Santiago Montero Díaz
Ferrol, A Coruña, Galicia, 21/ 1/1911 - Madrid, España, 1985Autoría: Xosé M. Núñez Seixas
Unha traxectoria peculiar
I
Santiago José Montero Díaz naceu en Ferrol en xaneiro de 1911. Fillo dun comerciante, pasou parte da súa nenez como emigrante en Cuba. Retornado en 1922, estudou bacharelato en Ferrol e na Coruña, e entre 1926 e 1929 cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC), canda o seu amigo Ricardo Carballo Calero. Nos ambientes estudantís foi compañeiro de Luís Seoane, Luís Manteiga e Álvaro Cunqueiro, entre outros. Era un lector autodidacta e de amplas inquedanzas, que bambeaban entre o galeguismo cultural e o rexeneracionismo español, amais da preocupación pola cuestión social, ao que contribuíran as súas lecturas no Centro Obrero de Cultura ferrolán. En novembro de 1926 leu o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos,Un documento inédito del archivo compostelano, asesorado polo arquiveiro municipal Pablo Pérez Costanti. Emporiso, aínda que mantivo a condición de socio protector ata 1936, xamais tivo un labor salientado nas actividades do Seminario nin participou nas súas publicacións.
Pola contra, Montero Díaz adoitaba xa colaborar na prensa, tanto en El Eco de Santiago coma en Faro de Vigo e El Correo Gallego, amais de na revista Vida Gallega, sobre temas moi diversos. Mesturaba unha atención particular á cuestión social co apelo aos valores espirituais das nacións. Era xa un afervoado nacionalista español, mais rexionalizado: asumía o labor dos filólogos, literatos e historiadores na reconstrución do espírito de Galicia, mais sempre ao servizo das glorias de España. As novas xeracións habían dirixirse
a la región enteracun aínda inconcreto devezo vitalista e mesmo irracionalista que se podía albiscar por tras do seu elitismo intelectual:
un ademán integral de gesto, de palabra, de pensamiento, escribía en 1927. E tamén consideraba que o tempo do galeguismo político fora só
un sueño. En 1928 proclamaba o seu abandono da fe católica, malia a súa amizade co crego ferrolán republicano Matías Usero.
En setembro de 1929 Santiago Montero foi nomeado profesor asistente de Historia da USC. Iniciou o seu doutoramento na Universidad Central de Madrid, e para asegurarse o sustento entrou por oposición no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos do Estado. Após uns meses na Biblioteca Nacional de Madrid, obtivo o traslado á biblioteca universitaria de Compostela. Nese tempo achegouse ao socialismo, como testemuñan os seus artigos no semanario ferrolán El Obrero. No entanto, a escasa ardentía revolucionaria dos seus correlixionarios levouno a simpatizar co daquela moi minoritario Partido Comunista de España (PCE), do que en xuño de 1931 se declaraba próximo. Mais era un inconformista nato: xa militante, e desconforme co liderado do partido, en xuño de 1932 promoveu canda outros mozos unha protesta contra do secretario xeral José Bullejos, visto coma un diletante sen formación teórica. Bullejos foi destituído pola Comintern, mais Montero Díaz e os seus compañeiros foron expulsados do PCE.
Así e todo, Montero Díaz era un comunista singular. Profesaba un nacionalismo rexeneracionista español que casaba mal coa III Internacional. E lonxe do materialismo histórico, o idealismo hegeliano impregnaba a súa visión da historia, ademais da súa fe tanto na capacidade dos seres humanos para definiren o seu destino, como no papel salientado das personalidades singulares e carismáticas, capaces de encarnar valores universais e sinalar o camiño dunha comunidade. Os grandes homes forxaban os imperios e as nacións. A tensión teórica entre a virtualidade palinxenésica da revolución e a crenza nos valores espirituais e nos grandes homes expresouse en dúas obras: Los separatismos (1931), na que propugnaba unha sorte de rexurdimento plural da nación española con vontade imperial e universal; e Fascismo (1932), análise do fascismo mussoliniano dende unha perspectiva marxista que non agachaba certa admiración polo Duce e mesmo polos
jóvenes de talentodo semanario La Conquista del Estado, dirixido por Ramiro Ledesma Ramos, en cuxa nacenza participaron galegos como Alexandre Raimúndez, Manuel Souto Vilas e Ramón Iglesia Parga. Montero Díaz escribiu ao novo órgano fascista xa en xuño de 1931: admirábao por denunciar a
farsada democracia liberal, mais sostiña que o comunismo non era antipatriótico, senón que situaría España nun novo posto de prestixio no mundo. O excéntrico ferrolán era xa daquela un fascista inconfeso.
II
Na conversión de Montero ao fascismo xogaría un papel crucial a súa oposición ao Estatuto de Autonomía de Galicia. Malia facer parte da comisión redactora do Anteproxecto autonómico debatido na Asemblea de Concellos en Compostela (decembro de 1932) e estar a prol dunha certa descentralización, rexeitaba os postulados do nacionalismo galego e estimaba que só no seo de España podería Galicia acadar unha plena realización, seguindo a rota que na Idade Media xa trazara o arcebispo Xelmírez. Opúñase tamén á cooficialidade do galego no ensino e na Administración, malia postular que os funcionarios en Galicia debían coñecer a lingua local, na que os cidadáns terían dereito a expresarse perante as autoridades. En decembro de 1932 expuxo publicamente a súa posición, e manifestaba a súa fe nas minorías escolleitas, insistía na necesidade de crear conciencia nacional española por un Estado republicano forte, e avogaba pola instauración dunha orde social corporativa.
Na Asemblea de Concellos celebrada uns días despois recuncou nos seus postulados. Porén, logo de polemizar co galeguista Alexandre Bóveda, os seus argumentos foron rexeitados e Montero abandonou as sesións. Adicouse daquela á propaganda antiestatutista. En febreiro de 1933 obtivo unha bolsa de estudos, grazas ao seu mestre Ciriaco Pérez Bustamante, para unha estadía na Universidade de Berlín. Enxergou na capital alemá os primeiros meses de exercicio do poder por parte dos nazis. Porén, deixaron nel pouca pegada. No verán de 1933 criticou o nazismo nalgunhas palestras en ateneos obreiros, pois vía nel un movemento máis reaccionario que o fascismo italiano. Tampouco compartillaba o seu antisemitismo: Montero admiraba os xudeus, por manteren a súa identidade ao longo dos séculos.
En setembro de 1933 Montero Díaz sumouse ás Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS) de Ledesma Ramos e converteuse no seu líder en Galicia, o que lles deu un certo pulo organizativo. En Compostela atraeu ao seu grupo, entre outros, o antigo carlista José María Castroviejo e a estudante Victoria Eiroa, futura dirixente da Sección Femenina de Falange. Montero fixo bandeira do antiautonomismo e do españolismo, e tentou gañar para a causa a diversos sectores antigaleguistas de dereita e esquerda. En decembro de 1933 escribía na revista JONS que a nación había ser unitaria e homoxénea. Malia recoñecer a súa pluralidade, tamén vía no rexionalismo cultural un xerme de esfarelamento da nación española, definida a partir de tres variábeis: espírito nacional (Volksgeist), territorio e pobo. O catolicismo non era esencial, senón unha forma de civilización herdeira da tradición grecorromana. Para alentar esa estratexia, en decembro de 1933 saíu do prelo o semanario jonsista Unidad, no que colaboraron varios publicistas contrarios ao Estatuto. Arrebolaba argumentos achegados aos da esquerda obreira: a autonomía sería unha conxura caciquil para perpetuar a
esclavitud económicadas camadas populares. No entanto, a aventura durou pouco tempo: a imprenta compostelá de Unidad foi asaltada por militantes antifascistas, e a súa venda na rúa, boicoteada. Adoptaron entón os jonsistas un perfil baixo, mentres Montero tentaba en van gañar adeptos entre os anarcosindicalistas composteláns e coruñeses.
A militancia fascista de Montero Díaz sería breve. En febreiro de 1934, despois da fusión das JONS coa Falange Española de José Antonio Primo de Rivera, Montero dimitiu: para el, Falange era un partido conservador que non podería concorrer co marxismo no plano revolucionario. Concentrouse daquela en rematar o seu doutoramento. En abril de 1935 foi nomeado profesor asistente na Facultade de Filosofía e Letras compostelá, e pouco despois gañou unha cátedra de Historia Medieval na Universidad de Murcia.
III
En xullo de 1936 a sublevación sorprendeu ao Montero Díaz en Madrid. Sobreviviu agachado na pensión onde paraba e en casas de particulares, coma Armando Cotarelo Valledor ou o seu curmán Juan. Apoiárono ademais algúns conterráneos e colegas republicanos. En marzo de 1937 o xornalista ferrolán Xosé Rubia Barcia e o lingüista arxentino Ángel Rosenblat trasladárono nun vehículo da Junta de Defensa de Madrid á legación da República de El Salvador, onde permaneceu ata outubro daquel ano. Logo fixo parte dunha célula da Quinta Columna e contribuíu a falsificar salvocondutos. En marzo de 1938 conseguiu por fin pasarse á zona insurxente.
A guerra obrigou ao Montero a tomar partido, aínda que desaprobou o asasinato de Matías Usero e testificou a prol dun amigo anarquista compostelán, Antonio Ramos Varela. Con todo, puxo o seu talento ao servizo da causa falanxista: nalgunhas palestras defendeu o carácter
revolucionarioda guerra para os nacionalsindicalistas, no nome de
obreros, estudiantes y militares; e apelaba a conquistar as masas para a nación, superar o capitalismo e realizar o imperio. Non falaba de vinganza, nin de cruzada. Para el, ademais, o auténtico ausente sería Ramiro Ledesma, e non José Antonio. Aos poucos, Montero Díaz foi cooptado polo líder falanxista Dionisio Ridruejo para o Servicio Nacional de Propaganda e foi nomeado xefe territorial de propaganda para Cataluña. Pouco durou: en xuño de 1938 opúxose a que o gobernador civil de Castelló e o ministro do Interior interferisen nos contidos da propaganda falanxista na fronte. Dimitiu e alistouse nunha unidade de combate.
En setembro de 1939 Montero Díaz reincorporouse á Universidad de Murcia. Aliñouse nun comezo cos obxectivos do franquismo no eido académico: cumpría rehispanizar a ciencia. Para el, ademais, o home e os seus valores eran o motor da historia, mais algúns individuos tiñan
voluntades superiores, […] heroicas. En agosto de 1941 asumiu a cátedra de Historia Universal Antiga e Medieval na Universidad de Madrid, onde se estabeleceu. Pertencía ao bando vencedor, mais abstívose de colaborar nas revistas de influencia falanxista. Seguía a ser un fascista revolucionario ao seu xeito, e aliñouse coa causa do Eixe durante a guerra mundial. Non só con Mussolini, senón tamén coa Alemaña hitleriana, na que vía o derradeiro baluarte da civilización europea fronte ao comunismo. Mesmo sostivo nunha palestra en febreiro de 1945 que cumpría apoiar o III Reich custase o que custase. Tiña ademais contacto con axentes nazis. A Dirección General de Seguridad, daquela, confinouno por uns meses na vila manchega de Almagro.
IV
Montero Díaz retornou a Madrid en xuño de 1945. O seu conterráneo Francisco Franco receou sempre del, mais non era un perigo para o réxime. Nos anos seguintes formou dende a súa cátedra xeracións de discípulos en diversos eidos humanísticos, dende historiadores como Rafael Calvo Serer e Juan José Carreras ata filósofos como Carlos Baliñas, Gustavo Bueno e Emilio Lledó. Acolleu algúns exiliados fascistas romaneses da Europa oriental, mais tamén tivo discípulos de esquerda ou republicanos, e brindou apoio a algún deles, coma o historiador Nicolás Sánchez Albornoz ou o xurista Manuel de Rivacoba, cando cumpriron condena.
O xa maduro profesor casou, tivo dous fillos e sentou a cabeza. Comezou entón un progresivo retorno á cultura galega. Retomou os seus contactos co galeguismo cultural e político, dende Ramón Otero Pedrayo e Carballo Calero, cuxa tese de doutoramento dirixiu, ata Fermín Bouza Brey. En 1955 gabou nunha palestra as teses do galeguismo político que tanto combatera. E nove anos despois disertou sobre a figura do arcebispo Diego Xelmírez, un persoeiro dos que forxarían época, leal
a los ideales de galleguidad y cristianismo, que contribuíra a
reforzar la conciencia gallega de unidad política e histórica: un
precedente […] para un futuro de autodeterminación y soberanía de Galicia. Mais ese destino ligábase a un horizonte máis amplo, de carácter hispánico e imperial. Malia as súas arroutadas e ter relación cos estudantes do grupo Brais Pinto, Montero xamais asumiu o nacionalismo galego.
Ao tempo, o antigo jonsista comezou a participar nalgunhas mobilizacións universitarias contra da ditadura, canda colegas como Pedro Laín Entralgo ou José Luis López Aranguren. O seu desencanto co réxime subscribía agora os postulados da oposición democrática. Protexería tamén en ocasións alumnos detidos pola policía, usando as súas influencias. En 1965 sufriu unha suspensión temporal, canda Mariano Aguilar Navarro, López Aranguren, Agustín García Calvo e Enrique Tierno Galván, por secundar unha protesta universitaria. Unha oferta da Universidad de Concepción (Chile) permitiulle poñer terra de por medio durante ano e medio, ata que en marzo de 1967 a súa sanción foi revogada e retornou a Madrid. Dende aquela, concentrouse nas súas actividades docentes ata a súa xubilación en 1981.
Durante a transición á democracia Montero Díaz non deixou ouvir a súa voz. Abofé que non tiña as enerxías de outrora, mais xamais completou un traxecto de volta cara á democracia. Ficou nalgún estadio intermedio, con maior paixón pola nación. No fondo, seguía a procurar no pasado, fose en Alexandre Magno ou en Xelmírez, os líderes providenciais da súa mocidade.
Bibliografía básica
Duplá Ansuátegui, A (2004): «Santiago Montero Díaz. Un itinerario historiográfico singular». En S. Montero Díaz, S.: De Caliclés a Trajano. Estudios sobre historia política del mundo antiguo. Pamplona: Urgoiti; vii-lxxxiii.
Núñez Seixas, Xosé M. (2012): La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución. Granada: Comares.
Núñez Seixas, Xosé M. (2015): «Una rivoluzione in cerca di una nazione: Il fascismo sui generis» di Santiago Montero Díaz«, Spagna Contemporanea, 48, 79-101.
Como citar: Núñez Seixas, Xosé M. : Santiago Montero Díaz. Publicado o 21/3/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2637. Recuperado o 19/04/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Respostas de Montero Díaz á enquisa realizada por José Fernández Ferreiro para La Noche. Ver Documento
«Galicia vista por los gallegos: Santiago Montero Díaz», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 13183 (29 de febreiro de 1964), 7.
Fonte; Galiciana. Biblioteca Dixigtal de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7180
Texto da conferencia Idea del imperio, de Montero Díaz . Ver Documento. Libro
Montero Díaz, Santiago: Idea del imperio: conferencia. Madrid: [s.n.], 1943.
Fonte: Ayuntamiento de Córdoba. Red Municipal de Bibliotecas.
