Palmira Rey Asenso (primeira pola dereita) cunhas compañeiras nun descanso laboral, Solingen (Alemaña), 1975 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Palmira Rey Asenso (primeira pola dereita) cunhas compañeiras nun descanso laboral, Solingen (Alemaña), 1975

00/00/1975
Esta emigrante de Mazaricos emigrou en 1970 cara Alemaña. Palmira traballou nunha fábrica de pezas metálicas para a industria armamentística alemá do grupo Diehl. Alí trabou amizade e compartiu traballo con outras emigrantes españolas. Tamén coñeceu e casou cun emigrante salmantino, Federico Pérez, traballador no sector da hostalaría. Tiveron dous fillos e retornaron a finais da década dos 70 a Galicia.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Data
00/00/1975
Localizacións
orixe: Solingen, Renania, Alemaña
Etiquetas
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Nancy Pérez Rey