Manuel Lago González
Randufe, Tui, Pontevedra, 25/ 10/1865 - Santiago de Compostela, 18/3/1925Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Bispo de Burgo Osma e de Tui, arcebispo de Compostela. Teólogo, poeta e presidente de honor do Seminario de Estudos Galegos
Manuel Lago González naceu en Tui o 26 de outubro de 1865. Era fillo de Xosé Lago Maceira, xerente do complexo industrial
Andrés Maceira y hermano, que abranguía diferentes negocios como fábricas de curtidos, serradoiros de madeira, cambio e bolsa, etc. Aos 12 anos ingresou no seminario conciliar de Tui no que cursou Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico. Ao implantarse novos estudos humanísticos no Seminario de Tui, o bispo Fernando Hüe y Gutiérrez mandouno en 1886 a Santiago a mellorar a súa formación en hebreo e grego. Ao ano seguinte regresou a Tui con instrución suficiente nestas materias e en matemáticas, materias das que foi nomeado catedrático. No curso seguinte ocupou o cargo de secretario de estudos e máis tarde ensinaría Historia Eclesiástica, Arqueoloxía, Teoloxía Dogmática, Lugares Teolóxicos…
Foi ordenado presbítero o 26 de maio de 1888 e, en 1893, obtivo os títulos de bacharel, licenciado e doutor en Teoloxía, os dous últimos en Santiago coas seguintes teses: de bacharelato: Vera ac proprie dieta divinitas in Christo Jesu agnoscenda est; de licenciatura: Matrimonium inter christianos initum est verum et propium sacramentum a Christo Domino institutum; e de doutoramento: Natura humana hypostatice Verbo unita, atque omnes et singulae ejus parties et praecipuae SS. Cor. Jesu, sunt objectum cultus latriae. A primeira foi impresa na Tipografía Galaica de Tui e as outras dúas na Imprenta do Seminario de Santiago.
Ao mesmo tempo mantivo unha viva actividade fóra das aulas; organiza veladas e disertacións, dirixe ensaios teatrais, pinta carteis… Desta época son a súa «Oda a la ciencia», a balada «Alma mía», outra dedicada á Virxe, «A León XIII», e dúas loas dedicadas ao Prelado. Aínda non cumpridos os 14 anos xa escribira e publicara en El Eco del Miño o poema «Al Aloya» (1881) e en 1882 escribira, tamén en galego, unha das súas poesías máis coñecidas, «O derradeiro celta». E pola súa obra poética e arqueolóxica recibiu o seu primeiro honor académico, o nomeamento como membro titular da Academia Mont-Real de Toulouse.
Xornalista: 1888 – 1896
Lago viña colaborando na prensa local e rexional, case sempre con pseudónimos que cambiou constantemente. Sobre todo frecuentaba as páxinas de El Eco del Miño. Pero o 15 de decembro de 1888 prodúcese un feito que vai cambiar o rumbo da súa vida: sae o primeiro número de La Integridad, xornal católico de orientación integrista. En La Integridad escribiu as seccións fixas «A la menuda» e «Ripio». Aquí publicou, máis tarde, moitas das súas poesías na sección titulada «Selecta».
Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario integrista.
Xogos Florais de Tui (1891)
En 1890 constituíuse en Santiago de Compostela o Comité Central Regionalista con Murguía de presidente e Cabeza de León e Alfredo Brañas de vicepresidentes, que organizaron os Xogos Florais de Galicia que se celebraron en Tui o 24 de xuño de 1891. No acto de celebración, como presidente do Comité, Manuel Murguía pronunciou un discurso no que exaltou, como tantas veces fixera, o idioma galego, pero agora facendo uso do mesmo. Ese discurso constituíu un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador, no que co lema surge et ambula sinalou como medida prioritaria
o renacemento dunha nacionalidade case esquecida.
Os redactores de La Integridad tiñan maioría na Junta Regionalita de Tui e colaboraron de forma moi activa e Lago González pronunciou o discurso de apertura, a súa primeira gabanza da lingua galega.
A etapa lucense (1896-1909)
O integrismo de Lago González levouno a polemizar desde as páxinas de La Integridad coas autoridades civís e eclesiásticas tudenses e co novo bispo, Valeriano Menéndez Conde. Por ese motivo, en 1896 abandonou os seus cargos en Tui e instalouse en Lugo, onde o bispo Benito Murúa López o nomeou o seu secretario de cámara e persoa de confianza e, ademais, foi cóengo, director do Boletín Oficial e catedrático de Teoloxía e Hebreo. Pronunciou o discurso de inauguración de curso académico no seminario conciliar sobre El resurgimiento de la escolástica en España.