En 1939, como decano da facultade de Filosofía y Letras da Universidad de Murcia, Montero Díaz leu o discurso de apertura do curso académico. Ver Documento
Montero Díaz, Santiago:Discurso de apertura del año académico de 1939 a 1940. Murcia: Universidad, 1939
Fonte: Universidad de Murcia.
http//:digitum.um.es
Carta de Montero Díaz a Luís Seoane formou parte de Soma de craridades, obra de Álvaro Cunqueiro con ilustracións de Seoane, que publicou a editorial coruñesa Cuco-Reu en 1977. Ver Documento
Montero Díaz, Santiago.: «Carta a Luís Seoane». En Cochón, Luis e Alonso Girgado, Luís (ed.): Soma de craridades por Álvaro Cunqueiro e unha carta a Luís Seoane por Santiago Montero Díaz. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2011;
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
[Accesible en https://www.cirp.es/publicacions/pub-0327.html]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo do xornalista Óscar Iglesias en El país sobre Montero Díaz. Ver Documento. Artigo
Iglesias, Óscar: «Fascista intelectual no tiene imperio: Una biografía analiza el legado del historiador ferrolano Santiago Montero Díaz», El país, (9 de outubro de 2012)
Fonte: El país/cite>
As derivas políticas de Montero Díaz, por Xosé M. Núñez Seixas. Ver Documento. Artigo
Núñez Seixas, Xosé M.: «Santiago Montero Díaz: as derivas dun fascista heterodoxo», Grial: revista galega de cultura, 189 (xaneiro-marzo de 2011), 57-69.
Fonte: Hemeroteca Grial. Editorial Galaxia.
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/
Crítica de La política social en la zona marxista, de Montero Díaz, en Destino, semanario de F.E.T. e das J.O.N.S. . Ver Documento. Artigo
«Revisión», Destino: semanario de F.E.T. y de las J.O.N.S., Barcelona: Delegación de Prensa y Propaganda de la Territorial de Cataluña, 80 (11 de setembro de 1938), 1.
Fonte: https://arca.bnc.cat [Descarga: 2023-03-16]
Noticia sobre a publicación en Santiago de Compostela, o 1 de decembro de 1933, do semanario jonsista Unidad. Ver Documento. Artigo
G.P.C.: «Unidad», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 19990 (20 de marzo de 1977), p 16
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000255432
Conferencia de Montero Díaz en Vigo sobre o Estatuto, tras a que se produciron altercados. Ver Documento. Artigo
«En Vigo se ha gritado
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia.¡Muera España!», Vida gallega ilustración regional, 572 (20 de outubro de 1933), 27.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3983
Páxina de El pueblo gallego dedicada ao Estatuto. Ver Documento. Artigo
«Galicia ha aprobado su Estatuto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 2725 (20 de decembro de 1932), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3952
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Transcrición de Fascismo, de Santiago Montero Díaz
Montero Díaz, Santiago: «Fascismo», Cuadernos de Cultura, Valencia, 53 (1932).
Fonte: https://www.filosofia.org/his/h1932a1.htm [Consulta: 2023-03-10]
Santiago Montero Díaz no DB-e da Real Academia de la Historia
Argaya Roca, Miguel: «Santiago Montero Díaz», https://dbe.rah.es/
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/13076/santiago-montero-diaz [Consulta: 2023-03-16]
Biobibliografía de Montero Díaz na páxina web filosofía.org
Fonte: https://www.filosofia.org/ave/001/a020.htm [Consulta: 2023-03-06]
Ficha de Santiago Montero Díaz no Portal de Archivos Españois (PARES)
Fonte: http://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/150707 [Consulta: 2023-03-06]
Espazo web de Santiago Montero Díaz en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Edición dixital de La revolución nacional-sindicalísta y los trabajadores, conferencia pronunciada por Montero Díaz en Santiago o 28 de abril de 1938 e publicada en 1939 en Zaragoza por Ediciones LIbertad
Montero Díaz, Santiago:La revolución nacional-sindicalista y los trabajadores [1ª ed: Zaragoza: Ediciones Libertad, 1939]
Fonte: http://www.sindicatount.es/textos/la_revolucion_nacional_sindicalista_y_los_trabajadores.pdf [Consulta: 2023-04-16]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
Publicacións periódicas
Alma Gallega (1931-) .
Revista Quincenal Ilustrada