José Torres Creo
San Xulián de Requeixo (Pontecesures, Pontevedra), 5/ 4/1874 - Vigo (Pontevedra), 31/10/1939Autoría: Pablo Abreu Fernández
Compositor cunha obra vencellada ao pensamento rexionalista e comprometida coa música popular galega
vai ser Henrique Otero quen rescata a peza para facerlle un arranxo instrumental para gaitas en 1968 [...] vai ser a referencia para moitas das edicións instrumentais futuras.
A súa personalidade está marcada por uns fortes lazos coa igrexa. Por unha banda contou coa amizade do poeta bispo e arcebispo Manuel Lago González, de sacerdotes como Faustino Ande, Agustín Nandín e Urcisino Rey. Por outra, foi socio fundador do Círculo Católico de Vigo, membro da Venerable Orde Terceira Franciscana, socio da Adoración Nocturna, profesor do colexio dos Maristas de Vigo e director do coro Hijas de María. A súa obra musical está profundamente vencellada ao pensamento rexionalista, que inundaba as aulas dos seminarios de Santiago e Tui, que foi onde se formou tanto musical como humanamente.
Nacemento e formación
Nace na freguesía de San Xulián de Requeixo, no concello de Pontecesures, fillo de Antonio Torres e Dolores Creo, o 5 de abril de 1874. Aos dez anos de idade ingresa como neno de coro da catedral de Santiago de Compostela baixo a responsabilidade formativa do mestre de capela Juan Apóstol Trallero Palmer e, nun segundo termo, do organista Santiago Tafall Abad. Alí compartiu actividade musical cos outros músicos da capela como os violinistas Hilario Courtier, Eduardo Dorado, Manuel Valverde, José Gómez “Curros”, o clarinetista Ángel Brage Brage (pai dos pianistas Luis e Ángel Brage Villar), o violonchelista José Basadre (posteriormente organista de Tui) e tivo como compañeiro de coro a Luís Taibo García, recoñecido compositor e médico santiagués. Non só compartiu estudos con estes músicos de gran relevancia na vida musical galega, senón tamén no ámbito da formación académica na universidade pontificia de Santiago, con futuros sacerdotes como o que sería o abade da igrexa de Santa María de Vigo, Faustino Ande.
En 1891, con só dezasete anos, chega a Tui onde exercerá como organista substituto do titular Gabriel Valtierra. En xuño dese ano celébranse en Tui os Xogos Florais organizados polo Comité Central Regionalista, con Murguía como presidente e Brañas de vicepresidente. O poeta, periodista e máis tarde bispo e arcebispo Manuel Lago González, vai ser o encargado de facer o discurso de apertura, en lingua galega. Torres Creo, que organiza un orfeón no seminario, dirixe a interpretación da súa obra O sol da primaveira, con texto de Lago, nos actos destes xogos. Estas experiencias vividas en Tui van conformar o seu pensamento: manterá o vínculo con Lago, musicando un bo número dos seus textos, e o compromiso coa música popular galega presente na súa obra, tanto profana como relixiosa.
A etapa viguesa
En 1892 nomean segundo organista de Tui a José Basadre List, e Torres Creo decide trasladarse a Vigo onde se ofrece, tamén como segundo organista, na igrexa de Santa María de Vigo. Permanece durante dous anos nese posto non retribuído e en xuño de 1894, con vinte anos cumpridos, obtén a praza titular, pagada polo concello, sucedendo a Juan Canle Silva. Casa ao pouco con Enriqueta Huerta Rodríguez, e entre 1896 e 1901 nacen cinco fillos, dos que sobreviven á infancia catro, morrendo a súa muller no parto da última filla en xuño de 1901. Volve casar en 1904 con María Porto, coa que non terá máis descendencia.
Desde a súa chegada a Vigo crea unha capela musical denominada
Capela Torres Creo, coa que actuará en funcións relixiosas de toda a provincia ao longo da súa vida e perdurará, despois do seu pasamento, ata principios da década de 1960 baixo a dirección do seu sucesor Marino Gutiérrez Robles. Simultaneamente comeza a impartir clases de piano ás fillas da burguesía viguesa, como recolle a prensa local con motivo da súa participación nos exames en Santiago. Establece amizade con persoeiros destacados como a familia Bárcena, sendo probablemente o primeiro profesor do futuro compositor Augusto Bárcena Saracho antes da chegada de Mónico García de la Parra en 1912. Será o responsable de mobilizar á sociedade viguesa, encabezada pola familia Bárcena, para a compra dun órgano romántico da casa Alberdi en 1908, que continúa en funcionamento, restaurado e modernizado, na parroquia de Santa María de Vigo.
A súa actividade musical non se limita ao ámbito docente e relixioso. Participa na vida musical de Vigo como músico de café cun cuarteto propio, como pianista acompañante, como director do Orfeón do Círculo Católico onde creará obras líricas (zarzuela, bufonada lírica, disparate bufo), para o grupo de teatro da sociedade. Para ese Orfeón compón a obra Mozos e mozas (1907), con letra de Faustino Ande, publicada en 1908 para voz e piano, e interpretada na exposición rexional de Santiago en 1909 na véspera da festividade do apóstolo.
A partir de 1910 converterase nun dos músicos máis recoñecidos da cidade, presidente da Asociación General de Profesores de Música, membro do xurado das oposicións para a elección do cadro de persoal da Banda Municipal de Música de Vigo, director do orfeón da Agrupación Artística de Vigo na década de 1920 e, nunha segunda etapa, na década de 1930. Neste período publicará obras como Fror Nova, O Neno Xesús, Melodía gallega ou Cantares Gallegos, as dúas primeiras con texto de Lago e as outras dúas de Rosalía, con difusión fóra de Galicia xa que disporá de axente de venda en Bos Aires.
A súa importancia na vida musical viguesa vaise ver reflectida nas dúas homenaxes que recibe, unha en 1929 por parte da Agrupación Dramática Gallega e outra en 1932 pola sociedade Agrupación Artística de Vigo. Coa chegada da II República en 1931 o concello de Vigo elimina a praza de organista, obrigándoo a unha excedencia forzosa, pero en 1937 será restituído no seu posto. Morre en Vigo en outubro de 1939 á idade de sesenta e cinco anos.
A recepción da música
Desde a súa aparición en 1891, con motivo dos Xogos Florais de Tui, O sol da primaveira (coñecida tamén como «Alborada» ou polo seu primeiro verso, «Rompe o día feiticeiro») convértese na obra insignia de Torres Creo. Difúndese a través dos orfeóns dos seminarios de Tui e Santiago e das diferentes entidades franciscanas: xuventudes antonianas de toda Galicia, e o colexio franciscano de Herbón (Padrón). Representará un selo de identidade para toda a xeración educada a finais do século XIX e principios do XX. Entra nos ámbitos burgueses ao integrar o repertorio de grupos como Os Celiñas ou Os Trintas de Trives. Estes últimos interpretarana no Centro Galego de Madrid (1902), onde Emilia Pardo Bazán e os marqueses de Trives foron os valedores de Os Trintas nos círculos artísticos e literarios da capital. Tras a súa publicación en versión para voz e piano en 1897 tamén se escoita nos salóns e nos teatros galegos xunto coas cancións de Chané, Montes, Veiga ou Baldomir.
A segunda composición máis coñecida foi o San Campio, interpretada por primeira vez nas festas de San Campio de Lonxe (Figueiró, Tomiño) de 1920 en versión de banda e coro. En cada edición do San Campio vaise repetir como himno xa oficial, mais o pulo definitivo foi a súa aparición no repertorio do coro galego Airiños do Mar de Teis (Vigo) en 1929. Torres Creo rexístraa ese mesmo ano na SGAE e, vendo a súa repercusión, publícaa en versión de voz e piano en 1931. A primeira gravación fonográfica de ambas as pezas (O sol da primaveira e San Campio) aparecerá entre 1931 e 1932 interpretada polo propio Aririños do Mar (La voz de su amo, n.º catálogo AE4255). Estas dúas obras permanecen asentadas no repertorio coral de música popular galega ata a actualidade, aparecendo en numerosas gravacións fonográficas.
San Campio foi incorporada ao repertorio para gaita polo profesor Henrique Otero en 1968. Nas posteriores edicións para gaita a autoría da melodía pérdese, pasando a ter consideración de
popular. Deste xeito, artistas como The Chieftains (2010) ou Riobó (2011) fan as súas versións desta obra. Na edición de 2019 do certame musical No bico un cantar, interprétase unha adaptación do San Campio para coro de nenos e quinteto de metais arranxada polo compositor Juan Durán.
O estilo musical
Os riscos estilísticos de Torres Creo definen un canon que podemos atopar na obra de compositores contemporáneos como Francisco R. Núñez, José Iglesias Sánchez, Ángel Rodulfo ou posteriores como Rogelio Groba.
A concepción romántica do folclore como
alma do pobo, simple, fermosa e perfecta, a influencia do motu proprio de Pío X, Tra la Sollecitudini (1903) e a corrente Cecilianista, inspirada na polifonía clásica e na austeridade musical fronte ao Romanticismo, propician que a súa música sexa moi sinxela tanto formal como harmonicamente.
Tópicos como a alternancia entre o modo maior e o menor, o uso dos ritmos característicos da música popular galega, consolidan un modelo de composición de música galega vixente ata hoxe.
Bibliografía
Abreu Fernández, Pablo (2022): «José Torres Creo (1874-1939), compositor e organista de Santa María de Vigo: unha aproximación desde as fontes hemerográficas», Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudos Vigueses, 27: 25-68.
Filgueira Valverde, José (1942): «Apéndice á bibliografía do Cancionero musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar". Relación de composiciones musicales e impresiones fonográficas (1877-1942)», 69 El Museo de Pontevedra.
González Martín, Gerardo (2016): «Torres Creo, José». En Diccionario de Vigueses (1875-1945). Pontevedra: Deputación; 952-954.
Varela de Vega, Juan Bautista (1974): «Torres Creo, José». En Gran Enciclopedia Gallega. XXIX. Santiago de Compostela: Silverio Cañada; 119.
Varela de Vega, Juan Bautista (2002): «Torres Creo, José». En Casares Rodicio, Emilio: Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana. X. Madrid: Fundación Autor – SGAE; 406-407.
Como citar: Abreu Fernández, Pablo : José Torres Creo. Publicado o 11/9/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34717. Recuperado o 15/01/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Partitura do Motete ao Smo. a dúas voces (Noctis recolitur cœna novissima) para tenor e baixo e órgano. Manuscrito datado en Lestrove o 3 de setembro de 1936. Ver Documento. Partitura
Fonte: Arquivo do Instituto Teolóxico de Santiago.
Fotografía de Alberto Cancela.
Partitura de O Neno Xesús, gallegada para canto y piano, con letra de Lago González e música de Torres Creo. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Lago González, Manuel (letra): O Neno: Xesús: gallegada para canto y piano. Madrid: Lit. Díez y Carrasco, 1932.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
https://bdh.bne.es/
Partitura de San Campio: aires d'o Miño, gallegada para canto y piano, con letra de Lago González e música de Torres Creo. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Lago González, Manuel (letra): San Campio: aires d'o Miño, gallegada para canto y piano. Madrid: Lit. E. Durán, 1931.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es/
Partitura de Cantares gallegos, composición musical de José Torres Creo con letra de Rosalía de Castro. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Castro, Rosalía de (letra): Cantares gallegos [para canto e piano]. Vigo: Lit. Jesús Rial, [ca. 1925].
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Partitura do Himno de la Parroquia [de Rianxo], música de José Torres Creo e letra de Magdalena Cabanas. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Cabanas, Magdalena (letra): Himno de la Parroquia [de Rianxo]. Vigo: Litografía Jesús Rial, [1926].
Fonte: Arquivo Municipal de Rianxo.
Foto José Luís Dopico Orjais.
Partitura do Himno popular al Santo Cristo de la Victoria, música de José Torres Creo e letra do P. Tomás Argüelles. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Argüelles, Tomás (letra): Himno popular al Santo Cristo de la Victoria. Vigo: Litografía Jesús Rial, [1922].
Fonte: Copia do Arquivo Capitular de Tui.
Fotografía: Pablo Abreu
Partitura de Mozos e mozas, muiñeira para orfeón, con letra de Faustino Ande e música de Torres Creo. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Ande García, Faustino (letra): Mozos é mozas, muiñeira para orfeón. Madrid: Imp. A. S. Arista, 1908.
Fonte: Biblioteca Dixital Hispánica. BNE
https://bdh-rd.bne.es
Partitura de O sol da primaveira: gallegada para canto y piano, con letra de Lago González.. Ver Documento. Partitura
Torres Creo, José (música); Lago González, Manuel (letra): O sol da primavera: gallegada para canto y piano. Madrid: Zozaya, [1897].
Fonte: Biblitoeca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000280238&page=1 [Descarga: 2023-06-26]
Partitura manuscrita de A Virxe do Rosario, musica de José Torres Creo e letra de Manuel Lago. Ver Documento. Partitura
Fonte: Arquivo Diocesano de Tui.
Foto: P. Abreu
Transcrición de Pablo Abreu de A Virxe do Rosario, baseada no orixinal custodiado no Arquivo Diocesano de Tui. Ver Documento. Partitura
Fonte: Arquivo Diocesano de Tui.
Transcrición do Motete ao Smo. a dúas voces (Noctis recolitur cœna novissima) para tenor e baixo e órgano, baseado no orixinal custodiado no arquivo do Instituto Teolóxico de Santiago. Edición de Alberto Cancela. Ver Documento. Partitura
Fonte: Arquivo do Instituto Teolóxico de Santiago.
Transcrición do Himno de la Parroquia [de Rianxo], baseada no orixinal custodiado no Arquivo Municipal de Rianxo, por Pablo Abreu. Ver Documento. Partitura
Fonte: Arquivo Municipal de Rianxo.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Noticia do pasamento de José Torres Creo publicada en El Correo gallego. Ver Documento. Noticia
«El señor Torres Creo», El Correo gallego: diario político de la mañana, 21119 (2 de novembro de 1939), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Información en El pueblo gallego sobre a homenaxe ao compositor José Torres Creo. Ver Documento. Artigo
«Homenaje a José Torres Creo. El magno festival del domingo. Comida íntima y entrega de un pergamino», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 2673 (19 de outubro de 1932), 5.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
A revista Vida gallega recolle a homenaxe dedicada a Torres Creo en Vigo pola Agrupación Artística Gallega . Ver Documento. Artigo
«La Agrupación Gallega y Torres Creo», Vida gallega: ilustración regional, 424 (10 de setembro de 1929), 10.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo publicado en Vida gallega sobre tres composicións de Torres Creo: «Fror nova», «Melodía gallego», «Mozos e mozas». Ver Documento. Artigo
«Música gallega: tres obras de Torres Creo», Vida gallega: ilustración regional, 358 (10 de novembro de 1927), 22.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
Acceso en liña a «José Torres Creo (1874-1939), compositor e organista da colexiata de Vigo unha aproximación desde as fontes hemerográficas», artigo de Pablo Abreu publicado en Glaucopis: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses. 27 (2022), 25-68
Fonte: Glaucopis: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses / dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
A composición de Torres Creo «San Campio» con arranxos de Juan Durán para coro e quinteto de metais, interpretada en Tui en No bico un cantar 2019
Fonte: Radio e Televisión de Tui / Facebook.com
Acceso á edición de 2019 de No bico un cantar, celebrado en Tui
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal
«La Concatedral recupera a Torres Creo,
Fonte: Atlántico.maestro de capillavigués», artigo de Ana Baena publicado na edición dixital do xornal Atlántico, (20 de decembro de 2022)
https://www.atlantico.net
«O San Campio: O
Fonte: Educafolk: Artigos sobre educación e a música galega.temazo gaiteirode Torres Creo», entrada escrita por Xaime Estévez Vila no seu blog Educafolk: Artigos sobre educación e a música galega
https://educafolk.blogspot.com/
«El órgano de la antigua colegiata de Vigo», artigo de Jorge Lama no blog Del Berbés hacia arriba. Historias de Vigo
Fonte: Del Berbés hacia arriba. Historias de Vigo
https://lamasdono.blogspot.com/
Videos
Himno de San Campio, de José Torres Creo, interpretado pola Coral Polifónica d'A Guarda
Fonte: Celso R. Fariñas / YouTube.com
A banda de gaitas Raigames interpretando «San Campio», de Torres Creo. Festival Marítimo - Itsas Festibala de Pasaia, maio de 2018
Fonte: Alf da Rua / YouTube.com
«San Campio» interpretado polo quinteto Riobó nunha gravación de Zouma Record (2011)
Fonte: Riobó / YouTube.com
Audios
Composición «O sol da primaveira» de Torres Creo, interpretada polo Orfeón Valdeorrés
«O Neno Xesús», composición de Torres Creo
«San Campio», composición de José Torres Creo interpretada pola Coral Polifónica Solpor









![Portada da composición <cite>San Campio: aires d'o Miño, gallegada para canto y piano</cite>, con letra de Lago González e música de Torres Creo. Madrid: [s.n.], 1931 : Lit. E. Durán](../../mediateca/extras/CCG_adg_Jose_Torres_Creo_010.jpg)