Simultaneamente dedicoulle moita atención ao estudo de temas históricos polo que a Real Academia da Historia en 1905 admitiuno como membro correspondente. Tamén foi elixido para formar parte da comisión fundadora da Real Academia Galega e, no acto inaugural da corporación celebrado o 30 de setembro de 1906, leu o seu discurso Elogio de la Lengua gallega:
[…] la más hermosa de las lenguas neolatinas y aún acaso la más bella de cuantas se hablan en el mundo […], suave y dulcísima […].Como autor de obras eruditas en castelán é salientable a edición que fixo (cun prólogo del presentado anonimamente) do Onomástico etimológico de la lenguia gallega por Fr. Martín Sarmiento (1923).
Bispo de Osma (1910-1917) e de Tui (1917-1924)
O 25 de agosto de 1909, aos 43 anos, Lago González foi elevado á dignidade episcopal na sé de Burgo de Osma. Con tal motivo Lugo faino fillo adoptivo. A consagración episcopal celebrouse en Tui o 3 de abril de 1910 e o 5 de xuño fixo entrada na catedral. Durante os sete anos nos que rexeu a diocese soriana, o bispo Lago desenvolveu un intenso labor. Escribiu cartas pastorais, pronunciou discursos en congresos e asembleas de carácter relixioso, etc.
O 4 de maio de 1917 foi preconizado bispo da súa diocese natal e o 26 de agosto entrou na sé de Tui e pronunciou na catedral unha das súas mellores oracións. Durante outros sete anos mantivo a eficacia de xestión, sobre todo entregándose aos servizos aos pobres.
Arcebispo de Compostela (1923–1924) e presidente de honor do Seminario de Estudos Galegos
Lago González foi preconizado arcebispo de Santiago o 24 de xullo de 1923, entrou na catedral o 6 de abril de 1924 tras recibir o palio en Roma e suceder ao cardeal Martín de Herrera. Había 125 anos que morrera o último arcebispo galego de Compostela, Fr. Sebastián Malvar y Pinto.
Toda a prensa, incluída a galeguista, saudou con alborozo o nomeamento de Lago González como titular da arquidiocese compostelá. Como mostrao, o n.º 17 da revista Nós iniciábase así:
Despois de máis dun século en que ningún galego rexera a gloriosa Eirexa Compostelá, coa máis grande ledicia vemos hoxe nomeado pró máis alto posto relixioso de Galicia ó señor Manoel González Lago, bispo de Tui, galego de nacemento e de corazón, grande teólogo e filólogo, sentido poeta galego, e de tantas virtudes como ciencia: un verdadeiro prestixio da Eirexa e da Nosa Terra. Cremos con toda fe que este feito significativo marca un novo tempo e un froitoso camiño prá vida relixiosa e espiritual de Galiza….
E escritores inequivocamente nacionalistas como Ramón Cabanillas (As pombas do perdón) ou Vilar Ponte (El heredero de Gelmírez y Rajoy) saudaron efusivamente o arcebispado de Lago González.
Para conmemorar o Día de Santiago, o arcebispo Lago afirmou nunha colaboración nos xornais galegos o sentido relixioso e patriótico da festa. No mesmo día, Lago recibiu na catedral a tradicional ofrenda feita polo xeneral Primo de Rivera. E aínda que o directorio prohibira a celebración do Día da Patria, no banquete no palacio arcebispal cantouse a Alborada de Lago, musicada polo organista e compositor José Torres Creo, quen tamén lle harmonizou as poesías San Campio, Flor Nova e O Neno Xesús.
O 4 de maio de 1924, como arcebispo de Compostela, o Seminario de Estudos Galegos nomeouno presidente de honor. No acto celebrado no Colexio de San Clemente, sede da Sociedade Económica, pronunciou un ofrecemento moi fermoso Cotarelo Valledor; Castelao leu o seu espléndido estudo O novo esprito; e Fermín Bouza Brey fíxolle entrega ao prelado do folleto Ao noso siñor o arcebispo de Sant-Iago don Manuel Lago González, que contiña unhas palabras sen asinar de Bouza e un conxunto de poesías galegas do arcebispo. Lago pechou o acto con estas palabras:
Hai anos, predicando na catedral de Lugo exclamaba co poeta "Ai, esperta adorada Galicia, dese sono en que estás debruzada". E hoxe vendo congregada a esa mocidade estudosa que forma o Seminario de Estudos Galegos, non podo por menos que repetir aqueles versos porque asoma a alborada de gloria da rexión galega. E rematouno asegurando que consideraba ese nomeamento un honor grandísimo, pero que máis que presidente sería un socio activo.
Tanto ou máis relevo tivo o acto de entrada na Universidade. Lago foi recibido no paraninfo, onde pronunciaron salutacións o reitor Blanco Rivero e o estudante de dereito, Ánxel Romero Cerdeiriña, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos.
A presenza do arcebispo Lago á fronte da sede de Santiago durou pouco tempo, menos dun ano, pois morreu o 19 de marzo de 1925, afectado por unha severa broncopneumonía.
A biblioteca Lago
O amor ao libro foi, co amor á súa terra e aos seus, a gran paixón do arcebispo.
Por estar gravado con débedas contraídas por obras de melloras aconselladas polo seu labor pastoral, Lago González fixou no seu testamento que esas débedas fosen sufragadas coa venda dos seus libros e ornamentos ministeriais. Polo tanto, por subscrición popular, a Universidade de Santiago adquiriu a biblioteca do arcebispo Lago González composta por 7000 volumes catalogados polo bibliotecario Xosé María Bustamante, que contiña, ademais dunha serie numerosa de incunables, libros de filoloxía, de botánica, filosofía e socioloxía. A biblioteca inaugurouse o 26 de xullo de 1929 nun acto no que participaron o Reitor, o Ministro de Xustiza e o Nuncio Apostólico e no que se presentou o catálogo prologado por Atanasio López e impreso polo Padroado Universitario.
O busto do arcebispo Lago, obra do escultor Xosé Capuz Mansano, preside a Sala de Investigadores da Biblioteca Xeral da Universidade, onde están depositados os fondos que foron do prelado.
Escritor e poeta
Como escritor, ademais de libros sobre temas relixiosos, filolóxicos, arqueolóxicos e de historia antiga, Lago González deixou un bo número de poesías -62 en galego-, a maioría manuscritas e outras ciscadas en xornais da época (La Integridad, Galicia Diplomática, Galicia Católica, etc.), que Filgueira Valverde, grandes amigos en vida, recolleu en 1965.
Como poeta foi un versificador de fácil improvisación encadrado dentro dos continuadores do costumismo, que presenta como motivos temáticos a natureza, as lembranzas da mocidade tudense e algúns motivos históricos e narrativos.
No ano 1973 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das letras Galega.
Bibliografía
Filgueira Valverde, Xosé (1965): Lago González. Biografía y selección de su obra gallega. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1965.
Carballo Calero, Ricardo (1975): Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia, 1975.
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1977): «Igrexa e galeguismo na historia», Encrucillada, 2 (setembro).
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995): Diccionario da Literatura Galega, I: Autores. Vigo: Galaxia.
Dobarro Paz, Xosé María: «Lago González, Manuel». En Gran Enciclopedia Gallega Silveiro Cañada. XXV: LAC-LIBR. Lugo: El Progreso, D.L: 2003; p. 15-16.
Cárcel Ortí, Vicente: «Manuel Lago González». Real Academia de la Historia: https://dbe.rah.es/biografias/41911/manuel-lago-gonzalez
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Manuel Lago González. Publicado o 5/7/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=23142. Recuperado o 11/11/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Escolma de poesías de Lago González. Ver Documento. Libro
Lago González, Manuel: Escolma de poesías. A Coruña: Real Academia Galega, 1973.
Fonte: Real Academia Galicia / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Folleto Recuerdo de Navidad, que inclúe o poema «O neno Xesús», do arcebispo Lago González. Ver Documento
Lago González, Manuel: «O neno Xesús». En Recuerso de Navidad. Lugo: Edics. Cántiga, 1945 (Tip.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.La Voz de la Verdad).
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/resultados_navegacion.do?id=586&forma=ficha&posicion=4 [Descarga: 2023-06-26]
Partitura de O Neno Xesús, gallegada para canto y piano, con letra de Lago González e música de Torres Creo. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Lago González, Manuel (letra): O Neno: Xesús: gallegada para canto y piano. Madrid: Lit. Díez y Carrasco, 1932.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
https://bdh.bne.es/
Partitura de San Campio: aires d'o Miño, gallegada para canto y piano, con letra de Lago González e música de Torres Creo. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Lago González, Manuel (letra): San Campio: aires d'o Miño, gallegada para canto y piano. Madrid: Lit. E. Durán, 1931.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es/
«Alborada», poema de Manuel Lago González. Ver Documento. Poema
Lago González, Manuel: «Alborada», A Nosa Terra, 93 (1919), 3.
Fonte: Mediateca do Consello da Cultura Galega.
