Baldomero Isorna Casal
Catoira (Pontevedra), 23/ 2/1916 - Madrid, 16/8/1986Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Xurista e poeta catoirense, fundador do Ateneo do Ullán e da Romaría Viquinga
Realizou os estudos elementais no municipio catoirense. En 1926, con dez anos, solicitou unha bolsa da Fundación Ventura Figueroa para realizar o bacharelato en Santiago de Compostela e obtivo unha pensión de segundo ensino que se prolongaría aos estudos universitarios. Matriculouse en Dereito na universidade compostelá, e chegou a exercer de axudante do catedrático de Dereito Internacional e decano da Facultade, Camilo Barcia Trelles. No ano 1936, co inicio da Guerra Civil, tivo que abandonar a carreira —xa co cuarto curso de Dereito aprobado— ao ser recrutado e enviado a facer o servizo militar ao Batallón de Cazadores de Melilla. Foi ferido de morte nos primeiros meses da Guerra Civil e estivo hospitalizado durante moito tempo. En xaneiro de 1939 obtivo unha bolsa de formación en Alemaña, outorgada polo Ministerio de Educación Nacional. Á parte de realizar os estudos para os que fora pensionado polo Ministerio, foi lector de español na, daquela, cidade alemá de Königsberg, renomeada Kaliningrado en 1946 tras a II Guerra Mundial.
Nunha tarxeta postal enviada aos seus pais, datada na cidade alemá de Hahnenklee o 8 de abril de 1939, interésase por se as universidades españolas volverían impartir clases pronto. Parece que, ante o triunfo e a expansión do nazismo, o poeta está pensando en regresar a España e rematar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Volveu solicitar a pensión da Fundación Ventura Figueroa, que obtivo para o curso 1940-1941, ano en que remata a carreira, e para o pagamento do título de Licenciatura.
Non só a situación de preguerra en Alemaña influíu na decisión de regresar a Galicia. Houbo outros factores, como as recaídas provocadas pola ferida de guerra, que o obrigaron a unha nova hospitalización e a temporadas de repouso, e a preocupación da familia, tal e como se pode ler na correspondencia privada que Baldomero Isorna mantivo con algúns amigos alemáns. Sabemos que viviu entre Catoira e Santiago, polo menos ata 1942 e que, licenciado en Dereito, tiña previsto presentarse a oposicións en Madrid para ingresar na carreira diplomática. Rexeitou convites para visitar Berlín, xa que a familia non lle permitía viaxar a un país en guerra.
Entre Madrid e Galicia
Casou en 1948 con Asunción Martínez de la Riva, coa que tivo cinco fillos, e instalouse en Madrid. Casualmente, Asunción era filla do médico que atendeu de meniño a Camilo José Cela e que o curou dunha enfermidade de extrema gravidade. Cela e Isorna manterían unha estreita amizade, que foi recollida polo autor de Iria Flavia na súa obra La rosa, na que cualificou a Isorna de
entrañable amigo. Os dous compartían andainas cando coincidían en Galicia e a prensa da época daba cumprida información delas. E tan interesante era a súa relación nesa altura que, amais de anunciaren as súas viaxes a Catoira e Padrón todos os xornais, periodistas como Máximo Sar, José Piñeiro Ares ou Borobó escribían sobre eles. Borobó escribiu un dos seus «Anacos» de La Noche a propósito da gravata que Cela lle enviara a Isorna como tarxeta de Nadal e que lle mercara a uns dos mellores xastres de Londres. Verbo da relación entre os dous escritores, un xornalista madrileño publicou que Baldomero Isorna era realmente o inventor de Camilo José Cela.
En Madrid, Baldomero exerceu de procurador e avogado. Defendeu casos moi soados, como o preito promovido polos herdeiros das vítimas do accidente de aviación ocorrido en Barajas o 9 de maio de 1957, que lograron unha notable indemnización económica; ou o promovido, en maio de 1976, polo pintor Pedro Mozos contra o Círculo de Bellas Artes pola retirada dun premio que lle fora concedido pola institución. Canto á súa vida pública, cultural e de intelectual galego nos círculos da capital, é de destacar que formou parte activa do Centro Galego de Madrid e que acudía e participaba con frecuencia en actividades e homenaxes, como a que o Centro Galego lle dedicou a Pío Cabanillas en xullo de 1966, a quen Baldomero lle escribiu uns poemas; o xantar a Antonio Faílde en febreiro de 1960, con motivo da inauguración dunha exposición de esculturas; a homenaxe a José María de Cossío na que, segundo unha reportaxe publicada no xornal ABC, Baldomero Isorna
habló de Cossío, de la casona de Tudanca y de los melocotones de su huerta.... Tamén están as homenaxes que o grupo de amizades de Madrid e o propio Centro Galego lle dedicaron a Isorna con motivo da publicación dos seus libros Campanas de palo e Voz en blanco y 3 poemas abstractos.
Á parte do Centro Galego, des que se instalou na capital Baldomero Isorna foi asiduo dos parladoiros do Ateneo de Madrid e do Café Gijón, onde se relacionaba con intelectuais galegos da época: Carlos Oroza, Evaristo Mouzo, Luis Trabazo, Antón Risco, Adolfo Prego, Manuel Cerezales, Mercedes Ruibal, Álvaro Cunqueiro, Blanco Tobío, Castro Arines, Maruxa e mais Cristino Mallo, Mariano Tudela, Tino Grandío, Celso Emilio Ferreiro... e, obviamente, co seu bo amigo Camilo José Cela.
Tivo tamén unha relación moi próxima co novelista César González-Ruano, co xornalista Joaquín Merino e tamén co musicólogo Antonio Fernández-Cid. González-Ruano escribiría en ABC que Baldomero Isorna era home de fermosa fantasía e dunha paixón galega que faría sospeitar que cometese calquera exceso. O xornalista e escritor Joaquín Merino, que debeu estar varias veces en Catoira convidado por Isorna —unha delas no verán de 1967—, escribiu que é
una mezcla muy saludable, una humanística receta de espíritu y materia, mentres que Fernández-Cid eleva a canción «Mariñeira», con texto do Baldomero, á altura dos lieder. O mesmo Francisco Umbral, no seu ensaio autobiográfico La noche que llegué al Café Gijón (1977), sitúa ao poeta ullán no centro do parladoiro galego:
En la tertulia de los gallegos, hacia la mitad del café, estaba Adolfo Prego, con una cierta sequedad orensana en el rostro, y Baldomero Isorna, procurador de las tribunales, y Otero Besteiro....
Como anécdota, dentro da súa presenza activa na vida cultural madrileña, atopamos o anuncio en ABC da súa intervención no programa da Primeira Cadea da TVE, Los escritores, dedicado ao humorista José Luis Coll, no que Baldomero Isorna forma parte do grupo de entrevistadores canda a actriz Amparo Baró e o psiquiatra e xornalista Fernando Jiménez del Oso.
Poeta e articulista
Durante as décadas de 1950 e 1960, máis ou menos recuperado da ferida mortal e emocional da Guera Civil, lonxe xa da cidade universitaria de Königsberg/Kaliningrado e das amizades alemás, establecido en Madrid pero frecuentador de Galicia, Baldomero Isorna converteuse en asiduo protagonista e colaborador da prensa galega —El Correo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Región, etc.— e da prensa madrileña, sobre todo de ABC, La Nación, La Codorniz, etc. En Blanco y Negro publicaría os poemas ilustrados «Ávila» e «Náufrago soy».
Atopámolo tamén como colaborador literario de Vieiros, revista do exilio galego en México, aínda que non temos constancia de ningunha publicación súa.
