Moitos galegos e galegas traballaron como xastres e costureiras, vinculándose co sector da fabricación de tecidos e confección de roupa. Cosían nas fábricas ou para as tendas, pero tamén nas súas casas a menor escala. Moitos deles lograron ser propietarios de xastrerías e tendas de moda.