Francisco Cortegoso
Bora (Pontevedra), 17/ 8/1985 - Bora (Pontevedra), 5/10/2016Autoría: Gonzalo Hermo
Referencia obrigada da poesía galega última
Francisco Xabier Abilleira Cortegoso, coñecido como Francisco ou Fran Cortegoso, naceu o 17 de agosto de 1985 en Pontevedra. Fillo de traballadores galegos emigrados a Suíza, críase cos seus avós na súa casa natal de Bora, parroquia do concello de Pontevedra, onde pasa a infancia rodeado dunha natureza que deixará unha fonda pegada na súa obra. En 2003 trasládase a Santiago de Compostela para estudar Dereito, carreira que abandona uns anos despois para matricularse en Filoloxía Galega, animado polo seu amor á literatura.
En Santiago coñece a escritores da súa xeración e interésase pola poesía, lendo con atención a autores galegos como Xosé Luís Méndez Ferrín e Chus Pato, e a estranxeiros como Paul Celan e os acmeístas rusos. Nese momento, comeza a escritura paralela de dous proxectos poéticos: Suicidas, obra que acabará publicando pouco antes da súa morte; e Carta ao poeta español, diálogo literario coa poesía de Leopoldo María Panero, libro que permanece inédito. En 2008 coñece a Antón Lopo, daquela director do suplemento literario Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe, onde publica unha escolma de textos de ambos os libros baixo o título «Ningún home».
A súa voz poética sorprende pola súa madurez e chama a atención dalgúns críticos, como Arturo Casas, que comezan a interesarse pola súa obra. Alentado por Carlos Lema, editor de Galaxia, con quen falara da posibilidade de publicar Carta ao poeta español na colección Dombate, publica en 2011 un conxunto de poemas pertencentes a ese libro na revista Grial, titulado «Da encarnación».
En 2013 trasládase a Ramatuelle, localidade costeira da Provenza, onde aprende a falar e a escribir francés con fluidez mentres gaña a vida traballando como camareiro. Nese momento entra en contacto co pensamento de filósofos como Jean-Luc Nancy e le con atención aos simbolistas franceses, especialmente a Stéphane Mallarmé. En Ramatuelle escribe Memorial e danza, que envía ao Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, destinado á publicación de autores noveis. Recibe a noticia de que gañou o premio durante unha viaxe á India, onde escribe un discurso de aceptación que reflicte a súa visión da poesía e do papel do poeta na sociedade.
Do que se trata, afirma nese revelador texto,
é do poema e da súa relación cun saber humano.
No outono de 2014 marcha vivir a París, onde traduce a poetas franceses contemporáneos como Yves Bonnefoy ou Éric Sautou. Un ano despois, diagnostícaselle un cancro e regresa a Galicia. Falece en Pontevedra o 5 de outubro de 2016, o mesmo día en que Suicidas, o libro que comezara a escribir aos vinte anos, chegaba ás librarías da man da editorial Chan da Pólvora.
Nos meses posteriores ao seu pasamento, sucédense homenaxes en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. O 27 de maio de 2017, no Teatro Principal de Pontevedra, ten lugar o acto «Por un amor común», organizado polo Concello de Pontevedra, a Libraría Paz, o Ateneo de Pontevedra e Chan da Pólvora, que reúne escritores e artistas amigos do poeta para celebraren a súa vida e a súa obra.
Obra
Nunha época en que a hexemonía do poema semella asentar nun discurso subxectivo de corte autobiográfico e na desaparición das fronteiras entre a lingua literaria e a común, a poesía de Francisco Cortegoso sorprende pola escasa ou nula presenza do suxeito no poema e polo uso dunha linguaxe creativa, deliberadamente libre e complexa. Articulada nun idioma
nin vivo nin morto, segundo unha cita de Cocteau recollida en Memorial e danza, a poesía de Cortegoso móvese entre altos graos de abstracción, que permiten vincular a súa obra ao pensamento especulativo, e a materialidade máis próxima dos corpos e das cousas.
Memorial e danza viu a luz no ano 2014. Trátase da súa estrea como autor en formato libro, aínda que é, en realidade, o seu terceiro proxecto poético, pois Cortegoso gardaba no caixón extensos borradores dos seus dous primeiros libros: Suicidas e Carta ao poeta español. Memorial e danza articúlase como un xardín, un espazo naturalizado (
un non é / máis natural ca o naturalizado, advirte o poeta), por onde circula un catálogo de especies vexetais —fundamentalmente flores— observadas cunha ollada fulgurante. Nunha entrevista con Xiana Arias para o Diario Cultural da Radio Galega, o poeta sinala que os elementos naturais que transitan polo libro responden a
unha aproximación a esas figuras desde a súa enteireza material e a súa posible percepción inmediata por parte de calquera persoa que se coloque nun lugar do mundo. A pregunta pola voz, central na reflexión sobre o poema desde o século xix, deixa de ter sentido. O suxeito desaparece ao tempo que comparece o poema, coa potencia dun corpo.
Suicidas aparece en 2016. Aínda que foi lido como unha sorte de testamento poético, trátase, en realidade, do seu primeiro libro, escrito entre os vinte e os vinte e cinco anos, que foi corrixido con urxencia polo autor cando se atopaba nos últimos chanzos da súa doenza. A obra parte da lectura de poetas suicidas, coma Paul Celan, George Trakl, Marina Tsvetaeva e Sylvia Plath, para procurar unha poética capaz de acoller ao outro, é dicir, liberar a linguaxe do abismo da violencia. Trátase de buscar, en palabras do poeta,
a luz sen luz que ve.
En 2023, Chan da Pólvora reúne os seus últimos poemas nun volume titulado Nocturo de verán, que recolle, ademais, poemas dispersos, motivados pola súa participación en publicacións e recitais, e incorpora unha serie de textos doutros autores que deitan luz sobre a personalidade e a poética do autor.
A obra de Francisco Cortegoso, dunha ambición estética con escasos parangóns no contexto contemporáneo, é a herdanza dun poeta que consagrou a súa vida á poesía, cuxa única vontade foi habitar, nas súas palabras,
este lugar desde onde escribo.
Publicacións de Francisco Cortegoso
Poemarios
(2013 [2008]): «Ningún home», Galicia Hoxe. Revista das Letras, 739 (2 de outubro), 1-8. Reedición en Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.
(2011): «Da encarnación», Grial: revista galega de cultura, 189 (xaneiro-marzo), 81-83.
(2014): Memorial e danza. Culleredo (A Coruña): Espiral Maior.
(2016): Suicidas. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora.
(2023): Nocturno de verán e outros poemas. Gonzalo Hermo (coord.); contornas de Xiana Arias, Alicia Fernández, María do Cebreiro, Claudio Pato e Antón Lopo. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora.
Prosa
(2012): «O círculo de Crac» [texto lido na presentación en Santiago de Compostela do libro de Gonzalo Hermo Crac (18 de xaneiro de 2012, Biblioteca Ánxel Casal)]. Edición en Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.
(2013): «É posíbel sermos parte dunha ruína anterior que xoga como representación dun sistema en crise» [discurso de aceptación do XXVI Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé], Praza Pública, (18 de novembro de 2013).
Antoloxías
Nieto Rodríguez, Antonino (ed.) (2012): Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega: apuntes para no disolverse en la común semilla del tiempo. Madrid: Endymion.
Traficante, Afonso [et al.] (2016): No seu despregar: antoloxía poética. A Coruña: Apiario.
Nogueira, María Xesús (2017): 13. Antoloxía da poesía galega próxima. Edición bilingüe galego-castelán. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; Madrid: Papelesmínimos.
Obra traducida
Cortegoso, Francisco (2016): Escolma de Memorial e danza en versión ao portugués de Genaro da Silva: https://tr3sreinos.com/2016/10/09/francisco-cortegoso/ Cortegoso, Francisco (2023 [2004]): «O poeta utiliza unha lingua nin viva nin morta» [entrevista de Xiana Arias para o Diario Cultural da Radio Galega, 16 de setembro de 2014]. En Cortegoso, Francisco: Nocturno de verán e outros poemas. Gonzalo Hermo (coord.); contornas de Xiana Arias, Alicia Fernández, María do Cebreiro, Claudio Pato e Antón Lopo. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; 69-70. Hermo, Gonzalo (2014): «Con firme brazada» [recensión de Memorial e danza, de Francisco Cortegoso], ProTexta, 4 (xullo), 70.
Nogueira, María Xesús (2017): 13. Antoloxía da poesía galega próxima. Edición bilingüe galego-castelán. Tradución ao castelán de Antón Lopo. Santiago de Compostela: Chan da pólvora; Madrid: Papelesmínimos.
Cortegoso, Francisco (2018): «L’appareil». Versión en portugués de Genaro da Silva: https://tr3sreinos.com/2018/05/16/lappareil-francisco-cortegoso/
Palacios, Manuela (coord.) (2019): Ανθολογία Νέων Γαλικιανών Ποιητών = Antoloxía de poesía galega nova. Tradución ao grego de Sofía Karatzá e Teresa Pardo. Atenas: Εκδόσεις Βακχικόν; 58-64.
Cortegoso, Francisco (2020): Memorial y danza. Tradución de Gonzalo Hermo. Barcelona: Ultramarinos.
Dahl, Rita (ed.) (2022): Villielämää – nuoren galicialaisen runouden antologia = Vida salvaxe. Antoloxía da poesía galega nova. Tradución ao finlandés de Rita Dahl. Helsinki: Kustantaja Parkko; 223-240.
Cortegoso, Francisco (2024): «Summer nocturne» («Nocturno de verán»). En: 2024 Translating Contemporary Galician Poetry. Tradución ao inglés de Francesch Sabaté et al. Oxford: John Rutherford Centre for Galician Studies (The Queen's College).
Entrevistas
Bibliografía sobre Francisco Cortegoso
Nicolás, Ramón (2015): «Memorial e danza, de Francisco Cortegoso», Caderno da crítica, (25 de xaneiro de 2015)
Hermo, Gonzalo (2017): «[Fran,...]». Texto lido na homenaxe «Por un amor común» (Pontevedra, 27 de maio de 2017), Dorna, 40 : 102-103.
Fidalgo Lareo, Pablo (2021): Je vous salue, Fran Cortegoso. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora.
Rozas, Ramón (2021): «Un poeta intacto». Galiciaé. O diario galego, (30 de marzo de 2021).
Pagán Marín, Helena (2022): «Francisco Cortegoso (1985-2016) en diálogo con Paul Celan (1920-1970). Una inmersión a las profundidades del lenguaje». En Cano Vidal, Borja; Sánchez Aparicio, Vega; Morán Rodríguez, Carmen (coord.): Escrituras al límite: Canon, forma y sujeto en la literatura contemporánea. Salamanca: Universidade, 2022; 95-101.
Cebreiro, María do (2023): «Francisco Cortegoso ou a política da serea». En Cortegoso, Francisco: Nocturno de verán e outros poemas. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; 77-81.
Fernández, Alicia (2023): «Kintsugi». En Cortegoso, Francisco: Nocturno de verán e outros poemas. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; 71-75.
Lopo, Antón (2023): «O repartidor de tesouros». En Cortegoso, Francisco: Nocturno de verán e outros poemas. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; 89-92.
Pato, Claudio (2023): «No corazón de Europa». En Cortegoso, Francisco: Nocturno de verán e outros poemas. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; 83-87.
López, Belén (2024): «Será un poeta de culto», Diario de Pontevedra, (3 de xaneiro de 2024).
Como citar: Hermo, Gonzalo : Francisco Cortegoso. Publicado o 1/10/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=35723. Recuperado o 10/11/2025
DOCUMENTACIÓN DE
«O círculo de Crac», texto lido por Fran Cortegoso na presentación en Santiago de Compostela do libro de Gonzalo Hermo Crac. Ver Documento
Cortegoso, Francisco: «O círculo de Crac» [texto lido na presentación en Santiago de Compostela do libro de Gonzalo Hermo Crac (18 de xaneiro de 2012, Biblioteca Ánxel Casal)]. Edición en Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Poesíagalega.org
Transcición da entrevista de Xiana Arias a Francisco Cortegoso para o Diario Cultural da Radio Galega, emitida o 16 de setembro de 2014. Ver Documento. Entrevista
Cortegoso, Francisco (2023 [2004]): «O poeta utiliza unha lingua nin viva nin morta» [entrevista de Xiana Arias para o Diario Cultural da Radio Galega, 16 de setembro de 2014]. En Cortegoso, Francisco: Nocturno de verán e outros poemas. Gonzalo Hermo (coord.); contornas de Xiana Arias, Alicia Fernández, María do Cebreiro, Claudio Pato e Antón Lopo. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora; 69-70.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
«Da encarnación», poemario de Francisco Cortegoso publicado na sección
Creaciónda revista Grial. Ver Documento. PoemaCortegoso, Francisco: «Da encarnación», Grial: revista galega de cultura, 189 (xaneiro-marzo de 2011), 81-83.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca Grial.
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial
Número da Revista das Letras dedicado a Fran Cortegoso.
A coordinación é de Antón Lopo e Montse Dopico, as fotografías de David González del Riego e o deseño de Signum. Ver Documento. ArtigoCortegoso, Fran: «Ningún home:
Fonte: Centro de Documentación da AELG.O trevo de Achahriar,A escena ábrese ante un público inexperto,Como saber da miña pel,A dous metros sobre a liña,Psalm,Derrida,Derrida (II),Derrida (III)», RDL: Revista das Letras, 739 (2 de outubro de 2008), 1-8.
https://www.aelg.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo de Helena Pagán Marín sobre as posicións poéticas de Francisco Cortegoso e Paul Celan fronte ao logocentrismo. Ver Documento. Artigo
Pagán Marín, Helena: «Francisco Cortegoso (1985-2016) en diálogo con Paul Celan (1920-1970). Una inmersión a las profundidades del lenguaje». En Cano Vidal, Borja; Sánchez Aparicio, Vega; Morán Rodríguez, Carmen (coord.): Escrituras al límite: Canon, forma y sujeto en la literatura contemporánea. Salamanca: Universidade, 2022; 95-101.
Fonte: Universidad de Salamanca / Dialnet.
https://www.eusal.es
Carlos Alcorta escribe sobre o poemario de Francisco Cortegoso Memorial y danza, traducido do galego por Gonzalo Hermos e publicado por Ultramarinos en 2020. Ver Documento. Artigo
Alcorta, Carlos: «La palabra cortada de un poeta único: Francisco Cortegoso nos ha legado una obra innovadora y experimental», El Diario Montañés, (26-02-21).
Fonte: El Diario Monteñés
https://www.eldiariomontanes.es
Especial «Poéticas» da revista Dorna dedicado a Francisco Cortegoso, no que participan Alba Cid, Alicia Fernández, Gonzalo Hermo, Jesús Castro Yáñez e mais Oriana Méndez. Ver Documento
«Poéticas para Francisco Cortegoso», Dorna: Expresión poética galega, 40 (2017), 97-107.
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela.
«Con firme brazada», recensión de Gonzalo Hermo do poemario Memorial e danza de Francisco Cortegoso. Ver Documento. Artigo
Hermo, Gonzalo: «Con firme brazada», ProTexta, 4 (xullo de 1014), 70.
Fonte: Gonzalo Hermo / Academia.edu
https://www.academia.edu
Ligazóns de interese
«É posíbel sermos parte dunha ruína anterior que xoga como representación dun sistema en crise», discurso de aceptación do XXVI Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
Fonte: Praza Pública.
Praza Pública, (18 de novembro de 2013)
https://praza.gal
«L’appareil», poema do poemario Suicidas de Fran Cortegoso, en versión ao portugués de Genaro da Silva.
Fonte: 3 Reinos.
tr3sreinos.com, (16 de maio de 2018)
https://tr3sreinos.com
Escolma de poemas de Memorial e danza en versión ao portugués de Genaro da Silva.
Fonte: 3 Reinos.
tr3sreinos.com, (9 de outubro de 2026)
https://tr3sreinos.com
Acceso en liña á publicación Translating Contemporary Galician Poetry. 2024, que inclúe o poema «Summer nocturne» («Nocturno de verán») de Fran Cortegoso.
Fonte: . John Rutherford Centre for Galician Studies (The Queen's College, University of Oxford)
Oxford: John Rutherford Centre for Galician Studies (The Queen's College)
Nocturno de verán e outros poemas de Francisco Cortegoso na páxina web de Chan da Pólvora
Fonte: Chan da Pólvora.
https://chandapolvora.gal
Suicidas de Francisco Cortegoso na páxina web de Chan da Pólvora
Fonte: Chan da Pólvora.
https://chandapolvora.gal
Espazo web dedicado a Fran Cortegoso na páxina do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
Fonte: Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. https://www.paralle.org/
Espazo web de Fran Cortegoso na editoral Ultramarinos, con acceso á presentación do poemario Memorial y danza
Fonte: Ultramarinos Editorial.
https://ultramarinoseditorial.com
Fran Cortegoso na editorial Apiario
Fonte: Apiario.
http://apiario.eu
Gonzalo Hermo fala con Ana Romaní a propósito da publicación de Nocturno de verán e outros poemas no Diario Cultural da Radio Galega.
Fonte: Diario Cultura. A Galega Audio. RTVG.
(12 de febreiro de 2024)
https://www.agalegaaudio.gal
Yolanda Castaño le un poema de Memorial e danza, en tradución ao castelán, 20 de decembro de 2020
Fonte: Ultramarinos Editorial / Facebook.com
«Memorial e danza, de Francisco Cortegoso», recensión de Francisco Nicolás no seu blog Caderno da crítica.
Fonte: Caderno da crítica.
(25 de xaneiro de 2015)
https://cadernodacritica.wordpress.com
«Un poeta intacto», artigo de Ramón Rozas sobre Franciso Cortegoso.
Fonte: Galiciaé. O diario galego.
Galiciaé. O diario galego, (30 de marzo de 2021)
https://www.galiciae.com
«Será un poeta de culto», artigo de Belén López no que lembra a Francisco Cortegoso.
Fonte: Diario de Pontevedra.
Diario de Pontevedra, (3 de xaneiro de 2024).
https://www.diariodepontevedra.es
«A Fran Cortegoso, á súa voz singular», texto de Rosa Enríquez.
Fonte: Nós Diario.
Nós Diario, (17 de outubro de 2016)
https://www.nosdiario.gal
Videos
Vídeo da presentación do poemario Memorial e danza de Fran Cortegoso en Santiago de Compostela, o 31 de decembro de 2014
Fonte: Daniel Duarte / YouTube.com
Presentación de Crac, de Gonzalo Hermo, en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 2012. Na presentación, ademais do autor, participaron Fran Cortegoso, Alicia Fernández, Oriana Méndez e Chus Pato
Fonte: Daniel Duarte / YouTube.com
Chus Pato le «Francisco Cortegoso, in memoriam» de The Face of the Quartzes = Un Libre Favor. (18 de novembro de 2021),
Fonte: Erin Moure / YouTube.com
Xeración Parallé... con Fran Cortegoso, por Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, 20 de maio de 2020
Fonte: Concello de Fene / YouTube.com Yolanda Castaño le un poema de Memorial e danza, en tradución ao castelán, 20 de decembro de 2020
Fonte: Ultramarinos Editorial / Facebook.com
Audios
«
Un poema porque sí: el árbol de Fran Cortegoso», intervención de Carolina Alba sobre a obra de Francisco Cortegoso no programa Hoy empieza todo 2 de Radio 3 de RNE, emitido o 15 de xaneiro de 2021
Antón Lopo lembra a Francisco Cortegoso na peza radiofónica «Suicidas, de Francisco Cortegoso», de Carolina Alba, emitida o 2 de novembro de 2016 no programa de Radio 3 Hoy empieza todo 2



















