Ramón Martínez López
Boiro, A Coruña, Galicia, 4/ 4/1907 - Pontevedra, 12/9/1989Autoría: Xosé Amancio Liñares Giraut
Filólogo e político nacionalista exiliado en Estados Unidos
unha bela persoa que só tiña un defecto (...). Era un irredutible nacionalista. A súa vida e obra reflicten unha personalidade sobranceira na Galicia do século XX. Participou con fondura en varios acontecementos importantes para o noso país. Foi un benemérito profesor, escritor, investigador, animador de proxectos culturais; e mantivo unha imperecedoira vocación política galeguista, por compromiso ético.
Ramón Martínez López naceu na Cimadevila de Boiro (A Coruña) o 4 de abril de 1907. O meniño era o primoxénito do mariño de Ribeira Ramón Martínez Otero e da boirense Concepción López Guerra. Ramón xa era tamén o nome do seu avó paterno e mais de seu pai. Na súa infancia e mocidade chamáronlle decote Moncho. Dese matrimonio barbanzán naceu outro fillo, Xosé (1911-1978), tamén galeguista, catedrático de letras no ensino secundario e represaliado no franquismo.
Dez anos máis tarde (1917), Moncho aprobou o exame de ingreso no Bacharelato e ata 1919 é alumno do colexio dos PP. Escolapios en Monforte de Lemos, despois de cursar a ensinanza primaria nun centro dos PP. Salesianos en Vigo. A súa nai quería que estudase nun colexio
non onde se educara mellor, senón onde se comera mellor, segundo manifestara o autor nunha longa entrevista do ano 1985 no programa Parladoiro da Radio Galega.
Tras rematar o bacharelato por libre, comezou os seus estudos universitarios en Compostela e en outubro de 1923 é un dos mozos que funda o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Intégrase nas súas seccións de Filoloxía e Xeografía. No ano seguinte fai de actor na obra teatral Lubicán –de Cotarelo Valledor–, coñece e trata a Castelao. En 1925 le no SEG un traballo que titula La industria de la salazón en Galicia e publica os seus primeiros artigos en El Compostelano e na revista Nós. Tamén A Nosa Terra acollerá os seus textos xuvenís. A aqueles anos, referiuse Xosé Filgueira Valverde:
Tantos e tantos relembros que perfían aquela irmandade, e o talante de Martínez López activo, esperto, cheo de simpatía e de amor á Terra. Dese grupo e dese
fervedoirotamén saíu a revista escolar Adral. No histórico SEG desenvolveu, ademais, un labor de recuperación etnográfica e folclórica, sobre todo centrado nas terras do Barbanza. Son tempos estudantís nos que estreita os seus vínculos coas xentes das Irmandades da Fala, da Xeración Nós, co artista Camilo Díaz Baliño ou co editor Ánxel Casal, por exemplo. Nestes anos, Martínez López estivo afiliado en Santiago á risquiana Irmandade Nazonalista Galega (1922-1924).
En 1928 licénciase en Dereito na Universidade de Santiago e en 1929 en Filosofía e Letras, tamén na USC. A súa actividade docente iníciase nun Instituto vigués (1929), continúa noutro de Ibiza e en 1930 gañas as oposicións de catedrático de Lingua e Literatura Española de Ensino Secundario e é destinado ao Instituto de Lugo, onde comeza como profesor no curso 1930-1931.
Coa chegada da Segunda República é candidato da ORGA nas Cortes Constituíntes, pero non sae elixido deputado. E xa en decembro dese ano 1931 afiliouse ao nacente Partido Galeguista, que será o nome e a placenta do seu ideal político deica o final dos seus días. Neses días tamén coñece á que será a súa dona de por vida, nada en Carril-Vilagarcía de Arousa, Isabel Castromán Loureiro (1912-1997). Casan en Carril o 19 de setembro de 1933. El contaba 26 primaveras e ela 21. A filla única deste matrimonio, Isabel Martínez Castromán, nacerá en 1950.
Na súa estadía en Lugo impulsa a organización xuvenil Ultreya e as Mocidades Galeguistas. É candidato do PG nas eleccións de 1933, outra vez sen éxito. Alí colabora nas revistas Yunque e Resol. Participa no ambiente cultural da cidade bimilenaria, e é un dos impulsores da visita de Federico García Lorca a Lugo e mais da homenaxe tributada alí a Castelao (1932). Consegue unha praza de profesor no Instituto Español de Lisboa e de aí que pase a vivir na capital portuguesa ata 1936, con viaxes de estudos a Francia, colaboracións literarias e clases, a maiores, na Facultade de Letras lisboeta. Alí tamén recibiu a visita de Castelao, desterrado en Badaxoz (1935).
No ano 1936 fai o doutoramento en Madrid, coa dirección de Cotarelo Valledor, quen xa fora o seu mestre en Compostela nos tempos aurorais do SEG. A súa tese intitúlase Portugal en la obra de Lope de Vega. O comezo da guerra civil española sorpréndeo nas vacacións estivais en Galicia. Pasa fuxido a Portugal, coa axuda de Valentín Paz Andrade, e é nomeado agregado cultural da Embaixada española, fiel ao goberno republicano. Declarado persoa non grata polo goberno salazarista, embarca para Francia. Ata marzo de 1937 está en París, onde tamén exerce de agregado cultural na sede diplomática española, axuda aos refuxiados, imparte cursos na Universidade de Alxer e regresa a España para loitar nas fileiras republicanas, acadando o grao de tenente de carabineiros. Mantén contactos daquela en Valencia e Barcelona con, entre outros, Castelao, Rafael Dieste, Suárez Picallo e Emilio González López. En 1939 comeza os seus trinta e dous anos de exilio en Perpignan e no campo de refuxiados de Argelés Sür Mer, dirixíndose axiña dende Francia a América no barco Massilia, inicialmente a Arxentina. A súa militancia galeguista e a derrota da República en España imposibilitaron que seguise vivindo no país natal, converténdose nun expatriado.
Inicia unha curta estadía en Bos Aires e Pergamino, co apoio de Núñez Búa. Traballa de bibliotecario, pronuncia conferencias, vincúlase aos foros universitarios bonaerenses. Chega en xuño de 1940 aos Estados Unidos, onde exerce como catedrático de Filoloxía Española na Universidade de Austin (Texas) ata 1971. Américo Castro fora o seu valedor para a acollida estadounidense. Nestas tres décadas tamén será profesor visitante (Denver, Wisconsin, Puerto Rico, Novo México, Colorado, Middlebury College...), dirixe teses de doutoramento e é cando ven a luz a maior parte das publicacións na súa especialidade.
O exilio galego tivo en América os seus focos máis fortes na Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba e México e, aínda que menos numeroso, foi certamente valioso o dos Estados Unidos. Este exilio norteamericano definiuno ben X. M. Maceira coma
o exilio da elite. Outro galego expatriado nos EE. UU. –o profesor Emilio González López–, deixou escrito, en referencia a Ramón Martínez:
A súa ensinanza da literatura española e hispanoamericana non lle impediu dedicar a súa principal atención á cultura galega. De feito, o intelectual boirense mantivo relación con non poucos exiliados da ditadura franquista en América e en Europa. Así puido cultivar con intensidade o xénero epistolar.
Deste período, nos planos persoal e familiar, pódense salientar o seu reencontro no exilio coa súa dona (1948), o acadar a súa cidadanía estadounidense (1950, cadrando co nacemento da súa filla), as viaxes ocasionais a Portugal (1951) e a Galicia (1955, cunha homenaxe que lle tributa un grupo de amizades en Compostela), o falecemento de seu pai (1947) e de súa nai (1961), a súa estadía en Madrid cunha bolsa Guggenheim (1963), que lle permite asistir a faladoiros cos intelectuais.
En 1971 regresa definitivamente a Galicia do exilio norteamericano, despois da volta da súa dona e filla (1966). Os tres vivirán en Santiago, nunha nova xeira vital que cadrará coa súa xubilación docente, nos derradeiros anos do franquismo e o abrente da Transición democrática. A Universidade texana pagoulle o envío a Galicia da súa biblioteca –cuns 14 000 volumes–, dende Austin a Compostela.
Nos decenios 1970 e 1980 participa en diversas iniciativas e entidades (novo SEG –1978–, novo PG –do que é elixido presidente–, Fundación Otero Pedrayo, Padroado do Museo do Pobo Galego, USC, CCG, creación da Fundación Castelao –1984–) e é recoñecido con varios galardóns e homenaxes: Pedrón de Ouro, Medalla Castelao, Medalla á Lealdade Galeguista, Premio Trasalba, Fundación Penzol... Na vila de Boiro, a Casa da Cultura leva o nome de Ramón Martínez López. Así mesmo, foi membro numerario da Real Academia Galega en 1976 -Contribucións norteamericanas á Historia da Cultura Medieval Galega é o título do seu discurso de ingreso- e exerceu como secretario do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (1978).
Entre os seus libros e artigos, sobresaen a edición crítica da General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Ms O.I.L. del Escorial (1963) e mais A Literatura Galega no exilio (1987). A ampla bibliografía deste erudito refírese especialmente á Lingüística e á Literatura, mais foi miscelánea tamén a súa presenza en publicacións relacionadas coas ciencias sociais e a cultura galega. Aquí e no exilio norteamericano ergueuse coma un galego con proxección universal, un embaixador da cultura galega en Portugal e en América. E mantivo relación de amizade polo mundo adiante con moitas figuras da intelectualidade contemporánea: Claudio Sánchez Albornoz, Valle Inclán, Unamuno, García Lorca, Américo Castro, Pau Casals, Borges, J. Coromines, Joseph M. Piel, Xosé Luís Pensado, Ramón Piñeiro, Fernando Pessoa, Amado Alonso, Gabriela Mistral, Gerardo Diego, Teixeira de Pascoaes, Fidelino de Figueiredo e outros escritores da xeración de 1927.
Pola súa propia traxectoria vital, Martínez López tivo un coñecemento moi directo do idioma portugués, a través da súa estadía en Lisboa e da profesión de docente na Universidade de Austin. Partillaba con Castelao a idea de que
a lingua galega florece en Portugal, mais nos seus derradeiros anos no tocante á grafía e normas do idioma galego, preferiu optar polas teses que buscan afondar lazos de unión co portugués, pero sen renunciar a un camiño propio. Hai que salientar, amais, que o profesor boirense foi un polígrafo bibliófilo e bibliómano, con moita teimosía arquivística, matinando no futuro.
Ramón Martínez López entregouse con fondura á cerna do movemento galeguista. Habería que pór de relevo nesta dedicación os nomes do Seminario de Estudos Galegos xunto co do Partido Galeguista. E a presidencia da Fundación Castelao ocupou as derradeiras arelas no seu vivir, ata que finou en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, con oitenta e dous anos.
Bibliografía
Beiras García, Manuel (1989): «Ramón Martínez López. Rexo nacionalista, de firme lealdade á Terra», A Nosa Terra, 400 (21 de setembro), 15 e 19.
Bilbao, Conchi et al. (2005): Trasterrados. Dicionario do exilio galego. Santiago: Editorial Compostela.
Borobó, (Raimundo García Domínguez) (2001): «O exemplo de Ramón Martínez López», A Nosa Terra, 1.000 (20 de setembro), 27.
Consello da Cultura Galega (2006): Actas do Congreso Internacional O Exilio Galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 24-29 de setembro, 2001. Accesible en: www.consellodacultura.org / Arquivo da Emigración Galega
C[osta] R[ico], A[ntón] (1993): «Don Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia» (recensión), Revista Galega de Educación.
EGU (2002): «Martínez López, Ramón». En EGU. Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo; 11, 448.
F[andiño] V[eiga] , X[osé] R[amón] (1974-1986): «Martínez López, Ramón». En Gran Enciclopedia Gallega. Santiago-Gijón: Silverio Cañada Editor; 20, 147-148.
Fandiño Veiga, Xosé Ramón (2003): «Martínez López, Ramón». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso-Diario de Pontevedra; 28, 81-82.
Fernández del Riego, Francisco (1990): «Martínez López, Ramón». En Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro.
Filgueira Valverde, Xosé (1992): VII Adral. Sada: Ediciós do Castro.
Laboratorio de Formas de Galicia (1978): Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos. Sada: Ediciós do Castro; (Cadernos do Laboratorio de Formas de Galicia; 5).
Liñares Giraut, X. Amancio (1984): «As relacións Galicia-Portugal a debate», Encrucillada, 40 (novembro-decembro 1984), 59-68.
Liñares Giraut, X. Amancio (2001): «Na memoria do profesor Ramón Martínez López», comunicación presentada ao Congreso Internacional O Exilio Galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 24-29 de setembro.
Liñares Giraut, X. Amancio (2007): Ramón Martínez López. Santa Comba: tresCtres Editores.
Maceira Fernández, Xosé Manuel (1995): A literatura galega no exilio. Consciencia e continuidade cultural. Vigo: Edicións do Cumio.
Mato, Alfonso (2001): O Seminario de Estudos Galegos. Sada: Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.
Real Academia Galega (1970): Nós (número de homenaxe da Real Academia Galega no 50 aniversario da revista Nós). Vigo.
Rodríguez Santamaría, Pastor (27/5/2005): «Ramón Martínez López. Boirense cosmopolita», Barbantia-La Voz de Galicia (ed. Barbanza), (27 de maio), 8.
Seminario de Estudos Galegos, (1990): Homenaxe a Ramón Martínez López. Sada: Ediciós do Castro. (Cadernos da Área de Arte e Comunición; 4).
Villaverde García, Elixio e X. Amancio Liñares Giraut (1992): Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia. Noia: Sementeira. (Monografías Didácticas-Ensino Secundario).
Como citar: Liñares Giraut, Xosé Amancio : Ramón Martínez López. Publicado o 31/5/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2465. Recuperado o 16/06/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Ramón Martínez López.
Ramón Martínez López é unha das voces máis eruditas do exilio galego. O seu amplo labor investigador e docente desenvolvido en EE.UU. e centrado, especialmente, nos estudos filolóxicos non lle impide continuar co seu compromiso galeguista, intelectual e político. Os audios que se ofrecen corresponden aos anos do seu regreso. Os azos e os compromisos con Galicia manteñen a súa inquebrantable lealdade.
Sobre Vicente Risco
O centenario do nacemento de Vicente Risco (1 de outubro de 1884) serve de motivo para que Ramón Martínez López, a través dunha pequena entrevista en RNE-A Coruña, faga unha concisa pero atinada descrición do intelectual ourensán. Destaca o seu labor como etnógrafo e a súa excelencia no maxisterio coas novas xeracións. Xustifica, polos tempos históricos nos que viviu, algunhas das súas controvertidas posturas ideolóxicas.
Duración: 08'48''
Sinatura: ACRN00240_13 .
Fondo: RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
O Seminario de Estudos Galegos
O 27 de maio de 1987, Ramón Martínez López participa como conferenciante no ciclo “Homenaxe ao galeguismo histórico”, que organiza a Asociación Cultural O Facho na Coruña. As súas palabras están dedicadas, fundamentalmente, a recordar o papel fundacional que tivo o Seminario de Estudos Galegos, dende a súa creación en 1923, para a toma de conciencia da identidade galega.
Duración: 27'25''
Sinatura: MAFV—XUN/111.
Fondo: Colección Miguel Anxo Fernán-Vello. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Un agradecemento
A Fundación Penzol de Vigo réndelle unha sentida homenaxe, o 4 de abril de 1987, a Ramón Martínez López no seu 80 aniversario. A data serve para que os responsables da institución viguesa destaquen a xenerosidade do intelectual boirense para fornecer a entidade dun legado bibliográfico extraordinario. Neste fragmento escóitanse as palabras emocionadas de Martínez López agradecendo a dita homenaxe.
Duración: 22'39''
Sinatura: FUPE—HOM/9
Fondo: Colección Fundación Penzol. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Unha das voces máis eruditas do exilio
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal». Ver Documento
Este documento recolle a transcrición realizada por Amancio Liñares da mesa redonda celebrada dentro do marco do I Encontro Universitario do Noroeste Peninsular celebrado na Facultade de Xeografía e Historia da USC en 1983.
