Mestra e alumnas do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, ca. 1945 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Mestra e alumnas do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, ca. 1945

O Plantel Concepción Arenal foi creado en 1880 para dar formación aos socios e familiares do Centro Galego. A partir de 1894 permitiuse o acceso das mulleres ás súas clases. Pero a oferta educativa non era igual á dos homes: había aulas diferenciadas por sexos e as alumnas recibían clases de ensino primario, corte e costura, labores domésticas ou secretariado, isto é, as tarefas que se consideraban daquela "femininas", aínda que, co paso do tempo e paralelamente á modernización da sociedade, fóronse ampliando os estudos.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Entidades
Creación: Centro Galego. A Habana
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Etiquetas
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Rosa Díaz