Aureliano José Pereira de la Riva
Lugo, 1855 - Madrid, España, 1906Autoría: Xurxo Martínez González
Republicanismo federal con corazón galego
Dentro desta cultura republicana atopamos persoas ligadas, de maneira intensa, á nosa cultura. Entre os primeiros, podemos citar ao mariñao Vicente Álvarez Miranda; ou a dous líderes do Partido Demócrata (o primeiro partido republicano na historia española), como foron Eduardo Chao e Eduardo Ruiz Pons, tan vencellados ao Rexurdimento; ou, tras a derrota da I República, aparecen Alfredo Vilas ou Manuel Leiras Pulpeiro; ou, xa dando o salto ao século XX, encontrámonos con Antón Villar Ponte, Santiago Casares Quiroga ou Castelao. E así até hoxe.
Mais, como en toda opción política, existiron fraccións internas. Sobre todo a partir da queda manu militari da Primeira República. Entre estas opcións toma corpo o republicanismo federal que en Lugo atopou unha das principais voces: Aureliano Pereira.
Os inicios dunha vida
A diferenza desoutros líderes do rexionalismo galego (Manuel Murguía e Alfredo Brañas), Aureliano Pereira naceu nun casal de recursos limitados sito na actual rúa Armanyá 29 de Lugo. Estas carencias impediron a progresión académica: non fixo estudos superiores.
A vontade de Pereira sobreponse aos atrancos impostos polas condicións de vida. Desta maneira bota man das letras, lendo e escribindo, para ocupar un posto na esfera pública. A súa literatura abala entre a poesía e a prosa política pasando polo conto, tanto en galego como en castelán. Isto revela tamén unhas aptitudes favorables ao coñecemento e un sentido do esforzo.
A prensa como vida
O seu primeiro artigo publicouse en La Ilustración republicana federal un 11 de setembro de 1872. O cabezallo é ben evidente, o artigo tamén: «La sombra de la República». Estamos no preludio da alborada republicana de 1873. Aureliano conta entón con 17 anos de vida.
A carreira de creación literaria arrancouna na prensa galega, na Revista Galaica de Benito Vicetto. Situámonos en 1874, o mesmo ano no cal dirixe o Almanaque (proseguindo a tradición aberta polo seu paisano Soto Freire, o editor dalgunhas obras de Rosalía, Saco Arce ou Murguía). Nesta publicación colaboran nomes próximos ao seu ámbito político coma Curros Enríquez, pero tamén escritores como Vesteiro Torres ou Lamas Carvajal. En todo caso, en tempo récord, intégrase no circuíto rexurdimentista.
Dende entón apurou o paso. En 1875 aumenta a produción literaria, tanto en castelán como en galego, na prensa. Mais tamén se propón establecer unha Liga periodística de Galiza, revelando así unha inquedanza presente na súa vida como foi o asociacionismo a prol do noso país.
Dende 1878 até 1884 traballa en El Diario de Lugo, exercendo por veces como único redactor. Pero esta dedicación non impedía a súa militancia política e literaria. Incluso malia as denuncias impulsadas polos sectores católicos máis ultras.
A travesía periodística avanzaría agora en El Regional (1884-93), título ben máis identificativo a nivel nacional do anteriormente localista. Durante este período, Pereira chimpa á esfera política: en 1887 exerce como concelleiro en Lugo.
O crecente peso político levouno á comisión encargada de redactar o Proyecto de constitución para el futuro Estado Gallego. Este é un texto case esquecido entre nós pero crucial para o republicanismo federal da nosa terra. O citado proxecto aprobarase na asemblea de Lugo celebrada entre o 2 e o 7 de xullo de 1887.
Dende A Monteira, tamén de Lugo sob dirección de Amador Montenegro Saavedra (e repárese no protagonismo da fraga amurallada na política e prensa galegas de entón), chámase a constituír a Asociación regional de artistas y escritores, coma unha sorte da actual AELG. Pereira entra no asunto cun traballo publicado en La Pequeña Patria: o seu modelo organizativo partía do principio do “abaixo a arriba”; é dicir, crear estruturas locais e provinciais que logo se federarían a nivel galego. En fronte aparece o modelo unitario lanzado por Galo Salinas dende os espazos sociais e literarios da Cova Céltica, comandada por Murguía, por medio do voceiro oficioso titulado Revista Gallega.
A continuidade ou permanente presenza desta teima organizativa recóllese no discurso lanzado en decembro de 1886 no Círculo das Artes de Lugo. Alí propón constituír unha sorte de Academia Galega encargada de ser un soporte institucional para a cultura do país. E aquí entra o reto da lingua: a ortografía, a gramática, o dicionario…
Os escritos de Pereira traspasaron os marcos nacionais. Mantivo unha polémica nas páxinas da Revista de España con Luis Vidart, criticou o discurso de Alarcón dende El Porvenir de Barcelona, puxo a sinatura en prensa de Málaga, Cádiz…
Contra finais do XIX tamén publica obras en galego como Cousas da aldea ou Terra a miña (ambas de 1891), A cova da serpe (1892)… O primeiro dos libros foi calorosamente aplaudido por Curros Enríquez, nun artigo publicado en El País, no cal aproveita para reivindicar o carácter total do idioma galego e amosando a estupidez de pensalo e a maldade de querelo recluír ao estrito ámbito agrario. Este artigo provocaría unha dura resposta de Leopoldo Pedreira incluída no volume da Revista Contemporánea do ano 1892 e recollido no libro El regionalismo en Galicia (1894). Unha mostra máis das tensións acontecidas no seo do Rexurdimento.
Pereira gañaría algún certame literario con obras como Romancero de la ciudad de Lugo (1891), cos ensaios Las murallas de Lugo (1891) e Shakespeare y Calderón. Notas e indicaciones para un paralelo entre ambos autores (1881). Co título El regionalismo y la poesía gallega (1895) publica a conferencia impartida o 1 de xuño dese ano. Ademais, algúns dos seus poemas serán musicados por Juan Montes («Lonxe da terriña» ou «A sega»). Cómpre lembrar a súa faceta de autor dramático coa estrea de até oito títulos como Soledad, Los capitalistas ou ¡Lugo al vuelo! que tiveron boa acollida.
Contra 1894 marcha a Madrid para exercer como funcionario do Ministerio de Fomento. Participa na prensa: escribe, por exemplo e en certas ocasións, como crítico teatral en El País. E escritos seus saen na Revista Gallega que na Coruña dirixía Galo Salinas, á calor da Cova Céltica.
O 31 de outubro de 1906, un mes despois de constituírse a Academia Galega (aínda sen o título de
Real), morre na capital española nun humilde espazo, tal e como fora a súa vida desque chegara ao mundo.
Un credo revolucionario
Revolucionario no senso de proclamar doutrinas noutrora excéntricas. Digamos, por exemplo, a severa defensa dos dereitos da muller, a preocupación polas clases populares, a diagnose estrutural das causas da emigración…
Nas páxinas d´El Regional está a exposición motivada da tese republicana, federal e rexionalista nos parámetros do progresismo social. A proposta de Pereira ten xínea radicalmente política; é dicir, o rexionalismo galego é unha alternativa político-ideolóxica ao modelo centralizador, caciquil, cunerista, corrupto, partitocrático… O rexionalismo como proxecto íntegro, como outra forma de pensar a democracia para Galiza.
A aposta é clara: democracia social e liberdade para o país galego. Por este motivo reclama, de maneira taxativa, un autogoberno político e non apenas unha cesión administrativa do poder central. E ademais sitúa no centro a cuestión social e a vontade popular. Porque unha marca distintiva de Aureliano Pereira foi a constante preocupación por fornecer dunha base social, organizativa e de medios para o rexionalismo político, desbotando a retórica e o exclusivo compromiso literario. Este é o retrato dun
animal políticono senso de Aristóteles.
Un aspecto de especial interese recae no rol outorgado ao campesiñado. Este era un suxeito social cunha específica problemática económica, política e de clase. Por iso, o seu protagonismo no Rexurdimento debía ir alén da retórica literaria, da
compaixónlírica ou da exaltación saudosa. En síntese, Pereira impulsa a idea de sumar o mundo labrego como masa social do rexionalismo en termos políticos. De aí a súa nítida posición a prol do redencionismo foral, do matrimonio entre combate agrario e rexionalismo.
A posición de Pereira distaba un tramo de Murguía pero moitísimo máis de Alfredo Brañas. O lucense recoñecía no primeiro o pai da nación galega pero non o seguía con fe cega, senón que amosaba as súas diferenzas: por exemplo, coa importancia outorgada á cuestión étnica do celtismo e do xermanismo. Desta maneira, Pereira combina o rexionalismo co progresismo, sen rupturas nin atallos.
Aureliano Pereira, tras carta pública de Murguía, intégrase no comité rexionalista de Lugo constituído o 14 de decembro de 1890, dominado polos camaradas republicanos e vencellado á Asociación Regionalista Gallega liderada polo
pontífice do rexionalismo: Murguía.
En todo caso vese afectado por unha intensa crise arredor de 1891-1892, o que provocou a súa renuncia á militancia no partido federal e o afastamento tras a disolución da citada Asociación Regionalista Gallega. A partir desta data, achégase aos liberais dinásticos, desenténdese devagariño dos compromisos rexionalistas (así sucede no conflito da supresión da capitanía xeneral de Galiza) e vaise amoldando á estrutura caciquil e corrupta da Restauración.
En Madrid afilíase ao
rexionalismo literario. Así, no Ateneo madrileño pronuncia conferencias en 1895 arredor da nosa cultura. E nos últimos anos de vida arrímase, coma se tornase ao inicio da súa militancia, ás beiras do obreirismo e da causa social do proletariado emerxente como suxeito de intervención política.
O final da súa vida política ensombreceuse por este cambio de posición, que se ben non foi copernicano si é certo que dista das soflamas da madureza. Porén, Aureliano Pereira gañouse a pulso un maior protagonismo no estudo político-cultural da nosa patria.
Peche
En 1907 a Real Academia Galega, con Murguía de presidente, honrou a memoria de Aureliano Pereira. Alá estiveron representantes do concello, deputación, milicia, cámara de comercio, centro obreiro, escola de artes e oficios, o Orfeón Galego e a Banda Municipal de Lugo. Todos congregados ante a casa natal do homenaxeado. Alí descubriuse unha placa. Moitos anos despois, no centenario do seu cabodano (2006), o Concello de Lugo descubriu unha nova placa na fachada. E alí quedou, sen pena nin gloria.
Bibliografía
Beramendi, Justo (2007): De provincia a nación. Vigo: Xerais.
Máiz, Ramón (2006): Escritos sobre federalismo e galleguismo. Compostela: Centro Ramón Piñeiro.
Pedreira, Leopoldo (1894): El regionalismo en Galicia. Madrid: Establecimiento tipográfico de La Linterna.
Reboredo Marzo, María (2012-2018): «O contexto dunha fotografía: a homenaxe a Aureliano Pereira de 1907», Boletín do Museo Provincial de Lugo, 15 : 111-121.
Rodríguez Valcárcel, María Xosé (1996): Aureliano J. Pereira no Rexurdimento galego. Lugo: Fundación Caixa Galicia.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Aureliano José Pereira de la Riva. Publicado o 20/9/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=28329. Recuperado o 23/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema «¿Que será?», de Aureliano Pereira. Ver Documento. Poema
Pereira, Aureliano J.: «¿Que será?», Estudios gallegos: revista quincenal de lenguaje, finanza, turismo, 6 (20 de abril de 1915), 14.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000365050
«Mal que mata», poema en galego de Aureliano Pereira. Ver Documento. Poema
Pereira, Aureliano J.: «Mal que mata», Revista gallega: semanario de literatura e intereses regionales, 84 (11 de outubro de 1896), 2.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000371393
Colaboración literaria de Aureliano Pereira en La tierra gallega. Ver Documento. Relato
Pereira, Aureliano J.: «Amor premiado», La tierra gallega: periódico bisemanal de intereses regionales, 122 (17 de maio de 1896), 3-4
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=577360 [Consulta: 2023-09-15]
Artigo de Aureliano Pereira sobre o movemento literario en Galiza, publicado por entregas en Revista de España. Ver Documento. Artigo
Pereira, Aureliano J.: «El movimiento literario en Galicia», Revista de España, 139 (marzo de 1892) e 140 (maio de 1892)
Fonte: Hemeroteca Digital. BNE.
https://hemerotecadigital.bne.es/hd/es/card?sid=2648125
Resposta en El Regional de Aureliano Pereira á proposta de Galo Salinas publicada en A Monteira sobre a creación dunha
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.Asociación regional de escritores y artistas gallegos. Ver Documento
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3888
Partitura Dudas del alma: danza para dos voces al piano de Francisco Pillado Villamil. Ver Documento. Libreto
Pillado Villamil, Francisco: Dudas del alma . danza para dos voces ó piano. A Coruña: Canuto Berea y Cª, 189?
