Bodega propiedade do ribadense Jesús Maseda, anos 20.
Detalle
Unha parte dos emigrantes que chegaban a Cuba eran reclamados por familiares ou amigos para traballar nos seus negocios. Comezaban dende os postos máis baixos ata que lles ofrecían ser socios ou propietarios. As bodegas eran o comercio prototipo dos galegos, pola gran cantidade de bodegueiros galegos que existían na illa.
Metadatos
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Francisco Maseda