Mª Angélica paseando coa súa filla e a súa sobriña, polas rúas de Chimbote (Perú), maio de 1970 / Imaxe. Retrato. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Mulleres galegas na emigración

Material

Mulleres galegas na emigración

Mª Angélica paseando coa súa filla e a súa sobriña, polas rúas de Chimbote (Perú), maio de 1970

Image 1
Detalle
María casou por poderes co seu mozo en Galicia. Despois dun ano de trámites burocráticos foi reclamada e emigrou a Perú en 1967 para reunirse con el e formar a súa desexada familia. Tanto a filla como a súa sobriña naceron en Perú. As cadeas migratorias foron clave no proceso migratorio a este país: primeiro emigraban os homes para traballar na súa gran maioría no sector pesqueiro e despois "chamaban" as súas familias: esposas, fillos, irmáns ou sobriños. A pequena colonia galega alí residente estaba moi unida e tiña unha forte relación de amizade e solidariedade.
Metadatos
  • Data: 01/05/1970
  • Tipo de material: Imaxe. Retrato. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Saturnino García Lagoa
  • Localizacións:
    orixe: Chimbote, Perú;