Fonte: Fondo Canuto Berea. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Primeiro artigo de Aureliano Pereira, publicado o 11 de setembro de 1872 en La Ilustración republicana federalVer Documento. Artigo
Riva, A.P. : «La sombra de la República», La Ilustración republicana federal, Madrid, 30 (11 de setembro de 1872), 1-2.
Fonte: Hemeroteca Digital BNE.
https://hemerotecadigital.bne.es/hd/es/card?sid=3609806
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«O contexto dunha fotografía: a homenaxe a Aureliano Pereira de 1907», estudo de María Reboredo Marzo. Ver Documento. Artigo
Reboredo Marzo, María: «O contexto dunha fotografía: a homenaxe a Aureliano Pereira de 1907», Boletín do Museo Provincial de Lugo, 15 (2012-2018), 111-121.
Fonte: Museo Provincial de Lugo / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
Aureliano Pereira no Diccionario da literatura galega. Ver Documento. Artigo
«Pereira de la Riva, Aureliano José». En Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega. I: Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 443-444.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Lembranza biográfica de Aureliano Pereira, por José Díaz Andión. Ver Documento. Artigo
Díaz Andión, José: «Lucenses ilustres: Aureliano J. Pereira», Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, 17-18 (xaneiro de 1946), 183-185.
Fonte: Biblioteca Pública de Lugo / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000375636
Artigo publicado en Revista gallega onde se resume o contido da conferencia «El Regionalismo y la poesía gallega» impartida por Aureliano Pereira no Centro Galego de Madrid. Ver Documento. Artigo
Kovelás: «Correspondencias de Madrid», Revista gallega: semanario de literatura e intereses regionales, 14 (16 de xuño de 1896), 2-3.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000371393
Fragmento de «El Regionalismo en Galicia», ensaio de Leopoldo Pedreira publicado por entregas en Revista contemporánea en 1892. Ver Documento. Artigo
Pedreira, Leopoldo: «El Regionalismo en Galicia», Revista contemporánea, 87 (xullo de 1892) e 88 (outubro de 1892)
Fonte: Hemeroteca Digital. BNE.
https://hemerotecadigital.bne.es/hd/es/issn/0213-8654
Ligazóns de interese
«Aureliano José Pereira de la Riva», artigo de José de Cora en El progreso. (24 de marzo de 2021)
Fonte: elprogreso.es
«Lembranza de Aureliano J. Pereira», artigo publicado na páxina web da Real Academia Galega. (22 de xaneiro de 2015)
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/-/lembranza-de-aureliano-j-pereira [Consulta: 2023-09-15]
Acceso en liña á obra Escritos sobre Federalismo e Galeguismo, de Aureliano Pereira. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2006
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
https://www.cirp.gal/publicacions/pub-0219.html [Consulta: 2023-09-15]
Acceso en liña ao Proyecto de Constitución para el futuro estado gallego: formulado por su Consejo Ejecutivo el 24 de mayo de 1883 [...]. A Coruña : [s.n.], 1887 (José Míguez Peinó y Hermano)
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=8226
Aureliano Pereira en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://datos-abertos.galiciana.gal/gl/recurso?uri=http://biblioteca.galiciana.gal/aut/BDGA20180224133 [Consulta: 2023-09-14]
Espazo web de Aureliano Pereira na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Biblitoeca Virtual Galega.
https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AurPerei1&alias=Aureliano+Pereira [Consulta: 2023-09-15]
Biobibliografía de Aureliano Pereira na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Aureliano_Pereira [Consulta: 2023-09-15]
Entrada biobibliográfica de Aureliano Pereira no DB-e da Real Academia de la Historia, escrita por Julio Reboredo Pazos
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/66305/aureliano-jose-pereira-de-la-riba [Consulta: 2023-09-15]
Obras de Aureliano Pereira na Biblioteca Nacional (BNE)
Fonte: BNE
https://datos.bne.es/persona/XX1065631.html [Consulta: 2023-09-15]
Acceso aos apuntamentos manuscritos de Salvador Cabeza de León sobre Aureliano Pereira.
Fonte: Arquivo do Museo de Pontevedra.
https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO10100022176 [Consulta: 2023-09-15]
Videos
Poema «Lonxe da Terriña» de Aureliano Pereira, con música de Juan Montes e arranxos de Marta Sancho
«O pensar do labrego», poema de Aureliano Pereira con música de Juan Montes, interpretado polo gurpo Solo Voces de Lugo
Audios
Nas ás do canto 07: Lonxe da terriña