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_album_HFC_009.pdf [Descarga: 2023-03-09]
Partitura de O sol da primaveira: gallegada para canto y piano, con letra de Lago González.. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Lago González, Manuel (letra): O sol da primavera: gallegada para canto y piano. Madrid: Zozaya, [1897].
Fonte: Biblitoeca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000280238&page=1 [Descarga: 2023-06-26]
Poema «O derradeiro celta», de Lago González. Ver Documento. Poema
Lago González, Manuel: «O derradeiro celta», Galicia diplomática: revista de archivos, bibliotecas, historia, arqueologia, heráldica, literatura, ciencias y artes/cite>, II, 15 (3 de outubro de 1883), 119-120.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000284892 [Descarga: 2023-06-26]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Especial do xornal El Eco de Santiago dedicado ao pasamento do arcebispo Manuel Lago González. 13213 (20 de marzo de 1925). Ver Documento
Fonte: https://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=2000747465 [Descarga: 2023-02-09]
Artigo de Eladio Rodríguez sobre o nomeamento de Manuel Lago González como arcebispo de Santiago de Compostela. Ver Documento. Artigo
Rodríguez González, Eladio: «Don Manuel Lago González, Arzobispo de Compostela», Boletín de la Real Academia Gallega, 161 (1 de maio de 1924), 99-101.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Noticia sobre o nomeamento de Lago González como obispo de Tui. Ver Documento. Artigo
Riguera Montero, J.M.: «El nuevo obispo de Tuy: Manuel Lago González», Vida gallega: ilustración regional, 92 (10 de setembro de 1917), 14.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3983
Artigo de Manuel Lorenzo sobre o galego empregado por Lago González. Ver Documento. Artigo
Lourenzo, Manuel: «O galego de Lago González», Grial, 42 (outurbo-decembro de 1973), 508-509.
Fonte: Grial. Editorial Galaxia.
Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Biobibliografía de Manuel Lago González na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento. Artigo
Dobarro Paz, Xosé María: «Lago González, Manuel». En Gran Enciclopedia Gallega Silveiro Cañada. XXV: LAC-LIBR. Lugo: El Progreso, D.L: 2003; p. 15-16.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Biografía de Lago González no programa Pasou o que pasou da CRTVG
Fonte: CRTVG
https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/biografia-de-manuel-lago-gonzalez [Consulta: 2023-03-09]
Lago González en Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
O teólogo, escritor e arcebispo Lago González no DB-e da Real Academia de la Historia
Cárcel Ortí, Vicente: «Manuel Lago González», DB-e, Real Academia de la Historia.
Fonte: https://dbe.rah.es/biografias/41911/manuel-lago-gonzalez [Consulta: 2023-03-09]
Entrada biobibliográfica do arcebispo Lago González na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lago_Gonz%C3%A1lez [Consulta: 2023-03-09]
Manuel Lago González, homenaxeado co Día das Letras Galega en 1973, na páxina web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/letras-galegas/1973/manuel-lago-gonzalez [Consulta: 2023-03-09]
Expediente persoal de Manuel Lago González como Senador polo Arcebispado de Burgos (1914 e 1915) e mais polo de Santiago de Compostela (1918)
Fonte: Senado de España.
https://www.senado.es/web/conocersenado/senadohistoria/senado18341923/senadores/fichasenador/index.html?id1=1531 [Consulta: 2023-03-09]
lago González na Biblioteca Nacional (BNE)
Lago González, homenaxeado en 1973 co Día das Letras Galegas, en O portal da lingua galega
Fonte: https://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0011/1973-manuel-lago-gonzalez [Consulta: 2023-03-09]
Documentos de Manuel Lago González no arquivo da RAE
Fonte: Real Academia Española
https://archivo.rae.es/lago-gonzalez-manuel-1865-1925 [Consulta: 2023-03-09]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
Andrés Torres Queiruga fala sobre a figura do arcebispo Lago González, homenaxeado co Día das Letras Galegas en 1973
Fonte: Real Academia Galega / youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=Ru2caat-RPo&ab_channel=RealAcademiaGalega [Consulta: 2023-03-09]
Xermán Son interpreta, en rock progresivo, o poema de Manuel Lago González «O derradeira celta». 2022
Fonte: Xermán Son / youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=J6TiiaF4I7k&ab_channel=XERM%C3%81NSON [Consulta: 2023-03-09]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.

![Portada da composición <cite>San Campio: aires d'o Miño, gallegada para canto y piano</cite>, con letra de Lago González e música de Torres Creo. Madrid: [s.n.], 1931 : Lit. E. Durán](../../mediateca/extras/CCG_adg_Jose_Torres_Creo_010.jpg)