Emigrantes galegas nas cociñas do Restaurante Baron de la Mouette, Zürich (Suíza), ca. 1965
Detalle
A emigración a Europa supuxo para as galegas unha nova vía para emigrar durante a posguerra. Pese ás dificultades de integración (lingua e cultura moi diferentes), os bos soldos e as mellores condicións laborais facían que os países europeos resultasen moi atractivos. Generosa Lois Daparte, emigrante lalinense en Suíza, traballou no sector da hostalaría, na cociña de varios restaurantes e cafetarías. Aquí posa cunhas compañeiras galegas no seu traballo.