Genoveva Vázquez Calviño
Ponte Barxes, Bande (Ourense), 1/ 8/1896 - Xinzo de Limia (Ourense), 23/9/1971Autoría: Escola Rural de Saúde da Limia
A parteira da Limia
O coñecemento empírico
Genoveva Vázquez foi autodidacta e viu reforzado o seu coñecemento por unha longa e sólida experiencia. A súa asistencia foi demandada por persoas de diferentes clases sociais no decurso de cinco décadas. A primeira atención nun parto foi para si mesma cando naceu a súa filla Vera no mesmo día do pasamento da súa nai, Adelaida. Malia a humilde orixe, na casa tiña libros de medicina que consultaba para a súa formación, e cadernos onde adoitaba anotar aspectos que lle parecían relevantes das súas experiencias como parteira. Compartiu esta función asistencial co coidado dunha extensa familia na que conviviu coa súa avoa materna e mais co seu home, Julio Vázquez Álvarez, e coa descendencia formada por sete fillas e dous fillos: Julio, Asunción, Vera, Milagros, María del Carmen, Manuela, Ramón, Eugenia e Adelaida. Co paso do tempo tamén con algunhas netas e netos.
Manuela Vázquez, filla, conta que
non había hora, nin lugar de Xinzo de Limia que Genoveva non visitase axiña para axudar nun parto. Non había clase social, raza, nin ricos ou pobres, pois todos acudían a ela. Traer novas persoas ao mundo semellaba ser a súa secreta paixón. O neto, Julio Gestoso, lembra que as chamadas eran frecuentes, case sempre de noite, e moitas veces para ir ata lugares afastados. Ao regreso referíase ao acontecido con discreción, resumindo nun sucinto
non se puxo moi ben, cando fora mal. Se a criatura chegara axiña contaba como a lavara, secara e lle atara o cordón umbilical. Desempeñaba este labor co instrumental que levaba nun maletín con tesoiras, pinzas, luvas e tubos con fío para atar os embigos. As persoas que a coñeceron destacan a súa discreción, pois nunca comentaba as circunstancias nas que daba unha asistencia pola que non aceptaba pagamento.
Grazas a ela salváronse moitas vidas. Cando atendía un parto por primeira vez, visitaba posteriormente á nai que acababa de parir para ensinarlle os coidados necesarios para as crianzas. Non tiña horario e atendía en calquera momento que fose chamada, de día ou de noite. Crente cristiá, encomendábase para pedir axuda cando saía da casa e, cando o nacemento resultaba ben para a nai e para a criatura, rezaba tamén para agradecer.
Genoveva Vázquez morreu aos setenta e catro anos e recibiu sepultura en 1971 no cemiterio novo de Xinzo de Limia.
Recoñecemento a un saber universal
No Museo do Médico Rural, en Maceda, dedicóuselle no ano 2022 un espazo ás parteiras como posuidoras dun saber empírico transmitido entre mulleres. Tratábase de facelas visibles e valoralas como referente colectivo dunha actividade vencellada aos coidados desde os albores da humanidade e incorporada progresivamente a unha especialidade médica. A presenza de Genoveva Vázquez Calviño nesta institución foi unha reclamación da poboación da Limia que, desde a Escola Rural de Saúde, pedía o seu recoñecemento como unha figura a incorporar á historia da medicina daquela contorna. A referencia que consta no Museo é un cartaz cunha foto de Genoveva, acompañada do texto «As parteiras», dos doutores Roberto Fernández Álvarez e José Manuel Lage Parente que pasamos a transcribir:
A parteira é unha figura común a moitas culturas, onde reciben distintas denominacións con afinidade etimolóxica. Maia era a denominación grega, que dá lugar a máter e matrona. A midwife anglosaxoa: mid-wife: coa-muller ou coa-nai, a carón da nai) correspóndese coa comadre (coa-nai) que devén en comadroa. Oficio que desempeñaban, en primeiro lugar, as mulleres máis próximas á familia: as avoas ou as madriñas (outra acepción de comadre). En galego tamén existe a denominación de partureira e úsanse os verbos partear e parturar.
Na nosa cultura o parto, como todo proceso corpóreo extraordinario (incluídas as enfermidades) segue un protocolo ou xerarquía de axudas. En primeira instancia está a parturición en solitario, sen axuda de ninguén, que non era unha excepción no medio rural. Na segunda liña de axuda estaría o que podemos denominar a parteira doméstica: a muller máis experimentada da familia ou ben unha veciña xeitosa. Na terceira liña de actuación está a parteira experta.
Esta muller acumula experiencia e certos coñecementos obstétricos. Atende moitos partos na contorna e en ocasións incluso chega a ser adestrada por médicos da bisbarra.
A parteira experta, pero non profesional (non cobra nin vive de partear), achégase no momento do traballo de parto e realiza unha serie de actividades máis ou menos estandarizadas. Se o proceso de demora invita á embarazada a camiñar ou subir escaleiras. Alenta e dá instrucións para os puxos. Ás veces masaxea o abdome da parturiente con mesturas de ruda e aceite ou empurrando ao feto cara ao canal do parto con forza: algo similar á chamada manobra de Kristeller, realizada nos paridoiros dos hospitais durante moitas décadas. Extrae ao bebé no momento do expulsivo e corta o cordón umbilical. Normalmente faino cunhas tesoiras de cociña desinfectadas en augardente ou alcol. Logo fai o lazo do cordón con fío de costura ou, en certos casos, chega a utilizar suturas específicas como a seda ou o catgut. Limpa ao neno con auga tibia e toallas limpas e ocúpase de facilitar a extracción da placenta, fretando o ventre en sentido descendente, de forma análoga á manobra de Credé utilizada na obstetricia científica. O traballo esencial da parteira remata cando a muller é librada, curioso término que a declara libre do feto e das secundinas, mais tamén librada de morrer no parto.
Poucas veces a parteira utiliza remedios máis expeditivos. Había algunhas que botaban man de bebedizos de ruda ou mesmo de cornello ou corvo (Claviceps purpurea). Ambas sustancias actuarían estimulando a motilidade uterina. Tamén, en caso de hemorraxias de sobreparto, procedían apertando sabas arredor do baixo ventre ou mediante outros métodos máis afastados do saber empírico.
En todo caso, unha das facultades máis destacables da parteira é a prudencia. Ela sabe cando se traspasan os límites dun parto normal e chega o momento de alertar ao médico. O doutor chegará co seu maletín obstétrico condenado a atender unicamente partos difíciles, pois os doados nunca chegan ás súas mans.
As comadroas con formación académica tardarán en chegar ao medio rural. A súa presenza non se xeneraliza ata o derradeiro terzo do século XX. Para entón, a maioría nenos nacen no hospital.
A secundarización dos roles femininos tradicionais
No antigo Exipto, rendíaselles culto ás parteiras como deusas da fertilidade e atribuíanselles os dons da curación e a sabedoría. Na Grecia clásica, críase que eran enviadas da deusa da caza e da fecundidade, Artemisa. Na Idade Media viuse reducido o seu papel pola visión negativa da Igrexa que consideraba o parto como un castigo divino e unha proba da fe. A análise de máis de dous mil anos de documentación e relatos sobre as parteiras é parte substantiva do coñecemento da evolución da especie humana. Presentes en calquera sociedade, en calquera momento de desenvolvemento, lémbrannos a nosa condición reprodutiva como mamíferos e sitúanos no cerne dos primeiros coidados.
A historia de Genoveva confirma a secundarización ou agachamento dos papeis desenvolvidos polas mulleres no decurso da historia, mais tamén da frecuencia da sororidade e da importancia de actividades básicas para a vida que non reportaban beneficios económicos para quen as desenvolvían, cun elevado nivel de xenerosidade e entrega para o ben común. Sitúanos, tamén, na evidencia de que cando os varóns se fan cargo deste traballo, deixa de estar agachado e de ter unha menor importancia para a consideración de quen o realiza, ata converterse nunha especialidade clave no ámbito prestixioso da medicina. Aínda na actualidade, entre os oito mil millóns de persoas que habitan a Terra, aproximadamente tres cuartas partes viven con niveis moi básicos, ou onde son inexistentes os servizos médicos e de saúde, cun sistema que segue a basearse na sabedoría que dá a experiencia e as propias capacidades das parteiras.
A vida de Genoveva ten moitas semellanzas coa de Petra Fernández Fernández, narrada por Elena Andina Díaz e José Siles González en «La historia de una partera en la España rural de mediados del siglo XX», que compaxinou o traballo no campo, na costura e no fogar co de parteira en Alvares de la Ribera, no Bierzo, entre 1960 e 1980, ata que as embarazadas puideron acudir á Residencia pública de Ponferrada.
Movemento a prol de Genoveva Vázquez Calviño
Genoveva Vázquez é un exemplo relevante é digno de estudo e recoñecemento, como caso específico, mais tamén coincidente con milleiros doutras mulleres perdidas para a historia. Como xa se indicou, no rescate da súa figura hai un punto de inflexión en 2022, cando o 13 de marzo se expón na Casa da Cultura de Xinzo de Limia a mostra Mulleres, símbolo do rural, organizada pola Escola Rural de Saúde da Limia, que salienta a figura da partureira do pobo canda outras once mulleres daquela bisbarra no programa Visibilizando a saúde das mulleres. En setembro do mesmo ano, no decurso da xornada Invisibilizadas para a medicina, organizada pola Valedora do Pobo, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura e a Escola Rural de Saúde da Limia, acórdase traballar conxuntamente para facer visible a historia da parteira da Limia.
O 24 de marzo 2023, o Concello de Xinzo de Limia faille unha homenaxe pública a Genoveva Vázquez e coloca unha placa na casa na que viviu, na rúa Serra de Manzaneda. O 15 de outubro de 2023, Día das Mulleres Rurais, a mostra Mulleres, símbolo do rural foi exhibida na institución da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela. Durante varias semanas celebráronse actividades no local expositivo. Na clausura participaron a valedora, Dolores Fernández Galiño, a Secretaria Xeral de Igualdade, Sandra Vázquez Domínguez, representantes da Escola Rural de Saúde da Limia e a cineasta Jaione Camborda, directora do filme O corno baseado na vida dunha parteira da Galicia rural en 1971.
Agradecementos
Familia de Genoveva Vázquez, Museo do Médico Rural de Maceda, Institución da Valedora do Pobo, Consello da Cultura Galega, Consellería de Emprego e Igualdade, Concello de Xinzo de Limia, Asociación de Periodistas de Galicia, Jaione Camborda, Rosa Trujillo, M. Dolores Rico.
Bibliografía
Siles González, José e Elena Andina Díaz: «La historia de una partera
en la España rural de mediados del siglo XX», Index de enfermería: información bibliográfica, investigación y humanidades, 24:1-2 (xaneiro-xuño de 2015), 81-85.
Andina Díaz, Elena e José Siles González: «The domestic participation in birth assistance in the mid-twentieth century», Revista Latino-Americana de Enfermagem, 24 (xullo de 2016), 1-9.
Páxina web de referencia
Acceso á páxina web da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia
Como citar: Escola Rural de Saúde da Limia, : Genoveva Vázquez Calviño. Publicado o 21/5/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=35166. Recuperado o 07/07/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
O recoñecemento á
Fonte: La Región / Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.partureira do poboGenoveva Vázquez Calviño no suplemento «Vida», de La Región, (23 de abril de 2023). Ver Documento. Artigo
Este artigo de Fernanda Bustamante presenta unha lectura vinculada ás parteiras que practican o aborto, analizando personaxes de ficción da literatura latinoamericana actual. Ver Documento. Artigo
Bustamante Escalona, Fernanda: «
Fonte: Revista Letral / Dialnet.Somos las nietas de las brujas que no pudieron quemar: aborto, brujas, parteras, interseccionalidad y soro/doloridad en textos ficcionales de autoras latinoamericanas actuales», Revista
Letral, 30 (2023), 215-243.
https://dialnet.unirioja.es
Estudo de Tamara González sobre o embarazo e o parto na diocese de Lugo, con especial atención ás zonas rurais durante os séculos XVII, XVIII e XIX. Ver Documento. Artigo
González López, Tamara: «Creencias, asistencia y nacimiento. Dar a luz en el interior de Galicia (ss. XVII-XIX)», Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea, 20 (2020), 295-314.
Fonte: https://dialnet.unirioja.es
Estudo de Elena Andina e José Siles sobre a participación do doméstico na atención do parto a mediados do século XX. Ver Documento. Artigo
Andina Díaz, Elena e José Siles González: «The domestic participation in birth assistance in the mid-twentieth century», Revista Latino-Americana de Enfermagem, 24 (xullo de 2016), 1-9.
