PLENARIO

----
Electivo/a (2026 - )

Susana Reboreda

Consello da Cultura Galega

Catedrática da Facultade de Historia desde 2024 da Universidade de Vigo. Docente na área de Historia Antiga e ten ocupado diferentes cargos de xestión (Decana e vicedecana da Facultade de Historia, Directora de Área do campus de Ourense e, actualmente, vicerreitora de Extensión na Universidade de Vigo). Coordina o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) e colabora no Grupo Démeter. Maternidad, Género y Familia da Universidad de Oviedo.

As súas principais liñas de investigación céntranse en Homero, a mitoloxía grega e as mulleres na Antigüidade clásica, particularmente no contexto da Grecia antiga, analizando o seu papel social, relixioso e simbólico. Destaca a súa achega ao coñecemento da relixiosidade feminina e das prácticas culturais asociadas ao xénero. Como liñas secundarias, abordou cuestións relacionadas coa historia social, a construción das identidades e o simbolismo nas sociedades antigas, incorporando perspectivas metodolóxicas propias da historia de xénero e da historiografía contemporánea. Conta con máis de cincuenta traballos publicados en revistas científicas, actas de congresos e libros en editoriais de recoñecido prestixio.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato