Cartel da película <i>Cándida</i>, dirixida por Luis Bayón Herrera e protagonizada pola actriz arxentina Niní Marshall, 1939 | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

Cartel da película Cándida, dirixida por Luis Bayón Herrera e protagonizada pola actriz arxentina Niní Marshall, 1939

00/00/1939
A imaxe negativa que da muller emigrante galega transmitían esta serie de películas, con moita difusión na súa época, fomentaba o estereotipo dunha muller bruta, analfabeta, de poucas luces pero moi traballadora e resolutiva. Amosaban situacións que ridiculizaban a precariedade destas mulleres. Algunhas institucións e xornais da colectividade levaron a cabo campañas de protesta contra este tipo de visións pexorativas, que permaneceron no imaxinario colectivo dos países americanos.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1939
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega