Documentos para o reagrupamento familiar dos emigrantes galegos en Alemaña, 1972
Detalle
Unha vez asentados, moitos emigrantes trataban de levar consigo ás súas familias. Para logralo tiñan que conseguir numerosos documentos acreditativos da súa situación laboral. As xestións facíanas a través do Consulado de España do país de acollida. Podían reclamar as esposas ou esposos e os fillos, estes só podían vivir no país, nunca traballar. Esta esixencia non sempre se cumpría e había moitas mulleres que acaban traballando no servizo doméstico ou na hostalaría nunha economía somerxida que axudaba para incrementar os aforros da familia.