Faustino Rey Romero
Isorna, Rianxo (A Coruña), 27/ 10/1921 - Bos Aires (Arxentina), 20/12/1971Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Sacerdote, poeta, teólogo e activista galeguista
Na parroquia rianxeira de Isorna, separada de Catoira polo río Ulla en busca do mar de Arousa, naceu o sacerdote, poeta, teólogo e activista galeguista Faustino Rey Romero o 27 de outubro de 1921. Foi o primoxénito dun matrimonio composto por Manuel Rey Bustelo e Dolores Romero Ces, que tiveron outros sete fillos, educados polo rigorismo paterno.
Tras os estudos elementais en Bacariza e un exame de ingreso, aos 14 anos Rey Romero entra no convento que os franciscanos dirixían na parroquia padronesa de Herbón, onde pasou os anos da guerra civil. A vida no convento era moi ríxida, con moita disciplina, orde e silencio. En Herbón, con moi boas notas, descobre a obra Siervo libre de amor (século XV) do franciscandicionario rag
o Juan Rodríguez del Padrón e identificouse co modelo do santo Francisco de Asís, fundador da orde franciscana no século XIII.
En 1939 abandonou Herbón e continuou os estudos no convento de Santiago de Compostela. Por decisión do pai, que quería que renunciase a facerse franciscano e se ordenase sacerdote diocesano, completou os estudos nos seminarios de Ourense e Tui, no que rematou a carreira e foi ordenado sacerdote en marzo de 1948. En 1949, levado pola súa paixón pola Teoloxía ampliou os estudos e licenciouse na disciplina teolóxica na Universidade de Salamanca.
Actividade pastoral
Os primeiros destinos como sacerdote foron de capelán de Cea (Mos) e Barcala (Arbo) e foi párroco durante un ano en Tameiga (Mos) e Barcela (Arbo) e como xa se dera a coñecer como poeta, en 1950 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e en 1951 membro de número da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga e do Colexio Heráldico de Bos Aires.
Á volta de Salamanca, en 1952 foi destinado ao Baixo Miño, primeiro como coadxutor na Guía (Tui), despois como capelán dos maristas portugueses de Lagarteira. E xa en 1956 nomeárono párroco de San Xoán de Amorín e encargado de Taborda e Currás (Tomiño). Nestes destinos nos que se autodefinía como
crego anticlericalafloran as súas posicións ideoloxicamente progresistas como opoñerse ao celibato dos curas, así como un aberto enfrontamento ao franquismo e á xerarquía eclesiástica. Malia que no Baixo Miño consegue sona como escritor e como “demasiado boa persoa”, tamén emerxen os seus costumes disipados que terminaron irritando ao bispo. Sen retirarlle a titularidade parroquial, esperando un cambio de actitude, en 1957 o bispo propúxolle viaxar a Venezuela como capelán da emigración no transatlántico portugués Santa María. Como mostra de que tras a viaxe Faustino persistía nos seus postulados, foi a súa asistencia á coroación de Ramón Cabanillas no Espolón de Padrón na Pascua de 1958, que xunto aos infundios que lle atribuían un romance amoroso, enervou ao bispo.
Ao non corrixir as súas actitudes, o bispo de Tui, Fr. José López Ortiz en 1959 recluíno durante un mes no convento do Carme de Padrón e ao concluír a sanción prolongoulla enviándoo para a casa familiar de Isorna, onde fixou a súa residencia entre 1960 e 1962. E mentres vai concibindo a idea de emigrar a Arxentina como solución ao que a súa familia consideraba unha vida decepcionante, colaboraba cos párrocos rianxeiros nos actos litúrxicos e celebraba misa os domingos na capela de San Xosé Obreiro de Catoira. Para prepararse a emigrar realizou un curso en Madrid sobre a igrexa en América. En 1963 volveu ás terras do Baixo Miño para ocuparse da dirección espiritual da Casa Diocesana de Exercicios Espirituais de Tui.
De volta a Isorna seguiu escribindo poesía e ensaios teolóxicos e participou en todos os actos culturais de signo galeguista que se organizaban na zona: homenaxe a Manuel Antonio en Asados, Ateneo do Ullán e romaría viquinga, Cadro Artístico Airiños, Pedrón de Ouro…
Actividade cultural
Ateneo do Ullán e romaría viquinga
En 1961 os homes de letras das terras do Ulla decidiron crear o Ateneo do Ullán no que podían integrarse os intelectuais ribeiráns. Entre os primeiros atenienses figuran Luís Bouza-Brey, Plácido Castro, Benito Varela Jácome, Máximo Sar e Ramón García Briones. Desde o primeiro momento o Ateneo quedou baixo a dobre dirección de Rey Romero e Baldomero Isorna.
O centro de reunións era a Cantina da Estación de Catoira para o que o propietario, Segundo Rodríguez Sánchez, nomeado secretario perpetuo, lles cedeu gratuitamente un local para sede social do Ateneo e un salón para poder organizar un ciclo de conferencias pronunciadas polos mesmos primeiros atenienses e baixo o logotipo deseñado polo pintor Carlos Bóveda.
Dirixido por Rey Romero, que ademais interpretaba ao bispo Cresconio, en 1962 os membros do Ateneo do Ullán puxeron en escena nas Torres de Oeste a pantomima sobre o desembarco do rei viquingo coñecido como
Ulfo o galego, que foi derrotado e cristianizado. Tal foi a acollida obtida que os atenienses acordaron escenificalo todos os anos e celebrar alí un xantar de confraternidade. E así foi como xurdiu a festa viquinga.
Participou e organizou actos de homenaxe a escritores galegos, como o dedicado ao poeta rianxeiro Manuel Antonio en Asados en 1960. En 1961 tamén colaborou co grupo de teatro Airiños de Asados como asesor técnico e presentador de A fiestra baldeira de Rafael Dieste, que puxeron en escena en Catoira sen o preceptivo permiso de goberno civil.
Pedrón de Ouro
O Pedrón de Ouro naceu dunha idea compartida polo poeta Avelino Abuín de Tembra e o xurista Máximo Sar. Conviñeron ambos na conveniencia de erguer a bandeira da defensa da identidade e da liberdade de Galicia exaltando cada ano a un dos nosos escritores ou artistas que viñan laborando no máis escuro anonimato. E dos ditos pasaron aos feitos con toda rapidez, porque o 17 de maio de 1964 tivo lugar o acto de entrega do primeiro Pedrón de Ouro concedido a Faustino Rey Romero pola publicación do seu libro Poemas das materias sagras.
Obra poética, xornalística e ensaística
Poesía
Doas de vidro. (Tip. Rexional, Tui, 1951), prologado por Victoriano Taibo e ilustrado por Xesús Rodríguez Otero, é o primeiro libro en lingua galega de Faustino Rey Romero. Contén poemas que na súa meirande parte xa foran publicados na revista Alba e nalgún xornal de Brasil e Portugal.
O poema «Señor, cando eu morra», con música do franciscano P. Feijoo é cantado polo orfeón Terra a Nosa de Santiago. A xeito de colofón, o autor publicou un breve texto:
Eu o crego Faustino Rey Romero chamado, que alá en terras de Isorna, xunta ó Ulla, fun nado, estes versos compuxen, pois sentinme inspirado. Que o meu premio Deus sexa, e que el sexa louvado, e que a Virxe me arrede de caer en pecado.
Catro sonetos ó destino dunha rosa publicouse por primeira vez en Lar de Bos Aires en xaneiro-febreiro de 1951. A 2ª edición, como folleto, ilustrado por Xesús Rodríguez Otero, realizouse na Tip. Rexional de Tui en 1952.
Escolanía de melros. Contén 20 sonetos de gran perfección formal considerados pola crítica como a obra máis representativa e lograda do autor. A primeira edición realizouse en Gráficas Bolfer de Porriño en 1959 e a segunda en Artes Gráficas Cadop de Bos Aires en 1970 cun prólogo de Francisco Luís Bernárdez.
Logo destes saudosos poemarios, en 1960 publicou o seu primeiro libro de severo contido teolóxico: Poemas das materias sagras, de grande hieratismo e sobriedade publicado na 1ª edición en Gráficas Bolfer de Porriño. E a asegunda, en 1963, editado pola Biblioteca do Ateneo do Ullán e impreso nos Talleres de Fillos de Ramiro Paz de Pontevedra. O poema titulado «A Ágoa» foi traducido ao árabe polo franciscano sirio P. Rafael Khoury e ao alemán polo profesor da Universidade de Wurzburgo, Helmut Iohanni.
Faustino Rey Romero foi un poeta bilingüe, pero con produción maioritaria en galego. En castelán só publicou 2 libros: Florilegio poético (Pontevedra: Spes, 1949), poemas de corte modernista cun prólogo do poeta catalán Miguel Melendres e portada de Pintos Fonseca. E tamén de contido teolóxico é El ángel descielado, publicado na imprenta Solar de Padrón en 1961.
O poema «O Melro morto», está incluído no libro Os cen mellores poemas da lingua galega, de Xesús Alonso Montero.
Xosé Luís Franco Grande cría que Faustino tiña caste poética, pero que lle faltou unha cultura literaria refinada e moderna:
Faustino dicía que no Seminario a literatura terminaba en Gabriel y Galán.
E Méndez Ferrín tamén advirte que a poesía de Rey Romero
móvese dentro dos estreitos límites estilísticos a que o obriga a falta de información cultural imposta polo seminario –coa súa ríxida administración de lecturas- e polo sistema socio-cultural dos anos corenta. Non obstante, considérao un poeta cargado de sentido filosófico e que a súa obra, malia ser silenciada, permanece no corazón daqueles que saben como cantan os melros.
O Dr. Barca, protagonista da novela O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, reproduce unha estrofa de Escolanía de melros e define a Rey Romero como
un cura, poeta, que lle gustaban moito as mulleres. Crítico co franquismo e coa igrexa oficial. Un caso de realidade intelixente.
Colaboracións xornalísticas
Son de salientar tamén as súas colaboracións en Faro de Vigo, La Nación de Bos Aires e órganos de difusión das colectividades galegas arxentinas, moitas veces asinadas co pseudónimo de Fausto de Isorna: «Evocaciones. Una fiesta brillante de las letras gallegas. Los Juegos Florales de Tui en 1881», en Faro de Vigo, 17 abril 1951; «José María Brea, un gran poeta inédito», en Lar, 25 de xullo de 1952; «Juan Baustista Andrade, fundador de la escuela lírica pontevedresa», en Faro de Vigo, número especial conmemorativo do centenario, 1953; «Cauces de prodigio. Estudio estilístico de un soneto de Noriega Varela», en Faro de Vigo, 27 marzo 1955; «Antón Noriega Varela no seu centenario», en Galicia en el Mar de la Plata, 1969.
Ensaio
Unha elucubración filosófica-teolóxica acerca da angustia: La angustia ensanchada en el tiempo místico (1965) e La angustia ensanchada (1966); ás que seguiu Teoría general de la existencia (1968).
Estadía bonaerense
Por fin, en 1966 embarcou en Vigo con destino a Bos Aires. Como crego o primeiro destino foi o de capelán dun convento de monxas no que estivo pouco tempo e pasou a desempeñar o cargo de 1º tenente cura na igrexa parroquial da Balvanera, no céntrico barrio de Once.
Pola súa traxectoria como escritor e por situarse como seguidor da liña iniciada por Xoán XXIII no Concilio Vaticano II, incluído o uso das linguas vernáculas na liturxia, Faustino foi moi ben recibido nos ambientes galeguistas, especialmente no Centro de Rianxo e no Centro Galego.
Na noite do 18 de decembro de 1971 asistiu a unha festa de despedida do ano organizada polo Centro de Rianxo. No amencer do día 19 sufriu unha non aclarada caída na reitoral da Balvanera e a causa das graves fracturas sufridas faleceu o día 20 e foi enterrado no mausoleo do Centro Galego no cemiterio da Chacarita. En 1987, dezaseis anos despois do seu pasamento, por iniciativa dos alcaldes de Rianxo, Dodro, Padrón e Pontecesures, os restos de Rey Romero foron repatriados e soterrados no seu pobo natal de Santa María de Isorna.
Páxinas web de referencia
A Romaría Vikinga na páxina web do Concello de Catoira
Bibliografía
Méndez Ferrín, X.L. (1984): De Pondal a Novoneyra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
García, Carme e Santos, X. (ed.) (1985): Faustino Rey Romero. Rianxo: Concello.
Franco Grande, X.L. (1991): «Faustino Rey Romero». En A ilusión da esperanza (de Cabanillas a Baixeiras). Vigo: Edicións do Cumio.
Losada, Xosé Ricardo (2015): Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Santos, Xesús (2017): O viquingo converso (farsa histórica). Catoira: Concello.
Santos Suárez, Xesús: «Rey Romero, Faustino». En Gran Enciclopedia Gallega. XXVI.Santiago de Compoastela, Xixón, [s.d.]
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Faustino Rey Romero. Publicado o 30/7/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=5386. Recuperado o 02/02/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Emilio Xosé Ínsua sobre a natureza na obra de Rey Romero, no que escolma varios poemas de distintas obras do autor. Ver Documento. Artigo
Insua, Emilio Xosé: «A natureza na literatura: Faustino Rey Romero, cantor dos merlos», Cerna: revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 18 (verán de 1996), 22-24.
