Manuel Lugrís Freire
Sada, A Coruña, Galicia, 11/ 2/1863 - A Coruña, Galicia, 15/2/1940Autoría: Xabier Campos Villar
Galeguista incansable e normalizador pioneiro
normalización lingüística, xa Manuel Lugrís Freire utilizara a
lingua galegaen diversos ámbitos: o xornalismo na emigración, o drama en prosa, a oratoria política, o cine, a novela curta, a gramática… converténdose nun verdadeiro normalizador do noso idioma.
Manuel Lugrís Freire naceu o 11 de febreiro de 1863 en Sada. A súa familia, da que hai noticias pola comarca das Mariñas coruñesas dende séculos anteriores, pasaba por un momento complicado naquela altura, xa que lle fora retirada ao pai a licenza para a explotación dun almacén de sal por parte do Estado. Esta situación provocou a temperá incorporación de Manuel ao mundo laboral; ao rematar os estudos primarios comezou a traballar de mozo de recados para o Concello de Oleiros, ocupación inicial que foi evolucionando ata converterse en escribán. Con todo, non foi esta unha etapa moi prolongada no tempo, xa que en1883 atopamos a Lugrís camiño da emigración á Habana, onde residía dende había un tempo o seu irmán Plácido. A estadía en Cuba prolongarase ata o 1896 e suporá un tempo de maduración no que se iniciará na escrita en galego, relacionarase coa colectividade galega residente na illa a través do Centro Galego e da sociedade Aires da miña terra, casará coa moza cubana Conchita Orta Iglesias, será pai da súa primeira filla (Socorro) e traballará en varias empresas como contable. Eventos polos que resulta sorprendente o retorno en 1896 a Galicia, pero intuímos que estivo motivado pola situación pre-bélica que se vivía na illa e que a conduciría á independencia no ano 1898.
Ao regresar, a familia instalouse na cidade da Coruña, onde Lugrís traballou por un tempo breve na Litografía La Artística, antes de ingresar na Sociedad Anónima Aguas de La Coruña, cando esta compañía estaba a universalizar a chegada da auga corrente ás casas da capital herculina. Porén, esta situación apracible virou decontado cando o escritor enviuvou e ficou sumido nunha profunda depresión. Anos despois, xa iniciada a nova centuria, Lugrís casou con Pura González Varela, recoñecida pianista e docente na Escola Normal de Maxisterio da Coruña. A familia foi medrando co nacemento de Pura, Manuel, Secundino, María do Pilar e Urbano ao longo da primeira década do século XX. A vida transcorrerá para o autor entre a dedicación á familia e a implicación nos diferentes proxectos culturais e políticos nos que traballará arreo, ata o seu falecemento o 15 de febreiro de 1940. Eses derradeiros anos foron esgazadores no persoal, pola participación de dous dos seus fillos (Urbano e Secundino) en bandos enfrontados na Guerra Civil, e tamén no social, ao ver como a obra da súa vida, a dignificación de Galicia e da súa lingua, sucumbía baixo a pouta do fascismo.
Actividade política e cultural
Polo tempo no que lle tocou vivir e polo compromiso galeguista demostrado, resulta doado entender a relación do autor de Sada cos protagonistas do Rexurdimento galego. A Rosalía dedicoulle unha «Tocata fúnebre en honor de Rousalía Castro», número especial de A Gaita Gallega publicado con motivo do pasamento da autora de Follas Novas. A Pondal coñeceuno en1897, cando coincidiron no faladoiro da Cova Céltica, e a partir de entón estableceuse unha profunda relación entre ambos autores, chegando mesmo Lugrís a asistilo no leito de morte. Lugrís reivindicou a figura pondaliana sempre que puido; a través de artigos e discursos (nomeadamente o de ingreso no SEG), coa reclamación dun monumento ao bardo na cidade da Coruña, coa reedición da súa obra cando presidiu a Academia Galega, etc. Con Curros a relación comezou na Habana, ao coincidiren ambos os autores nos actos sociais impulsados pola colectividade galega no Centro Gallego, no Teatro Tacón ou na sociedade Aires da miña Terra, entidade promovida, entre outros, por Manuel Lugrís para enxalzar o autor do poemario que lle daba nome. O poeta celanovés escribiu un laudatorio prólogo á primeira obra poética de Lugrís, o poemario Soidades en 1894, feito que sería correspondido polo noso autor organizando unha homenaxe a Curros na Habana. De volta á terra, Lugrís promoveu a coroación poética en vida do autor de O divino sainete nun acto celebrado na Coruña en outubro do 1904, e participou activamente en 1908 na multitudinaria homenaxe póstuma ao poeta cívico.
Foron moitos os proxectos políticos e culturais nos que Manuel Lugrís se implicou ao longo da súa vida, en varios deles como principal cabeza visible. Así, cómpre mencionar a fundación de A Gaita Gallega o 5 de xullo de 1885, primeiro xornal da emigración americana escrito integramente en galego. No proxecto traballou man a man con Ramón Armada Teixeiro e asinou boa parte das súas colaboracións cos pseudónimos Roque das Mariñas, K.Ñoto ou anagramas como L.U.Gris. Desavinzas internas provocaron o cese fulminante das colaboracións lugrisiás nesta publicación. Xa instalado na Coruña, implicouse no nacemento da organización política Liga Gallega, que xurdiu a imitación da Lliga Catalana e que tivo a Salvador Golpe, Uxío Carré e Lugrís como asinantes do manifesto fundacional e integrantes da primeira xunta directiva. Os sucesivos fracasos electorais da Liga moveron a un grupo de intelectuais coruñeses a apostar pola vía da galeguización cultural coa creación da Escola Rexional de Declamación. Esta institución, que pretendía animar a creación teatral en galego e servir de viveiro de actores e actrices, tivo como presidentes a Galo Salinas e a Manuel Lugrís no curto período no que existiu, entre 1902 e 1905. As concepcións dispares sobre a función do teatro, puramente espectacular para Galo Salinas, crítica coas inxustizas sociais e adoutrinadora para Lugrís, precipitaron o remate desta entidade cultural precursora na dramaturxia galega.
Decontado se implicou M.L.F na fundación de Solidaridad Gallega, no ano 1907, unha organización política de ideoloxía agrarista que tivo moito predicamento no seu tempo. Vencellado a ela xurdiu a primeira etapa do xornal A Nosa Terra, no que Lugrís publicou numerosos textos narrativos empregando o seu pseudónimo máis coñecido, Asieumedre. Ao abeiro desta entidade agraria e anticaciquil, pronunciou Lugrís un mitin en Betanzos o 6 de outubro de 1907 diante de 7000 persoas, que pasou á historia da nosa oratoria como o primeiro discurso político en galego. Estivo presente tamén, nesta primeira década do século XX, na creación da Asociación da Prensa da Coruña e na fundación da Real Academia Galega, como un dos corenta académicos de número que participaron na sesión inagural, o 4 de setembro de 1905. Anos despois, colaborou coas Irmandades da Fala, institución para a que chegou a compoñer un himno, e co Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou o 20 de novembro de 1923 cun discurso sobre Eduardo Pondal. Recoñecido orador, foi o noso autor a persoa escollida para pronunciar cadanseu discurso de homenaxe a Camões e a Carolina Michaëlis de Vasconcellos. Nos anos trinta participou na redacción do programa electoral do Partido Autonomista Republicano Agrario para a campaña de 1930 e promoveu a súa integración no Partido Galeguista. Tamén se implicou na redacción dos estatutos do PG e do primeiro anteproxecto de Estatuto de Autonomía.
Obra
Manuel Lugrís Freire escribiu unha obra heteroxénea en canto aos xéneros e en canto á temática. Comezou publicando na prensa cubana poemas que, entre outros, trataban o tema da emigración, recollidos no poemario Soidades (1894). O seguinte poemario, titulado Noitebras, saíu do prelo en 1901 na Coruña. De carácter intimista, cun ton dominado polo pesimismo, pretende servir de homenaxe a Conchita Orta, recentemente falecida. Dezaoito anos máis tarde publicou Versos de loita, un conxunto de vinte e tres poemas nos que predomina a temática social e reivindicativa combinada con poemas marcados polo celtismo. A traxectoria poética péchase coa publicación de Ardencias en 1927, un volume diverso, dedicado á mocidade galega, no que tamén se inclúen dous textos en prosa e un discurso. No ano seguinte publicou un opúsculo con seis poemas ambientados na comarca natal titulado As Mariñas de Sada.
A produción narrativa tamén naceu na Habana, coa publicación por entregas de O penedo do crime nas páxinas de El Eco de Galicia. Xa en Galicia, continuou con ducias de relatos, de múltiples temáticas e estilos, que viron a luz na prensa da época e que foron recollidos nos Contos de Asieumedre, reeditado e ampliado en vida polo autor. Con respecto ao teatro, tivo como obra inaugural A Costureira d’Aldea, unha peza breve e humorística que permaneceu inédita na RAG ata finais do século XX. A creación dramática recibiu un forte pulo no tempo da Escola Rexional de Declamación con estas obras: A ponte (1903), primeiro drama galego en prosa, Minia (1904), Mareiras (1904) e Esclavitú (1906). Todas elas están ambientadas na comarca das Mariñas, teñen un marcado carácter didáctico e adoutrinador, manifestan unha defensa nidia da lingua galega, atacan o caciquismo e calquera forma de opresión que coarte a liberdade do individuo, chegando a defender o emprego da xustiza pola man. Rematado o período vencellado á ERD, tardou máis de dez anos en publicar as seguintes obras, O pazo (1917) e Estadeíña (1919), que pouco teñen que ver cos dramas anteriores, xa que se trata de comedias en ambos os dous casos.
Para rematar con este percorrido pola súa obra, cómpre salientar que aínda tivo tempo Lugrís de publicar diversos artigos ensaísticos e divulgativos sobre varios aspectos relacionados coa lingua, que precederon a redacción da Gramática do Idioma Galego (1922), primeira redactada na nosa lingua e que ten como referencia fundamental a de Saco e Arce en 1868.
A figura de Manuel Lugrís Freire é imprescindible para entendermos o tránsito entre o Rexurdimento e a Época Nós e, por extensión, entre o rexionalismo e o nacionalismo..
Bibliografía
Alonso Girgado, Luis et al. (1999): A Gaita Gallega. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Campos Villar, Xabier(2001): A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Campos Villar, Xabier(2006): Lugrís Freire, unha biografía. Vigo: Galaxia.
Campos Villar, Xabier(2006): Antoloxía. Lugrís Freire. Vigo: Galaxia.
Campos Villar, Xabier(2006): «Dicionario» Manuel Lugrís Freire. Santa Comba: tresCtres.
Fernández Costas, Xosé Manuel (2006): Manuel Lugrís Freire: A fe na causa. A Coruña: Baía Edicións.
Fernández Pérez Sanjulián, Carmen et al. (2006): Congreso Manuel Lugrís Freire. A Coruña: Servizo de Publicación da Universidade.
Lugrís Freire, Manuel (1990): «Meu avô Lugris Freire», Agália 23, 319-323.
Nicolás Rodríguez, Ramón (2006): Manuel Lugrís Freire. Vida e obra. Vigo: Xerais.
Pillado Mayor, Francisco (1991): O teatro de Manuel Lugrís Freire. Sada: Ediciós do Castro.
Rabuñal, Henrique (2006): Manuel Lugrís Freire. Vigo: A Nosa Terra.
Rabunhal Corgo, Henrique (1994): Textos e contextos do teatro galego. 1671-1936. Santiago de Compostela: Laiovento.
Rabunhal Corgo, Henrique (1990): «Lugris Freire na cultura galega». Agália 22, 196-202.
Rivera Cascudo, Manuela (1991): «Lugris Freire: ‘Umha pátria, um idioma», Agália 27, 373-377.
Como citar: Campos Villar, Xabier : Manuel Lugrís Freire. Publicado o 21/3/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2331. Recuperado o 15/05/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Volume homenaxe da Real Academia Galega editado en 1965, ano en que se dedicou o Día das Letras Galegas a Eduardo Pondal. Ver Documento. Libro
Fonte: Lugrís Freire, Manuel (1965): Iconografía pondaliá. A Coruña: Real Academia Galega. [Descarga: 2023-04-20]
Versos de loita. Ver Documento. Publicación impresa
Terra a Nosa! Biblioteca Popular Galega. Número extraordinario.
Fonte: Galiciana. https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1340785 [Descarga: 20-03-2023]
Contos de Asieumedre. Ver Documento. Libro
Segunda edición da obra na que compilou parte da súa obra en prosa baixo o seu pseudónimo máis coñecido, Asieumedre.
Fonte: Galiciana. https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1340761 [Descarga: 20-03-2023]
O discurso de Betanzos. Ver Documento
«Discurso». Reprodución en A Nosa Terra do primeiro mítin político integramente en galego. Pronúnciao Manuel Lugrís Freire nun acto de Solidaridad Gallega en Betanzos (1907)
Fonte: Real Academia Galega. https://2012.academia.gal/documents/10157/735152/Discurso+Lugr%C3%ADs.pdf [Descarga: 20-03-2023]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Raigame. Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares 23 (2006). Especial sobre Manuel Lugrís Freire. Ver Documento
Fonte: Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php?option=com_phocadownload&view=category&download=24%3Araigame-23&id=1%3Arevista-raigame&Itemid=37&lang=es [Descarga: 2023-03-20]
Entrevista de NMS a Francisco Pillado Mayor: «A obra teatral de Manuel Lugrís foi revolucionaria e escandalosa», publicada o 17 de maio de 2006 no xornal El Ideal Gallego. Ver Documento. Entrevista
Fonte: AELG
Lugrís Freire, novo presidente da Real Academia Galega. Ver Documento. Artigo
«Nuevo Presidente de la Academia Gallega: Don Manuel Lugrís Freire», Boletín de la Academia Gallega, 253 (1 de xuño de 1934), 1-2.
Fonte: Boletín de la Academia Gallega. Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo «Propaganda del Partido Galleguista: Se inauguró el domingo en la Coruña». Ver Documento. Artigo
Baixo o subtítulo
Fonte: El Ideal Gallego vía GalicianaHubo numerosos incidentesfaise unha reportaxe e crítica do mitín que o PG pronunciou no Teatro Rosalía de Castro.
Ademais de Lois Tobío, tomaron a palabra Alexandre Bóveda, Castelao, Víctor Casas e Suárez Picallo.
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Manuel Lugrís Freire. Letras galegas 2006
Fonte: Televisión de Galicia
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/manuel-lugris-freire-letras-galegas-2006
Manuel Lugrís Freire na web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/letras-galegas/2006/manue-lugris-freire [Consulta: 2023-03-20]
Boletín da Real Academia Galega 367 (2006), dedicado a Manuel Lugrís Freire
Fonte: Real Academia Galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/view/30/30 [Consulta: 2023-03-20]
Manuel Lugrís Freire e As Mariñas de Sada
Proxecto realizado polo CEIP Sada e contornos coa colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sada
Fonte: CEIP Sada e contornos
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/system/files/LugrisMar.pdf [Consulta: 2023-03-20]
A Gaita Gallega
Edición facsimilar con estudo introdutorio
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
http://www.cirp.es/pub/docs/revrec/agaitagallega.pdf [Consulta: 2023-03-20]
Manuel Lugrís Freire na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Biblioteca Virtual Galega
https://bvg.udc.es/LetrasGalegas2006/LetrasGalegas.html [Consulta: 2023-03-20]
Manuel Lugrís Freire nos fondos da Biblioteca Nacional de España
Fonte: Biblioteca Nacional de España
https://escritores.bne.es/authors/manuel-lugris-freire-1863-1940/ [Consulta: 2023-03-20]
A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire
Compilación e estudo dos textos narrativos por parte de Xabier Campos Villar
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
https://www.cirp.es/publicacions/pub-0055.html [Consulta: 2023-03-20]
Agália. Revista da Associaçom Galega da Língua 23 (1990)
Homenaxe no cincuentenario de Manuel Lugrís Freire
Fonte: Agália
https://agalia.net/Agalia/023.pdf [Consulta: 2023-03-20]
Obra de Manuel Lugrís Freire en Galiciana
Fonte: Galiciana
https://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta_aut/registro.do?control=BDGA20180274329 [Consulta: 2023-03-20]
Morto en vida
Versión rock do poema incluído en Soidades (1894). Autor: Xermán Son
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=5k2DG2FIvOU {consulta: 2023-03-20]
Manuel Lugrís Freire na Galipedia
Fonte: Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lugr%C3%ADs_Freire [Consulta: 2023-03-20]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
Manuel Lugrís Freire
Documental (25´ 38´´) sobre a vida e a obra do escritor e xornalista galego Manuel Lugrís Freire (Sada, 1863 – A Coruña, 1940). Precursor na promoción e defensa do idioma galego (autor da primeira gramática escrita en lingua galega e do primeiro discurso político pronunciado en galego), participou activamente en diferentes institucións culturais e lingüísticas, como poden ser as Irmandades da Fala, a Real Academia Galega (da que foi membro fundador e mais presidente) ou o Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou en 1923 cun discurso sobre Pondal. Documental realizado por GallaeciaFilmes, do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, en coprodución coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e Genetic Films.
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=qB59SLcju1c {2023-03-20]
Conchiña
Recitado da canle Trunfan Versos
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=Q4C8Jf-pP3A {consulta: 2023-03-20]
Letras Galegas 2006. Manuel Lugrís Freire
Audiovisual homenaxe da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=Rq3-JMkmR8A {consulta: 2023-03-20]
Discurso de Manuel Lugrís Freire no enterro de Eduardo Pondal (reconstrución)
Fonte: Guías de Galicia
https://www.youtube.com/watch?v=MoqTZuyPEK8 [Consulta: 2023-04-20]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Publicacións periódicas
Galicia Moderna (1885-1890) .
Semanario de intereses generales
Gaita Gallega, A (1885-1887) .
Repinica muiñeiras, fandangos y-alboradas, unha vez ó mes
Aires da Miña Terra (1892-) .
Boletín oficial de la sociedad de este nombre
Boletín Oficial del Centro Gallego (1903-1930) .
Airiños d'a Miña Terra (1909-1909) .
Revista decenal ilustrada: Consagrada a la propagación de la literatura gallega y órgano de los gallegos emigrados en América Latina
Antorcha Gallega, La (1913-1914) .
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Lúa Nova (1987-) .
Órgano de difusión da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro
N.º 34: Revista da A. C. G. Rosalía de Castro
Xistral, O (1987-) .
Revista do Centro Galego de Vizcaya en Baracaldo
Revista de difusión da cultura galega en Euskadi
Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo
Artigos Manuel Lugrís Freire
LUGRíS FREIRE, M. (11/1924) Lênda de brigo | Céltiga. 1ª (5), 12.
LUGRíS FREIRE, M. (4/1926) O Celta | Céltiga. 1ª (32), 31.
LUGRíS FREIRE, M. (7/1926) A Mareira | Céltiga. 1ª (37-38), 77.
LUGRíS FREIRE, M. (9/1926) Amor | Céltiga. 1ª (41), 17.
LUGRíS FREIRE, M. (1/1943) Os tres soldados | Vida Carnotana. 1ª (8), 37.
LUGRíS FREIRE, M. (4/1944) A espada do fidalgo | Acción Gallega. 2ª (4), 8.
LUGRíS FREIRE, M. (7/1944) ¡Bótelle terra! | Acción Gallega. 2ª (14), 8.
LUGRíS FREIRE, M. (10/1945) Axúdate | Nosa Terra, A. (442), 6-7.
LUGRíS FREIRE, M. (7/1946) Dous contos: Un aldraxe. ¡¡Bótelle terra!! | Orzán. 1ª (2), 26-27.
Libros do ccg sobre Manuel Lugrís Freire
Gramática do idioma galego.
2006 | Manuel Lugrís Freire, Autoría.