Carné de socia de Hijas de Galicia de Elsa Blanco Martínez, habaneira filla de galegos, A Habana, 1957 | Imaxe. Documento. Carnet | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Documento. Carnet

Carné de socia de Hijas de Galicia de Elsa Blanco Martínez, habaneira filla de galegos, A Habana, 1957

00/00/1957
Ante a desprotección das emigrantes galegas por parte das principais asociacións galegas da illa, en 1914 fundouse Solidaridad Pontevedresa, co principal obxectivo de defender e dar prestacións médico-sanitarias ás galegas necesitadas que vivían en Cuba. En 1918 pasa a denominarse Hijas de Galicia e centra as súas actividades na axuda mutua e benéfica das súas asociadas. Co paso dos anos e o incremento de socias, fundan un hospital (1924) e un balneario (1937). A oferta dos seus modernos servizos médicos, de gran calidade, fixo que tamén se asociasen moitas mulleres cubanas e doutras colectividades. Aínda que a entidade se creou para axudar as mulleres, estas apenas participaban nas súas directivas, constituídas todas por homes.
Tipo de material
Imaxe. Documento. Carnet
Data
00/00/1957
Entidades
Emisión: Hijas de Galicia. Sociedad de Asistencia Sanitaria y Protección a la mujer y al niño
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Etiquetas
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega