As enormes instalacións onde eran acollidos os emigrantes cumprían múltiples funcións. Ademais de numerosas oficinas, había dormitorios, onde se amoreaban os inmigrantes (1), o refectorio e cociña (2), a enfermería e o hospital (3 e 4), as salas médicas, onde se facían os controis aos que acababan de chegar (7), os almacéns (5), os sanitarios (6), a porta principal (9), unha axencia de colocación (10) e oficinas de correos e telégrafos (11).