É autor de dous libros de poemas. O primeiro, Campanas de palo (Madrid, 1959), que comprende un total de trinta
cantares, está ilustrado con debuxos do pintor Eduardo Vicente, do escultor Cristino Mallo e da súa filla Asunción Isorna Martínez de la Riva. Catro poemas deste libro foron ilustrados por Georges Mathieu, un dos expoñentes do expresionismo abstracto francés, en 1959, pero non chegaron a formar parte do poemario. Algúns destes trinta
cantaresforon musicados polo propio poeta («Muiñeira de Catoira», interpretada de maneira xenial polos gaiteiros de Dimo, Os Areeiras), polo compositor bilbaíno Sabino Ruiz Jalón («Mariñeira») e polo mestre Manuel Parada («Queimada»).
O segundo poemario, Voz en blanco y tres poemas abstractos, publicouno en Madrid en 1960. Igual que Campanas de palo, está escrito en español.
Puido haber un terceiro poemario, que el anunciou na prensa, Play Black. Nunha entrevista en La Noche, o autor diría:
Ha vendido ya dos mil ejemplares. Está escrito en gallego, no en inglés. Pero, o certo é que o libro non chegou a publicarse. É posible, con todo, que algúns poemas mecanoscritos dedicados a Catoira, todos escritos en galego, que conserva a familia e outros que el editaba en follas soltas e que enviaba a amigos e familiares formasen parte do inédito Play Black.
Á parte de escribir poemas e artigos na prensa, compuxo tamén letras para cancións. Participou como letrista na obra Divuit cançons. Per a veu i piano do director e compositor, fundador do Orfeón Catalán, Lluís Millet i Pagès. Tamén escribiu a letra de Cantar dos pelerinos, musicada polo compositor Manuel Parada; a partitura foi publicada por Ediciones Quiroga en 1965. Outras letras súas son as pezas musicadas por distintos compositores a partir dos
cantaresdo poemario Campanas de palo.
En 1982, o poeta de Catoira, que mantiña amizade persoal co toureiro Luis Gómez,
El Estudiante, dedicoulle un poema titulado «Amigo Bravo», que presentou ao premio tauro-poético, convocado pola famosa taberna madrileña
Antonio Sánchez, dotado, segundo informaba Borobó nun dos seus «Anacos», con 400 000 ptas.
Ateneo do Ullán e Romaría Viquinga
En 1961 os homes de letras das terras do Ulla decidiron crear o Ateneo do Ullán, no que podían integrarse os intelectuais ribeireños. Entre os primeiros atenienses figuran Luís Bouza-Brey, Plácido Castro, Benito Varela Jácome, Máximo Sar e Ramón García Briones. Desde o primeiro momento o Ateneo quedou baixo a dobre dirección de Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna. O Ateneo do Ullán era definido polos fundadores
como vizosa experiencia no ermo cultural do franquismoou, dun xeito máis formal, como
unha entidade literaria, un vínculo coordinador de cantas inquietudes xurdan nunha comarca de ilustres resonancias poéticas. O Ateneo entende que a comarca está formada pola Ría de Arousa e as Terras de Iria e do Ulla.
O centro de reunións era a cantina da estación de Catoira, para o que o propietario, Segundo Rodríguez Sánchez, nomeado secretario perpetuo, lles cedeu gratuitamente un local para sede social do Ateneo e un salón para poder organizar un ciclo de conferencias pronunciadas polos primeiros atenienses e baixo o logotipo deseñado polo pintor Carlos Bóveda.
Dirixidos por Rey Romero, que ademais facía o papel de bispo Cresconio, en 1962 os membros do Ateneo do Ullán puxeron en escena nas Torres de Oeste a pantomima sobre o desembarco do
rei Ulfo o galego, caudillo viquingo que foi derrotado e cristianizado, e que estivo representado por Pedro
Montañés, o primeiro viquingo da romaría. Tal foi a acollida obtida que os atenienses acordaron escenificalo todos os anos e celebrar na contorna das Torres de Oeste un xantar de confraternidade. E así foi como xurdiu a festa viquinga, declarada
Festa de Interese Turístico Internacionalno ano 2002, que, ademais do obrigado pregón impartido desde os inicios por unha persoa de recoñecido prestixio, conta con dous espectáculos insuperables pola maxia que ofrece no mesmo escenario das torres. Un é o teatro alusivo ás incursións normandas e viquingas, e o outro, que marca o punto culminante da festa, é o ataque ao castelo polos invasores.