O contido transcribe unha mesa redonda de outono de 1983. O artigo «As relacións Galicia-Portugal, a debate» abranguía na publicación orixinal da páxina 467/59 (non numerada) á 476/68 e contiña na páxina 471/63 unha viñeta humorística do debuxante Siro, asinada no ano 84, na que dous homes vestidos de traxe con puro nas mans ollan un para o outro, un cunha bandeiriña que di Celta pensando ¡Cascarilleiro! en alusión ao outro, e reciprocamente o segundo cunha bandeiriña que di Deportivo pensando ¡Portugués! polo primeiro. O debuxo ía co pé de foto en tipografía impresa «Relacións Galicia-Portugal». Existe a gravación sonora correspondente no ASG, Col. Amancio Liñares, signatura ANMI—XUN/98. Nótese que a intervención de Ramón Villares no inicio da versión textual non está recollida no documento sonoro.
Baixo o título «As relacións Galicia-Portugal, a debate» o artigo impreso publicouse case un ano máis tarde na revista Encrucillada n.º 40 (novembro-decembro de 1984, pp. 59-68).
Tres cartas de Castelao a Ramón Martínez López. Ver Documento. Artigo
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Martínez López, Ramón: «Tres cartas do desterro», Boletín de la Real Academia Gallega, 357 (xaneiro de 1975), 73-77
Martínez López publica en Grial unha nova lectura dos Cancioneiros. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Martínez López, Ramón: «Nova ollada aos Cancioneiros», Grial, 34 (outubro-decembro de 1971 ), 385-291.
Accesible en: https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_034.pdf [Consulta: 2022-05-31]
Artigo de Martínez López en A Nosa Terra. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Martínez López, Ramón: «Glosando: O Congreso de Estudos Galegos», A Nosa Terra: boletín quincenal: idearium das Irmandades da Fala, 1228 (1 de setembro de 1926), 5.
Un exemplo da súa serie xornalística Lambizos. Compostela, 1926. Ver Documento
Fonte: Documento facilitado polo autor da biobibliografía
Algúns artigos de Ramón Martínez López no xornal El Compostelano. Ver Documento. Artigo
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Martínez López, Ramón: «As supersticións do día de defuntos en Galicia», El Compostelano: diario independiente, 1692 (2 de novembro de 1925), 1; «La necesidad de una Residencia de estudiantes en Santiago», 1696 (6 de novembro de1925), 1; «O Arquivo do antiguo Reino de Galiza», 1718 (2 de decembro de 1925), 1; «Homenaje a los escolares: unha lápida de transcendente significación», 1771 (13 de febrero de 1926), 1; «A rosa do amor», 1871 (18 de xuño de 1926), 1.
Colaboracións de Martínez López na revista Nós. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Martínez López, Ramón: «Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Conto», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 21 (15 de setembro de 1925), 19; «Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza», 24 (15 de decembro de 1925), 15; «Nota bibliográfica presentada ao Seminario de Estudos Galegos na xuntanza do 6 de febreiro», 28 (15 de abril de 1926), 6-7; «Divulgación folcklórica: a vida na Bretaña», 33 (15 de setembro de 1926), 14-15; «Unha poesía inédita e autógrafa do noso bardo: [noticia sobre unha comunicación de Ramón Martínez López]», 36 (15 de decembro de 1926), 3; «Os homes, os feitos, as verbas: a nosa etnografía», 45 (15 de setembro de 1927), 14-16; «Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza: O Trasno; Conto», 63 (15 de marzo de 1929), 52.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Relación de obras de Ramón Martínez López, realizada por Amancio Liñares Giraut. Ver Documento. Artigo
Fonte: Álbum de Galicia
Invitación aos actos na memoria de Ramón Martínez López no seu Concello natal de Boiro. Outubro de 2013. Ver Documento
Fonte: Documento facilitado polo autor da biobibliografía
Relatorio de Víctor Fuentes sobre as relacións nas obras dos exiliados galegos en Estados Unidos. Ver Documento. Artigo
Fuentes, Víctor: «Constantes gallegas y del exilio norteamericano en la obra de Ernesto Guerra da Cal, Emilio González López, Eugenio Granell, Ramón Martínez López y José Rubia Barcia». En Actas do Congreso Internacional “O exilio galego” [Celebrado en Santiago de Compostela do 24 ao 29 de setembro de 2001]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2002; 517-540.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Accesible en: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2001_Actas-do-congreso-internacional-O-Exilio-Galego.pdf
Borobó lembra a Ramón Martínez López n'A Nosa Terra. Ver Documento. Artigo
Borobó, (Raimundo García Domínguez): «O exemplo de Ramón Martínez López», A Nosa Terra, 1.000 (20 de setembro de 2001), 27.
Fonte: A Nosa Terra. Consello da Cultura Galega. Accesible en http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_1000_20010920.pdf [Descarga: 2022-05-31]
Entrada de Martínez López no Diccionario de escritores en lingua galega de Fernández del Riego. Ver Documento. Artigo
Fernández del Riego, Francisco: «Martínez López, Ramón». En Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro, 1990.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Manuel Beiras lembra a Martínez López n'A Nosa Terra. Ver Documento. Artigo
Beiras García, Manuel: «Ramón Martínez López. Rexo nacionalista, de firme lealdade á Terra», A Nosa Terra, 400 (21 de setembro de 1989), 15 e 19.
Fonte: A Nosa Terra. Mediateca do Consello da Cultura Galega.
Accesible en http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_0400_19890921.pdf [Descarga: 2022-05-31]
Retrato fotográfico de Ramón Martínez López publicado na revista Vida gallega. Ver Documento. Fotografía
«Ramón Martínez López», Vida gallega: ilustración regional, 547 (10 de febreiro de 1933), 38.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Nova sobre a creación do semanario Amencer, no que Xulián Magariños exercerá como secretario e Ramón Martínez López como director. Ver Documento. Artigo
«Nueva empresa editorial: un semanario», Heraldo de Galicia: periódico consagrado a los intereses del pueblo galiciano y paladín de la colonia gallega en Cuba, 1 (10 de xaneiro de1926), 4
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000281365 [Descarga: 2023-02-20]
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Ramón Martínez López na DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: https://dbe.rah.es/biografias/80069/ramon-martinez-lopez [Consulta: 2022-05-31]
Entrada de Ramón Martínez López na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Mart%C3%ADnez_L%C3%B3pez [Consulta: 2022-05-31]
Revista Yunque
Edición facsimilar: Alonso Girgado, Luís; Moreda Leirado, Marisa e Vilariño Suárez, María (eds.) (2006): Yunque: periódico de vanguardia política: (1931-1932). Lugo: 1931-1932. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: https://www.cirp.es/publicacions/pub-0212.html [Consulta: 2023-03-22]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Epístolas de
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1936
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1954
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1962
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1975
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1976
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1978
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
Publicacións periódicas
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Artigos Ramón Martínez López
BEIRAS GARCíA, A. CASTRO, P. CUNQUEIRO, Á. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FILGUEIRA VALVERDE, X. FOLE, Á. FRAGUAS, A. GONZáLEZ GARCíA-PAZ, S. MANTEIGA, L. MARTíNEZ LóPEZ, R. MASIDE, C. GUERRA DA CAL, E. PIñEIRO, R. VALENZUELA, R. VILLAR PONTE, A. GOLáN, N. BLANCO TORRES, R. BRAñAS CANCELO, P. VáZQUEZ MARTíNEZ, A. MORANDEIRA, D. EDREIRA PEDREIRA, M. LóPEZ DURá, X. REY, E. CARNERO VALENZUELA, J. REBOREDO FERNáNDEZ, I. ESCARIZ BUGALLO, M. MONTERO CORBEIRA, M. NOYA RODRíGUEZ, C. FREIRE VAAMONDE, M. ARIAS PARGA, E. (2/1934) A xuventude galega ao lado de «Galicia». Nun manifesto que nos remiten dendes Compostela, corenta representantes da nova Galicia - profesores, mestres, obreiros, periodistas - eisprésannos a súa simpatía e solidaridade entusiastas | Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 1.