Comité de damas da sociedade benéfica e de instrución Liga Santaballesa da Habana, ca. 1930 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Comité de damas da sociedade benéfica e de instrución Liga Santaballesa da Habana, ca. 1930

A presenza da muller nas asociacións de emigrantes estivo moi centrada nos comités de damas, integrados na súa gran maioría polas esposas e fillas dos seus directivos. Na maior parte das entidades o papel das socias era pouco activo e non contaban cos mesmos dereitos e beneficios sociais que os homes. Os comités de damas encargábanse de organizar actividades de carácter benéfico para recadar fondos cos que axudar aos seus compatriotas máis necesitados.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Etiquetas
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular da familia Vilela Peña