Sería o propio Baldomero Isorna quen lle dese o nome definitivo á Romaría Viquinga nunha carta datada o 3 de xullo de 1965 en reposta á enviada pola comisión de festas, na que se lle propón a presidencia de honra. O poeta e xurista acepta cordialmente a presidencia e propón chamarlle Romaría Vikinga no canto de Festa Vikinga, porque
é máis enxebre e ten máis poesía. Tamén será o propio Baldomero Isorna, amigo persoal do embaixador de España en Dinamarca, quen lle propoña á empresa CEDONOSA, daquela encargada da organización da festa, informar aos nódicos de tal evento, contacto que establecerá o secretario da comisión da romaría, Elpidio Vicente, en 1972. Sairá xa ese mesmo ano na prensa danesa información sobre a Romaría Vikinga que se celebraba en Catoira.
Baldomero Isorna faleceu en Madrid o 16 de agosto de 1986.
Coda
Baldomero Isorna Casal recibiu numerosas homenaxes durante a súa vida, ben como poeta —en solitario ou en compañía de Faustino Rey Romero, como no caso da Coroación Poética de ambos os autores celebrada en Isorna o 7 de setembro de 1960—, ben como xurista, tanto nas terras de Catoira como en Santiago de Compostela, e mesmo en Madrid, onde foi agasallado polo Centro Galego coincidindo coa publicación dos seus poemarios.
A finais da década de 1980, o Concello de Catoira fíxolles unha primeira homenaxe aos poetas fundadores da Romaría Vikinga: Faustino Rey Romero, Baldomero Isorna Casal e Segundo Rodríguez Sánchez. Co título Catoira lembra os seus poetas, O Concello publicou un folleto con poemas dos homenaxeados que, a título póstumo, recibiron unha medalla de ouro conmemorativa.
O 13 de marzo de 2022, a Fundação Calouste Gulbenkian e a Fundación Juan March incluíron o «Cantar da Queimada» de Baldomero Isorna, musicado por Manuel Parada, no concerto Canciones Ibéricas. Cancións Galegas.
En maio de 2022 o colectivo Mesa das Verbas, de Vilagarcía de Arousa, e o Concello de Catoira organizaron unha xornada de homenaxe a Baldomero Isorna, que consistiu nunha visita ás Torres de Oeste e un recital poético. O rianxeiro de Asados, Xesús Santos, autor da farsa histórica O viquingo converso, foi o encargado de realizar un perfil do poeta catoirense.
Agradecementos
O autor desta biografía de Baldomero Isorna quere agradecerlles a Xesús Santos Suárez, amigo que foi de Faustino Rey Romero e de Baldomero Isorna, e mais a María Elisa Castiñeiras Isorna, sobriña de Baldomero, a documentación e información brindadas.
Páxinas web de referencia
Baldomero Isorna na páxina web Mesa das Verbas
A Romaría Vikinga na páxina web do Concello de Catoira
Fontes documentais
Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela: Expediente de Isorna Casal, Baldomero, alumno de Dereito. Expedientes persoais, Leg. 640, Exp. 2.
Fundación Ventura Figueroa: Expediente persoal de pensionista de Baldomero Isorna Casal: 1926 / 1941. Unidade de instalación compartida G75783 002.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Baldomero Isorna Casal. Publicado o 30/7/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=30397. Recuperado o 02/02/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Catro poemas en galego de Baldomero Isorna: «Costureira de Catoira», mecanoscrito datado en Madrid en 1959; «Faustino Rey Romero, poeta»; «O castelo de Catoira» e «O muíño da ponte», felicitación de nadal para a súa irmá Pilar e o seu cuñado Manolo, asinada en decembro de 1976. Ver Documento. Poema
Fonte: Arquivo da familia de Baldomero Isorna Casal.
Carta de Baldomero Isorna á Comisión de Festas da Romaría Viquinga, propoñéndolle o nome definitivo para a festa e aceptando o seu nomeamento como Presidente de Honra da Comisión organizadora. Ver Documento. Epístola
Fonte: Arquivo da familia de Baldomero Isorna.
Entrevista de Máximo Sar a Baldomero Isorna na que anuncia a publicación de Play Back, un poemario escrito en galego. Ver Documento. Entrevista
Sar, Máximo: «
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.Play Backserá el título del próximo libro de Baldomero Isorna: Ha vendido ya dos mil ajemplares de él», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 13302 (18 de xullo de 1964), 12.
https://biblioteca.galiciana.gal
Baldomero Isorna participa na enquisa «Galicia vista por los gallegos» ralizada por José Fernández Ferreiro para La Noche. Ver Documento. Entrevista
Fernández Ferreiro, José: «
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.Galicia vista por los gallegos: Baldomero Isorna, abogado:El problema fundamental de Galicia es el de la Enseñanza», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 13169 (13 de febreiro de 1964), 7.
https://biblioteca.galiciana.gal
«Náufrago soy...» e «Ávila», dous poemas de Baldomero Isorna publicados en Blanco y Negro en 1964 e 1965. Ver Documento. Poema
Isorna, Baldomero: «Náufrago soy...», Blanco y Negro, (25 de xaneiro de 1964), 87; «Ávila», Blanco y Negro, (15 de maio de 1965), 111.
Fonte: ABC. Hemeroteca
https://www.abc.es/archivo
Poema en galego de Baldomero Isorna dedicado aos afiadores. Ver Documento. Poema
Isorna, Baldomero: «Sobre el monumento al Afilador», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 13939 (1 de maio de 1963), 17.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
http://biblioteca.galiciana.gal
Baldomero Isorna escribe sobre a poesía de Manuel Antonio en La Noche. Ver Documento. Artigo
Isorna, Baldomero: «Dos palabras y un poema: (exaltación de la obra literaria del poeta Manuel Antonio», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12150 (24 de agosto de 1960), 7-8.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Entrevista de Piñeiro Ares a Baldomero Isorna sobre os poemarios Campanas de palo e Voz en blanco e, en xeral, sobre a súa escrita. Ver Documento. Entrevista
Piñeiro Ares, José: «Baldomero Isorna escribe versos desde que tuvo un hijo enfermo», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12147 (19 de agosto de 1960), 8.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo de Baldomero Isorna en La Noche. Ver Documento. Artigo
Isorna, Baldomero: «Fantasía de las gentes de Abalo: Baldomero Isorna escribe una post-data», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12135 (5 de agosto de 1960), 7-8.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
«Tres poemas abstractos», recollidos no poemario Voz en blanco. Ver Documento. Poema
Isorna, Baldomero: «Tres poemas abstractos». En Isorna, Baldomero: Voz en blanco y tres poemas abstractos. Madrid: [s. n.], 1960.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Tres poemas de Campanas de palo, de Baldomero Isorna: «In artis merita», ilustrado por Asunción Isorna M. de la Riva; «Catarsis», ilustrado por Cristino Mallo; «Singladura Noroeste», ilustrado por Eduardo Vicente. Ver Documento. Poema
Isorna, Baldomero: Campanas de palo: (poemas). Madrid : [s.n.], 1959.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Debuxos de Eduardo Vicente, Cristino Mallo, Asunción Isorna M. de la Riva.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Programa do concerto Cantos Ibéricos 1/4: Cancións galegas, da Fundación Juan March, no que se inclúe o tema «Cantar da queimada» con letra de Baldomero Isorna e música de Manuel Parada.
Fonte: Fundación Juan March.
Madrid: Fundación Juan March, 11 de marzo de 2023. Ver Documento. Programación
https://www.march.es
Artigo de X.R. Losada sobre o Ateneo do Ullán, creado por Baldomero Isorna e Faustino Rey Romero. Ver Documento. Artigo
Losada, X. Ricardo: «Limiar: Barbantios e atenienses», Barbantia, 6 (2010), 5-10.
Fonte: Asociación Cultural Barbantia.
https://www.barbantia.es/
Estudo etnográfico de Manuel Vilar dedicado á Romaría Vikinga de Catoira. Ver Documento. Artigo
Vilar Álvarez, Manuel: «A Romaría Viquinga de Catoira». En Tempos de festa en Galicia. II: Entre o corpus e o mes de agosto. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2008; 303-313.
Fonte: Consello da Cultua Galega. Biblioteca.
Páxina da obra La rosa na que Camilo José Cela menciona a Baldomero Isorna e mais ao seu pai Faustino. Ver Documento
Cela, Camilo José: La rosa. Madrid: Espasa Calpe, 2001; 81.
Fonte: Biblioteca particular.
«Unha ponla para Baldomero Isorna»: Anaco de Borobó en homenaxe a Baldomero Isorna. O artigo está escrito o 26 de agosto de 1986, só dez días despois de morrer o poeta catoirense. Ver Documento. Artigo
Fonte: Arquivo da familia de Baldomero Isorna.
Neste artigo o autor, Manuel Vicent, describe a Baldomero Isorna como
un bardo escapado por pelos de la inmortalidad. Ver Documento. ArtigoVicent, Manuel: «No ardió el café Gijón», El país, (10 de marzo de 1984)
Fonte: El país.
https://elpais.com
Artigo de Xosé Piñeiro Ares sobre a creación do Ateneo do Ullán e da Festa Vikinga, na que participaron os poetas Baldomero Isorna e mais Faustino Rey Romero . Ver Documento. Artigo
Piñeiro Ares: «El Ateneo de Catoira y la romería vikinga», El diario de Pontevedra: periódico liberal, 22266 (17 de xuño de 1976), 6.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Reportaxe de Piñeiro Ares sobre a Romería Vikinga, con fotografías de M. Cotos Rajoy. Ver Documento. Artigo
Piñeiro Ares, José: «La Romería Vikinga en las Torres de Oeste: mil años después, vuelve Ulfo el Gallego», Chan: la revista de los gallegos, 2 (15 de agosto de 1969), 23
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Programa da Romaría Wikinga do ano 1967. Otero Pedrayo encargaríase, ese ano, do pregón literario. Ver Documento. Programación
Fonte: Documento cedido pola empresa CEDONOSA ao Concello de Catoira.
O xornal El pueblo gallego, recolle a estrea do himno ao apóstolo titulado «Canto del peregrino», con letra de Baldomero Isorna e música de Manuel Parada. Ver Documento. Artigo
«La peregrinación del Centro Gallego de Madrid», El pueblo gallego, (30 de xullo de 1965), 14.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Información en El Pueblo Gallego sobre a homenaxe que se celebra en Rianxo o 5 de setembro de 1960. Ver Documento. Noticia
«Homenaje a los poetas del Ullán», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 12114 (3 de setembro de 1960), 6.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
http://biblioteca.galiciana.gal
Crónica da homexase a Baldomero Isorna celebrada en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 1960. Ver Documento. Noticia
j.v.r.: «Homenaje a Baldomero Isorna en Santiago», El Pueblo Gallego: rotativo de la mañana, 12114 (3 de setembro de 1960), 11.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
http://biblioteca.galiciana.gal
Crónica da
Coroación Poéticade Baldomero Isorna e Faustino Rey Romero nas festas de Isorna, o 7 de setembro de 1960. Ver Documento. Artigo«Coronación poética de Faustino Rey Romero y Baldomero Isorna», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12162 (7 de setembro de 1960), 12.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
«Anaco» de Borobó dedicado ao poemario Campanas de palo de Baldomero Isorna. Ver Documento. Artigo
Borobó: «Las campanas tañen solas», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12014 (16 de marzo de 1960), 8.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Folleto de Catoira lembra os seus poetas, homenaxe dedicada a Faustino Rey Romero, Baldomero Isorna Casal e Segundo Rodríguez Sánchez. Ver Documento. Folleto
Fonte: Arquivo da familia de Baldomero Isorna Casal.
Ligazóns de interese
O poeta Baldomero Isorna no catálogo de autoridades da Universidade de Santiago de Compostela
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela.
https://autorgal.usc.gal
Obras de Baldomero Isorna no catálogo da Biblioteca Nacional
Fonte: BNE.
https://catalogo.bne.es
«Baldomero Isorna Casal, poeta catoirense», no blog Mesa das Verbas, (4 de maio de 2022)
Fonte: Mesa das Verbas.
https://mesadasverbas.blogspot.com
«Faustino Rey y Baldomero Isorna, los visionarios de la Romaría Vikinga», artigo de Manuel Méndez en Faro de Vigo.
Fonte: Faro de Vigo
(27 de maio de 2022)
https://www.farodevigo.es
Acceso en liña á tese de doutoramento de Carme Tubío Barreira La canción de concierto en gallego durante el franquismo: la labor de promoción de Antonio Fernández-Cid (1951-1967), na que se cita a Baldomero Isorna.
Fonte: UAB. Universitat Autónoma de Barcelona.
Barcelona: Universitat Autònoma, 2021
http://hdl.handle.net/10803/674478
«Escolanía de Melros», artigo publicado no blog Meidingalicia
Fonte: cite>Meidingalicia.
https://meidingaliciadotcom.wordpress.com/blog
«Historias de Fiestas, Torres y Cuernos», artigo publicado no blog Meidingalicia
Fonte: Meidingalicia
https://meidingaliciadotcom.wordpress.com
A Romaría Vikinga de Catoira na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki
Programa Ferias y Fiestas de Pascua. Padrón. Año 1966, no que colabora Baldomero Isorna co poema «Entre el ayer y el mañana».
Fonte: Terras de Iria.
Padrón: Banco da Coruña, 1966; 69-70
https://2020.terrasdeiria.com
Programa Ferias y Fiestas de Pascua. Padrón. 1965. Año Jacobeo, no que colabora Baldomero Isorna co poema «Lembranzas da Pascoa Frolecida».
Fonte: Terras de Iria.
Padrón, 1965; 79.
https://2020.terrasdeiria.com
«El Ateneo del Ullán creó la Romería Viquinga», artigo de Máximo Sar publicado no seu blog Artículos y cosas de la vida
Fonte: Artículos y cosas de la vida.
https://maximosar.wordpress.com
Videos
Documental Dentro de la romería vikinga de Catoira (Galicia) que rememora desde 1961 las invasiones normandas
Fonte: El Español / YouTube.com
Audios
Audio dunha reportaxe sobre a Romaría Vikinga emitida por RNE o 5 de agosto de 1995, na que é entrevistado Juan José López Castaño







![Cuberta do poemario <cite>Campanas de palo</cite>, de Baldomero Isorna, ilustrada por Eduardo Vicente.<br>Madrid: [s. n.], 1959](../../mediateca/extras/CCG_adg_Baldomero_Isorna_Casal_003.jpg)

![Cuberta do poemario <cite>Voz en blanco y tres poemas abstractos</cite>, de Baldomero Isorna. Madrid: [s. n.], 1960](../../mediateca/extras/CCG_adg_Baldomero_Isorna_Casal_002.jpg)