Fonte: Revista Cerna / ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza).
https://adega.gal
Artigo de Máximo Sar sobre a tradución de A Ágoa, de Rey Romero, ao árabe. Ver Documento. Artigo
Sar, Máximo: «El hombre y su obra: Faustino Rey Romero y sus poemas traducidos al árabe», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12554 (16 de xuño de 1962), 16.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
«Gabanza dos burriños», «O feno», «Os emigrantes»: tres poemas en galego de Faustino Rey Romero publicados na revista Spes. Ver Documento. Poema
Rey Romero, Faustino: «Gabanza dos burriños, O feno, Os emigrantes», Spes: revista mensual: órgano de la Juventud Católica de Pontevedra, 193 (xaneiro de 1951), 14.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Carta de Faustino Rey Romero a Gabriela Mistral solicitándolle unhas liñas para un poemario seu titulado Florilegio devoto.
Fonte: Biblioteca Nacional Digital de Chile. Archivo del Escritor / Gabriela Mistral.
Tui, 5 de xaneiro de 1947. Ver Documento. Epístola
https://www.bibliotecanacionaldigital.gob.cl
«A morte da volvoreta», «A frol da cerdeira nova» e «Madrigal pequeno»: tres poemas de Faustino Rey Romero publicados no número 4 da revista Alba. Ver Documento. Poema
Rey Romero, Faustino: «Breve antoloxía de Faustino Rey Romero», Alba, 4 : 164.
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRP)
https://www.cirp.es
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo etnográfico de Manuel Vilar dedicado á Romaría Vikinga de Catoira. Ver Documento. Artigo
Vilar Álvarez, Manuel: «A Romaría Viquinga de Catoira». En Tempos de festa en Galicia. II: Entre o corpus e o mes de agosto. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2008; 303-313.
Fonte: Consello da Cultua Galega. Biblioteca.
Anaco de Borobó sobre Faustino Rey Romero. Ver Documento. Artigo
Borobó: «O exemplo de Faustino Rey Romero», A Nosa Terra, 995 (12 de xullo de 2001), 27.
Fonte: A Nosa Terra / Consello da Cultura Galega.
«Rey Romero, Faustino» no Dicionario da Literatura Galega. Ver Documento. Artigo
«Rey Romero, Faustino». En: Vilavedra, Dolores (coord.): «Título», Dicionario da Literatura Galega. I: Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 499.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Artigo de Xosé Piñeiro Ares sobre a creación do Ateneo do Ullán e da Festa Vikinga, na que participaron os poetas Baldomero Isorna e mais Faustino Rey Romero . Ver Documento. Artigo
Piñeiro Ares: «El Ateneo de Catoira y la romería vikinga», El diario de Pontevedra: periódico liberal, 22266 (17 de xuño de 1976), 6.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Oración de Manuel Martínez Lamela no enterro de Faustino Rey Romero, publicada n'A Nosa Terra. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
«Oración de Manuel Martínez Lamela no enterro de Faustino Rey Romero», A nosa terra: boletín quincenal: idearium das Irmandades da Fala, Bos Aires, 517 (marzo de 1972), 2.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
Noticia publicada en El Progreso sobre o falecemento en Bos Aires de Faustino Rey Romero, vítima dun accidente. Ver Documento. Noticia
«Falleció en Buenos Aires Faustino Rey Romero», El Progreso, 20026 (22 de decembro de 1971), 1.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Reportaxe de Piñeiro Ares sobre a Romería Vikinga, con fotografías de M. Cotos Rajoy. Ver Documento. Artigo
Piñeiro Ares, José: «La Romería Vikinga en las Torres de Oeste: mil años después, vuelve Ulfo el Gallego», Chan: la revista de los gallegos, 2 (15 de agosto de 1969), 23
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Programa da Romaría Wikinga do ano 1967. Otero Pedrayo encargaríase, ese ano, do pregón literario. Ver Documento. Programación
Fonte: Documento cedido pola empresa CEDONOSA ao Concello de Catoira.
Crónica de Jesús Rey Alvite sobre a entrega do Pedrón de Ouro de 1964 a Faustino Rey Romero. Ver Documento. Artigo
Rey F. Alvite, Jesús: «Como nació la idea de crear el galardón del
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.Pedrón de Ouro. Este año será entregado a D. Faustino Rey Romero por su libro Poemas das materias sagras», El correo gallego: diario político de la mañana, 29174 (8 de maio de 1964), 3.
https://biblioteca.galiciana.gal
Crónica da
Coroación Poéticade Baldomero Isorna e Faustino Rey Romero nas festas de Isorna, o 7 de setembro de 1960. Ver Documento. Artigo«Coronación poética de Faustino Rey Romero y Baldomero Isorna», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12162 (7 de setembro de 1960), 12.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Faustino Rey Romero, que utilizou ás veces o pseudónimo de
Fausto de Isorna, foi membro correspondente da Real Academia Galega. El pueblo gallego recolle a nova do seu nomeamento. Ver Documento. Artigo«Faustino Rey Romero, correspondiente de la Real Academia Gallega», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3894 (30 de maio de 1950), 6.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Folleto de Catoira lembra os seus poetas, homenaxe dedicada a Faustino Rey Romero, Baldomero Isorna Casal e Segundo Rodríguez Sánchez. Ver Documento. Folleto
Fonte: Arquivo da familia de Baldomero Isorna Casal.
Ligazóns de interese
Faustino Rey Romero no Dicionario de escritores/as do Barbanza
Fonte: Asociación Barbantia.
https://www.barbantia.es
Acceso en liña á partitura da composición Canta paxariño, canta, con música e Rogelio Groba y Groba, Miguel Groba y Groba, Indalecio F. Groba; e letra de Faustino Rey Romero.
Fonte: Museo de Pontevedra. Arquivo musical / ATOPO. Repositorio documental da Deputación de Pontevedra.
Música manuscrita, 1962
https://atopo.depo.gal
Acceso en liña á edición facsímil da revista Alba: follas de poesía / hojas de poesía, publicada polo Centro Ramón Piñeiro Para a Investigación en Humanidades, da que Rey Romero foi colaborador asiduo
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRP)
https://www.cirp.es
«A tenrura
Fonte: Ferruxadas.franciscanana obra poética de D. Faustino Rey Romero», selección de poemas de Escolanía de melros recollidos por Xavier Ferruxo no blog Farruxadas
https://ferruxo.blogspot.com
«Unha lectura da Escolanía de melros, de Faustino Rey Romero», artigo de Miro Villar publicado na súa bitácora Crebas.com
Fonte: Crebas.gal
https://crebas.gal
«Faustino Rey y Baldomero Isorna, los visionarios de la Romaría Vikinga», artigo de Manuel Méndez en Faro de Vigo.
Fonte: Faro de Vigo
(27 de maio de 2022)
https://www.farodevigo.es
«Faustino Rey Romero, no seu centenario (1921-2021)», información de Xosé Lois García.
Fonte: Nós Diario.
Nós Diario, (18 de xullo de 2021)
https://www.nosdiario.gal
«¿Asasinato ou accidente? O misterio sen resolver do poeta Faustino Rey: o cura de Isorna», artigo de Suso Souto.
Fonte: El Correo Gallego.
Nós Diario, (5 de outubro de 2021)
https://www.elcorreogallego.es
«Escolanía de Melros», artigo publicado no blog Meidingalicia
Fonte: cite>Meidingalicia.
https://meidingaliciadotcom.wordpress.com/blog
«Tres novos monolitos lembran a Rey Romero no paseo marítimo de Rianxo», reportaxe de Uxía Vidal para Canal Rías Baixas
Fonte: Canal Eías Baixas.
https://www.canalriasbaixas.com
«Historias de Fiestas, Torres y Cuernos», artigo publicado no blog Meidingalicia
Fonte: Meidingalicia
https://meidingaliciadotcom.wordpress.com
«Exposición y conferencias para recordar a Faustino Rey Romero», artigo de Antón Ferreiro.
Fonte: Atlántico.net
Atlántico, (10 de febreiro de 2014)
A Romaría Vikinga de Catoira na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki
«El Ateneo del Ullán creó la Romería Viquinga», artigo de Máximo Sar publicado no seu blog Artículos y cosas de la vida
Fonte: Artículos y cosas de la vida.
https://maximosar.wordpress.com
Videos
Vídeo Faustino Rei Romero no Castelo de Sobroso.
Fonte: Arquivo de Alejo Amoedo.
Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) / YouTube.com
Cen anos do poeta e crego Faustino Rey Romero, conferencia de Xosé Ricardo Losada, biógrafo do poeta.
28 de marzo de 2021
Fonte: II Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV) 2021 / YouTube.com
«A morte da volvoreta», letra de Faustino Rey Romero e música de Margarita Viso Soto.
Gala Faustino Rey Romero / Irmandade da Música Galega. Concello de Rianxo. Auditorio. 16-X-2021
Fonte: Margarita Viso Soto / YouTube.com
Publicacións periódicas
Orzán (1945-1957) .
Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires
Artigos Faustino Rey Romero
REY ROMERO, F. (7/1944) Las Torres de Oeste | Acción Gallega. 2ª (16), 8.
REY ROMERO, F. (1/1959) Nuestros poetas líricos. Faustino Rey Romero | Heraldo de Galicia. 1ª (1), 3.