Fonte: https://doi.org/10.1590/1518-8345.0574.2727
Artigo de Elena Andina e José Siles sobre unha parteira na España rural de mediados do século XX. Ver Documento. Artigo
Siles González, José e Elena Andina Díaz: «La historia de una
Fonte: https://dx.doi.org/10.4321/S1132-12962015000100018parteraen la España rural de mediados del siglo XX», Index de enfermería: información bibliográfica, investigación y humanidades, 24:1-2 (xaneiro-xuño de 2015), 81-85.
Capítulo dedicado á evolución da obstetricia e a puericultura desde 1800 deica 1960, incluído no catálo da exposición Bebés Usos y costumbres sobre el nacimiento. Ver Documento. Artigo
Álvarez Plaza, Consuelo: «De la partera al obstetra, de la cuidadora al puericultor: Evolución de la obstetricia y la puericultura: usos y costumbres sobre el nacimiento (ca. 1800–1960)». En: Bebés Usos y costumbres sobre el nacimiento: Catálogo de la exposición temporal. Museo del Traje. CIPE. Madrid, 21 de diciembre 2012 - 17 de marzo 2013. Madrid: Ministerio de Cultura y Deporte, 2012; 25-31.
Fonte: Ministerio de Cultura y Deporte.
www.libreria.cultura.gob.es
Discurso de Fernando Conde Fernández sobre a evolución da profesión de parteiras e comadroas lido no acto de recepción como académico numerario da
Academia de Ciencias e Ingenierias de Lanzaroteo 13 de decembro de 2011. Ver Documento. LibroConde Fernández, Fernando: Parteras, comadres, matronas. Evolución de la profesión desde el saber popular al conocimiento científico. Arrecife (Las Palmas): Academia de Ciencias e Ingenierías de Lanzarote, 2011.
Fonte: Real Academia de Ciencias e Ingenierías de Lanzarote.
http://www.academiadelanzarote.es
Estudo de R. Fernández, N. Suárez, C. Delgado e M. Cid sobre a atención obstétrica rural no século XX no concello de Allariz. Ver Documento. Artigo
Fernández Alvarez, R., Suárez Pérez, N., Delgado Paredes, C., Cid André, M.: «La atención obstétrica rural en el siglo pasado en Galicia: estudio de un municipio gallego», Medicina General y Familia, 115 (abril de 2009), 93-100.
Fonte: Mediciana General y Familia
https://mgyf.org
Capítulo dedicado ao parto no libro de Antonio Pereira Poza Ritos de embarazo e parto en Galicia. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Pereira Poza, Antonio: «Valoración do parto». En: Pereira Poza, Antonio: Ritos de embarazo e parto en Galicia. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 2001; 73-91.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
O
nacementona enquisa do Ateneo de Madrid (1901-1902), que inclúe un apartado sobre a asistencia no parto en distintas zonas de Galicia. Ver Documento. Artigo«Nacemento». En: Nacemento, casamento e morte en Galicia: respostas á enquisa do Ateneo de Madrid (1901-1902) / introducción e supervisión, Xosé Manuel González Reboredo; notas, Xosé Ramón Mariño Ferro; transcrición e versión galega, Carme Hermida, Manuel Lado e Gabriel Rei. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1990; 23-81.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Ligazóns de interese
«Genoveva Vázquez Calviño, a inesquecible parteira de Xinzo», artigo de Miro Cerredelo publicado no blog Historia de Xinzo, o 2 de setembro de 2024
Fonte: Historia de Xinzo
https://historiadexinzo.wordpress.com/
Con motivo do Día Internacional das Parteiras, o Museo do Médico Rural (Maseda, Ourense), incorpora a Genoveva Vázquez Calviño e, simbolicamente no seu nome, a todas as matronas en recoñecemento á súa achega á saúde das mulleres de forma altruísta. (5 de maio de 2024)
Fonte: Museo do Médico Rural (Maseda, Ourense)
https://museomedicoruralmaceda.com
«Genoveva Vázquez,
Fonte: La Voz de Galiciaa partureira de Xinzo, ya tiene su sitio en el Museo del Médico Rural de Maceda», información sobre o mural realizado pola Escola Rural de Saúde da Limia e entregado ao Museo do Médico Rural de Maceda con motivo do Día Internacional das Matronas. (4 de maio de 2024)
https://www.lavozdegalicia.es
Mulleres, símbolo do rural, exposición itinerante sobre Genoveva Vázquez e as mulleres rurais da Limia inaugurada o Día Internacional das Mulleres Rurais. Santiago de Compostela, sede da Valedora do Pobo, 15 de outubro de 2023
Fonte: Valedora do Pobo.
https://www.valedordopobo.gal
Entrevista de Laura Pérez a Jaione Camborda na edición dixital da revista Fotogramas, sobre o filme O corno. (4 de outubro de 2023)
Fonte: Fotogramas
https://www.fotogramas.es
Artigo de Abel G. M. sobre a obra Malleus maleficarum, a biblia dos cazadores de bruxas publicada en 1487. Historia.nationalgeographic.com, (31 de xullo de 2023)
Fonte: https://historia.nationalgeographic.com.es/
«Xinzo homenajeó a Genoveva Vázquez, matrona que ayudó a nacer a cientos de limianos». Edición dixital de la Voz de Galicia, (25 de marzo de 2023)
Fonte: La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es
«A matrona Genoveva Vázquez recibirá unha homenaxe este venres. Descubrirase unha placa na súa casa natal». Edición dixital do Diario do Limia, (21 de marzo de 2023)
Fonte: Diario do Limia
https://www.diariodolimia.gal
O Corno, filme galego de 2023, dirixido e escrito por Jaione Camborda, na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/O_corno
Xornada Invisibilizadas para a Medicina, organizada pola Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega. Xinzo de Limia, 23 de setembro de 2022
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal
Nova sobre a homenaxe ás mulleres rurais da Limia publicada na edición dixital de Diario do LImia, ( 30 de marzo de 2022)
Fonte: Diario do LImia
https://www.diariodolimia.gal
Información de Feli Romero en Cope.es sobre a inauguración da exposición Mulleres, símbolo do rural, (20 de marzo de 2022)
Fonte: cope.es
https://www.cope.es
Reportaxe sobre Genoveva Vázquez, que inclúe unha entrevista á súa filla Manuela, realizada por Rosa Trujillo Bolaño, da Escola Rural de Saúde da Limia. Edición dixital de Diario da Limia, (31 de agosto de 2021)
Fonte: Dende a Limia
https://www.dendealimia.com
Historia da carreira de
Fonte: Universidad Autónoma de Nuevo León (México), Facultad de Medicina, Facultad de Enfermería.Parteras de la Facultad de Enfermería, información publicada con motivo doDía Internacional de la Partera. Universidad Autónoma de Nuevo León (México), Facultad de Mediciana, (4 de maio de 2018)
https://www.medicina.uanl.mx
Acceso á web da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia
Fonte: Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.
https://www.escolaruraldesaudedalimia.com/
Acceso ao espazo web do Museo do Médico Rural (Maceda, Ourense)
Fonte: Museo do Médico Rural.
https://museomedicoruralmaceda.com/gl
Presentación do libro Hipócrates. Sobre la naturaleza del hombre. Instituto de Filosofía, Pontificia Universidad Católica de Valparaíso, Chile.
Fonte: Instituto de Filosofía, Pontificia Universidad Católica de Valparaíso.
https://www.pucv.cl/uuaa/
Fonte: Concello de Ponteceso.
Susa da Chasca, a parteira de Corme, na páxina web do Concello de Ponteceso
https://ponteceso.net
Constantina Pérez Calvar, a parteira de Moaña, no espazo web A illa dos ratos
Fonte: https://ailladosratos.org
Antonina Moscoso Meirama, tía Antonina, foi a comadroa de Mera
Fonte: Que din as rumorosas
https://dinosrumorosos.blogspot.com
A Tía Felipa das Mourelas, parteira dos Vilares
Fonte: Galicia Digital
https://www.galiciadigital.com
Concha de Reina, primeira matrona titulada de Galicia
Fonte: Matronas Galegas.
https://matronasgalegas.org
Videos
Xinzo reconoce a Genoveva Vázquez Calviño, 25 de marzo de 2023
Fonte: La Región / YouTube.com
Tráiler da película O corno, de Jaione Camborda (2023)
Fonte: Elastica Films / YouTube.com