidades Políticas condenouno, in absentia, á inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.
Deu diversas conferencias na Universidade de Porto Rico sobre Santiago de Compostela e sobre arte española no Ateneo Puertorriqueño. Xa no curso 1939-40 impartiu, no segundo semestre, a materia de Historia Xeral da Arte Europea. Desde entón traballou na Universidade, e en 1943 nomeárono primeiro decano da facultade de Humanidades, que dirixiu durante vimte anos. Chegou a ser tamén reitor e senador vitalicio.
Tivo unha fonda relación coa illa, e interesouse moito pola súa historia. Creou o Seminario de Historia de Puerto Rico e participou na comisión organizadora do Terceiro Congreso Histórico-Municipal Interamericano, celebrado en San Xoán de Porto Rico en abril de 1948. Neste evento falou da pintura de Salvador Dalí.
En Porto Rico, ademais, coñeceu a que sería a súa muller, Manuela Lamela Fernández, descendente de xentes pontevedresas. Con ela foi pai de Sebastián, Juan Manuel e María del Pilar González Lamela.
En 1954 e 1960 botou un ano enteiro en Galicia, e en 1967 estivo un mes. Nesas estancias documentouse en museos e bibliotecas. Publicou dous artigos na revista do Museo de Pontevedra: «El Conde de Gondomar y los Nodales» (n.º 15, 1961) e «Sobre plateros pontevedreses» (n.º 19, 1965).
Na súa cidade natal atopouno a morte, aos 59 anos, durante unha das súas viaxes. Soterrárono no cemiterio de Santo Amaro. O número 22 da revista do Museo de Pontevedra, de 1968, incluíu catro artigos seus inéditos: «Una exposición de dibujos de Goya en Puerto Rico», «Papeles del P. Fr. Juan Sobreira», «Pontevedra según Riobóo y Seixas» e «Pontevedra 1773».
Obra
- «Noticias de las exploraciones arqueológicas en los Castros de Borneiro y Baroña». Separata do Boletín de la Universidad de Santiago, (1934).
- La Universidad de Santiago: el pasado y el presente (1934), canda a Ciriaco Pérez Bustamante; editada en 1995 por Ediciós do Castro.
- Sobre Domingo de Andrade (1935; separata de Archivo Español de Arte y Arqueología, 33 (1935), 279-283).
- Pontevedra a fines del siglo XVI: tres dibujos desconocidos (1965; Museo de Pontevedra)
- O Colexio de San Clemente de Pasantes de Compostela (USC, 1993. Tese de doutoramento, traducida ao galego)
Bibliografía
Benítez, Jaime (1968): «Sebastián González García-Paz. Su huella en la Universidad de Puerto Rico», El Museo de Pontevedra, 22:71-78.
Fraguas Fraguas, Antonio (1968): «Sebastián González García-Paz. Notas da súa vida e do seu tempo», Grial, 21 (xull0-setembro) 334–357.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Sebastián González García-Paz. Publicado o 5/7/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1770. Recuperado o 22/06/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista a Sebastián González García-Paz en El Correo Gallego. Ver Documento. Entrevista
«Manifestaciones del Vicerrector de Río Piedras», El Correo gallego: diario político de la mañana, 27617 (26 de xuño de 1962), 4.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000382550
Artigo sobre Domingo de Andrade, por Sebastián González García-Paz. Ver Documento. Artigo
González García-Paz, Sebastián: «Sobre Domingo de Andrade», Archivo español de arte y arqueología, XI, 33 (Decembro de 1935), 279-282.
Fonte: Biblioteca Virtugal de Prensa Histórica. MCU.
https://prensahistorica.mcu.es/es/consulta/registro.do?id=1029113
Artigo de Sebastián González García-Paz, en colaboración con Xesús Carro, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
Carro, Xesús e González García-Paz, Sebastián: O tesouro de Foxados [En colaboración con Sebastián González], VI (1933-1934), 87-92 + 7 lám.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Descarga: 2022-12-30]
Artigo sobre a poboación de Nueva España no século XVI, de Ciriaco Pérez Bustamente, Pura Lorenzana e Sebastián González García-Paz. Ver Documento. Artigo
Pérez Bustamente, Ciriaco;Lorenzana, Pura; González García-Paz, Sebastián: «La población de Nueva España en el siglo XVI», Boletín de la Biblioteca de Menéndez Pelayo, ano 10 (1928), 58-73.
Fonte: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
https://www.cervantesvirtual.com/obra/boletin-de-la-biblioteca-de-menendez-pelayo--66/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Noticia sobre a homenaxe da Universidade de Porto Rico a Sebastián González García-Paz. Ver Documento. Artigo
«La Universidad de Puerto Rico, honra la memoria de Sebastián González García-Paz», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 20249 (21 de xaneiro de 1978), 17.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000255691
Antonio Fraguas publica unha biografía de Sebastián González García-Paz na revista Grial. Ver Documento. Artigo
Fraguas, Antonio: «Sebastián González García_Paz: notas das súa vida e do seu tempo», Grial, 21 (xullo-setembro de 1968), 334-357.
Fonte: Grial. Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Accesible en /https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_021.pdf
Información sobre os cursos de extensión escolar do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
Carballeira, Juan: «Galicia adentro: la obra cultural del Seminario de Estudios Gallegos: un primer curso de extensión escolar», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3560 (4 de setembro de 1935), 16.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Artigo de Francisco Cerviño sobre Sebastián González na edición dixital de La Voz de Galicia, (12 de xuño de 2019)
Fonte: La Voz de Galicia
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Sebastián González García-Paz en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Espazo web de Sebastián González García-Paz no especial da revista Nós en Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Espazo biobibliográfico no Álbum de Galicia da docente Daría González García, irmá de Sebastián
Fonte; Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega.
Biobibliografía de Sebastián González García-Paz na Wikipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Sebasti%C3%A1n_Gonz%C3%A1lez_Garc%C3%ADa-Paz [Consulta: 2023-07-03]
Sebastián González García-Paz en Nomes e voces
Fonte: http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/21435/ [Consulta: 2023-07-03]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Artigos Sebastián González García-Paz
GONZáLEZ GARCíA-PAZ, S. (12/1930) A persoalidade da Galicia manifestase vigorosamente nos tempos céltigos. Agora asistimos o alborexar d'unha xornada gloriosa pra nosa terra | Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 3.
BEIRAS GARCíA, A. CASTRO, P. CUNQUEIRO, Á. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FILGUEIRA VALVERDE, X. FOLE, Á. FRAGUAS, A. GONZáLEZ GARCíA-PAZ, S. MANTEIGA, L. MARTíNEZ LóPEZ, R. MASIDE, C. GUERRA DA CAL, E. PIñEIRO, R. VALENZUELA, R. VILLAR PONTE, A. GOLáN, N. BLANCO TORRES, R. BRAñAS CANCELO, P. VáZQUEZ MARTíNEZ, A. MORANDEIRA, D. EDREIRA PEDREIRA, M. LóPEZ DURá, X. REY, E. CARNERO VALENZUELA, J. REBOREDO FERNáNDEZ, I. ESCARIZ BUGALLO, M. MONTERO CORBEIRA, M. NOYA RODRíGUEZ, C. FREIRE VAAMONDE, M. ARIAS PARGA, E. (2/1934) A xuventude galega ao lado de «Galicia». Nun manifesto que nos remiten dendes Compostela, corenta representantes da nova Galicia - profesores, mestres, obreiros, periodistas - eisprésannos a súa simpatía e solidaridade entusiastas | Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 1.